2/12/15
Orzamentos 2016
dos orzamentos en materia de persoal para o ano 2016. Entre os temas
tratados, destacamos os seguintes:
- Incremento global do 1% das retribucións do persoal con respecto as do
2015.
- Incremento do 1% do valor do punto no complemento específico: 61,35€
- Incremento do 1% no importe destinado para a Acción Social : 20.200€
- Incremento do 1% no plan de pensións, sendo a nova aportación por
traballador de 193,21
- Inclúese a dotación orzamentaria necesaria para o pago do 50% restante
da paga extra pendente do 2012
A Administración comprometeuse a desenvolver un Plan de Emprego, en
colaboración cos representantes dos traballadoras/es, a levar a cabo na
presente lexislatura, que inclúa cuestóns como a regularización de
emprego, promocións internas (horizontal e vertical), e outras que
signifiquen unha mellora nas condicións laborais das empregadas e
empregados do concello.
Seguiremos informando.
A Sección Sindical de Comisións Obreiras.
12/11/15
Calendario laboral 2016
| FESTIVIDADE | DATA |
| Ano Novo | 1 de xaneiro (venres) |
| Día de Reis | 6 de xaneiro (mércores) |
| Xoves Santo | 24 de marzo (xoves) |
| Venres Santo | 25 de marzo (venres) |
| Festa do Traballo | 1 de maio (domingo) |
| Día das Letras Galegas | 17 de maio (martes) |
| San Xoán | 24 de xuño (venres) |
| Día Nacional de Galicia | 25 de xullo (luns) |
| A Asunción da Virxe | 15 de agosto (luns) |
| Festa Nacional de España | 12 de outubro (mércores) |
| Todos os Santos | 1 de novembro (martes) |
| Día da Constitución Española | 6 de decembro (martes) |
| A Inmaculada Concepción | 8 de decembro (xoves) |
| Natividade do Señor | 25 de decembro (domingo) |
Festa de carácter nacional non substituible.
Festivos obrigatorios que caen en domingo.
Festa de carácter nacional sobre a que a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución.
Festa propia da Comunidade Autónoma.
*Faltan os 2 festivos locais que fixa cada concello.
*O 1 de maio e o 25 de decembro , por ser domingo, substituense polo 17 de maio e o 24 de xuño.
29/10/15
Aplicación do Decreto lei 10/2015 e abono do segundo cuarto da paga extra
Comunicámoslle que a concelleira de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación dictou, entre outras, as seguintes resolucións:
Data Extracto
22.10.2015 Abonar ás empregadas e empregados municipais, mediante a súa inclusión en nómina (outubro de 2015), unha retribución de carácter extraordinario con importe equivalente a 48 días da paga extraordinaria así como da paga adicional de complemento específico correspondentes ao mes de decembro de 2012, ou da parte proporcional dos días que correspondan en caso de que non se tivera devengado a totalidade das mencionadas paga extraordinaria e paga adicional.
23.10.2015 Primeiro: Determinar que de acordo co establecido co artigo 2 do Real Decreto-lei 10/2015, os empregados públicos do Concello de Culleredo terán, no caso de ter completado os anos de antigüidade na Administración que se indican, dereito aos seguintes días de vacacións anuais:
- Quince anos de servizo: Vinte e tres días hábiles.
- Vinte anos de servizo: Vinte e catro días hábiles.
- Vinte e cinco anos de servizo: Vinte e cinco días hábiles.
- Tinta o máis anos de servizo: Vinte e seis días hábiles.
Este dereito farase efectivo a partir do día seguinte ao do cumprimento dos correspondentes anos de servizo.
Segundo: Determinar que de acordo co establecido co artigo 2 do Real Decreto-lei 10/2015, os empregados públicos do Concello de Culleredo terán dereito, entre outros, aos seguinte permisos:
- Por asuntos particulares, seis días ao ano.
- Ademais, os empregados públicos terán dereito a dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto trienio, e un día adicional máis por cada trienio cumprido a partir do octavo trienio.
Terceiro: Establecer que, de forma excepcional, o desfrute dos días correspondes ao ano 2015, de vacacións e permisos introducidos polo artigo 2 do Real Decreto-lei 10/2015 (días adicionais de vacacións por ter completado anos de antigüidade; sexto día do permiso de asuntos particulares; e días adicionais do permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto, octavo e posteriores trienios), poida ser desfrutado ata o 31 de agosto de 2016.
Culleredo, 29 de outubro de 2015
Servizo de Persoal e Organización
16/9/15
Acordos consello de ministros, paga extra e días de permiso
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-9801
O resumo das decisións que nos afectan aos empregados públicos son as seguintes:
Dende CCOO non nos parece esta a forma de devolver parte dos dereitos que nos quitaron, xa que no seu día fixose con caracter xeral nun so decreto para todas as administracións, da mesma maneira este decreto debería devolver esta parte de dereitos a todos os empregados públicos por igual.
Podedes consultar outras novas relacionadas co tema:
http://fsc.ccoo.es/webfsc/Actualidad:Federal:Actualidad:911158--El_Gobierno_incumple_sus_compromisos_con_las_empleadas_y_empleados_publicos
http://fsc.ccoo.es/webfsc/Actualidad:Federal:Actualidad:911261--CCOO_y_UGT_exigen_a_Montoro_que_cumpla_con_el_compromiso_de_revitalizar_la_negociacion_colectiva_de_las_y_los_empleados_publicos
http://www.fsc.ccoo.es/webfsc/Inicio:911663--El_relevo_en_Funcion_Publica_no_puede_ser_una_excusa_para_dilatar_las_negociaciones_comprometidas
A Sección sindical de CCOO do Concello de Culleredo.
4/8/15
Resumo dos resultados das eleccións sindicais
19/7/15
Escrito presentado por CCOO en relación a situación ocorrida no conservatorio
17/7/15
Eleccións sindicais Xunta de Persoal
- Pago de complementos nas baixas, ampliando o máximo legal posible a cobertura nesta situación.
- Permisos e vacacións segundo o establecido para a administración autonómica Galega, máis favorable en moitos casos que a Estatal.
- Pago da parte proporcional da paga extra correspondente a parte devengada antes do decreto que a suprimía. Seguirase loitando para que se pague o resto da paga ate o 100%
- Promoción da igualdade de trato e de oportunidades.
- Plan de formación permanente baseado nunha análise de necesidades reais.
- Regularización de niveis.
- Bolsa anual de horas para a flexibilidade horaria, o que podería permitir entre outras cousas mellorar a conciliación ou a realización dun horario de verán, tal como se propuxo dende CCOO na negociación do actual convenio e un dos motivos polos que non se chegou a firmar.
- Revisión do procedemento e regulamento da Acción social.
- Fernando Vazquez Gil
- Carmen Mª Fernández Ríos
- Fernando Lema Grela (Oscar)
- Gloria Mateos Aguirre
- Alfredo Iglesias Varela
- Milagros Rilo Cañas
- Elena Blanco Varela
- Sandra García Uzal
- Mª Jesús Rodríguez García
- Mª Dolores Parada Yáñez
13/7/15
Presentación de Listas, calendario electoral e voto por correo
- Fernando Vazquez Gil
- Carmen Mª Fernández Ríos
- Fernando Lema Grela (Oscar)
- Gloria Mateos Aguirre
- Alfredo Iglesias Varela
- Mila Rilo Cañas
- Elena Blanco Varela
- Sandra García Uzal
- Mª Jesús Rodriguez García
- Mª Dolores Parada Yañez
CCOO en relación coa situación dos compañeiros do Conservatorio Municipal.
A sección Sindical de CC.OO quere:
- Felicitar aos compañeiros e compañeiras do Conservatorio non contratados a Xornada Completa pola regularización da súas condicións de traballo.
- Lamentar que os excesos de horario foran a práctica habitual e que os responsables do centro non puxeran remedio a tan inxusta situación.
- Lembrar que este sindicato, na Mesa Xeral de Negociación, manifestou, en reiteradas ocasións o risco de que ocurrirá esta desigualdade nos tempos efectivos de traballo remunerado entre os profesores do Conservatorio.
A Sección Sindical de CCOO do Concello de Culleredo
9/7/15
Resultados das eleccións sindicais para o Comité de Empresa do Concello de Culleredo
Votos candidatura CCOO: 13
Votos candidatura UGT: 8
Votos en Blanco: 1
A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO
6/7/15
Eleccións sindicais para o Comité de Empresa 2015
- Pago de complementos nas baixas, ampliando o máximo legal posible a cobertura nesta situación.
- Permisos e vacacións segundo o establecido para a administración autonómica Galega, máis favorable en moitos casos que a Estatal.
- Pago da parte proporcional da paga extra correspondente a parte devengada antes do decreto que a suprimía. Seguirase loitando para que se pague o resto da paga ate o 100%
- Funcionarización e estabilización do persoal laboral.
- Promoción da igualdade de trato e de oportunidades.
- Plan de formación permanente baseado nunha análise de necesidades reais.
- Minimizar as xornadas especiais e partidas. Revisar a valoración para que estes casos se vexan compensados economicamente.
- Regularización de niveis.
- Bolsa anual de horas para a flexibilidade horaria, o que podería permitir entre outras cousas mellorar a conciliación ou a realización dun horario de verán, tal como se propuxo dende CCOO na negociación do actual convenio e un dos motivos polos que non se chegou a firmar.
- María José de Santiago Pérez
- María del Pilar Vilar Martínez
- Mª Jesús Zas Suárez
- Mª Teresa Etchevers Lemus
- Amaya Freire Zabalza
- Fátima Uzal Trigo
- Mª Jesús Castiñeiras Rodriguez
- Nieves Martínez Uzal
- Mercedes Abel Rodriguez
11/6/15
Proceso de funcionarización de 20 laborais fixos en Cambre.
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/06/11/veinte-nuevos-funcionarios-cambre/965587.html
9/6/15
Inspección de Traballo no Conservatorio
19/1/15
Plan intersectorial 2015
Informámoste de que estamos a poñer en marcha o plan formativo dirixido prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas do S.N. de CC.OO de Galicia para o ano 2015, financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Este plan formativo vai destinado a:
· Persoas traballadoras asalariadas de empresas privadas ou entidades públicas.
· Persoas traballadoras fixas descontinuas
· Persoas acollidas a regulación de emprego nos seus períodos de suspensión por expediente autorizado.
· Persoas traballadoras desempregadas cun límite máximo do 40%
Se precisas información sobre as accións formativas podes dirixirte a calquera dos centros de Forem Galicia, ás Unións Comarcais do sindicato ou consultar a páxina web www.foremgalicia.es onde ademais poderás inscribirte nos cursos.
Agardamos que esta información sexa de utilidade e invitámosche a que a difundas.
Acciones formativas INAP
Resolución de 9 de enero de 2015, del Instituto Nacional de Administración Pública, por la que se convocan acciones formativas de carácter general para el primer semestre de 2015, publicada boe 13/01/2015
Acciones formativas INAP
El INAP elabora un plan de formación de carácter general, en el que se integran todas aquellas actividades formativas diseñadas para desarrollar las múltiples competencias vinculadas con la gestión pública, excluyendo aquellas que se consideran específicas de puestos directivos, que son objeto de otro plan independiente.
Teniendo en cuenta las necesidades formativas detectadas en los empleados públicos para el adecuado ejercicio de sus funciones, esta Dirección adopta la siguiente resolución:
-- Se convocan actividades formativas en materia de formación general, clasificadas según la modalidad y las áreas descritas en el anexo, que se desarrollarán durante el primer semestre de 2015.
--Podrán participar en los cursos relacionados en el anexo los empleados públicos pertenecientes a cuerpos y escalas de los subgrupos A1, A2, C1, C2 y E, y el personal laboral fijo equivalente, que presten sus servicios en las Administraciones públicas.
--Solicitudes: Quien desee participar en los cursos convocados deberá cumplimentar la correspondiente solicitud electrónica. El acceso a dicha solicitud se podrá realizar desde el catálogo de formación http://buscadorcursos.inap.es/formacion-general donde se podrán localizar los cursos que se encuentran en período de inscripción. También podrá acceder entrando en Aprendizaje/Formación general.
Para realizar la inscripción será preciso contar con la autorización previa del superior jerárquico. A efectos de formalizar dicha autorización, el sistema de inscripción le permitirá imprimir la solicitud que, una vez firmada, deberá conservar en soporte papel y podrá ser requerida por el INAP en cualquier momento.
Cada alumno podrá presentar hasta un máximo de seis solicitudes en esta convocatoria.
El plazo de presentación de solicitudes será de quince días naturales contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta resolución en el «Boletín Oficial del Estado
2/12/14
INFORMACIÓN SOBRE AS NOTAS DE PRENSA ENVIADAS DE FORMA CONXUNTA POLOS SINDICATOS MAIORITARIOS DO CONCELLO DE CULLEREDO
Tamén queremos aclarar que a actual Xunta de Persoal estaba formada orixinalmente por 5 membros de UXT e 3 de comisión obreiras, non 2 como di a noticia publicada pola opinión da Coruña.
Nota de prensa enviada o día 26 de Novembro:
"UGT y CCOO del Concello de Culleredo, denuncian la falta de voluntad negociadora que ha mantenido la Corporación cullerdense en lo relativo a la negociación de la RPT con los sindicatos durante todo el 2014. Esta ausencia de voluntad llega a su límite con la intención que tiene el gobierno municipal de aprobar, en el Pleno del jueves 27 de noviembre, el cuadro de personal con cambios sustanciales en la RPT, que no han sido tratados previamente en la mesa de negociación, lo que dará lugar a las correspondientes acciones sindicales y/o judiciales."
Nota de prensa enviada o día 1 de Decembro:
"UGT y CCOO Culleredo quieren desmentir las declaraciones realizadas por el Señor alcalde, Julio Sacristán de Diego, tanto en prensa como en el pleno del 27 de noviembre, en las que dio a entender que sí tuvo voluntad de negociar las modificaciones de la RPT antes de la aprobación del cuadro de personal, pues convocó a las secciones sindicales a una reunión para ese fin, y que los sindicatos no acudieron a tal reunión. Ante estas afirmaciones, debemos aclarar que se convocó a la Junta de personal y al Comité de empresa a una reunión con el fin de dar cuenta del expediente del Presupuesto para el 2015. En primer lugar, ni la Junta de personal, ni el Comité de empresa son los órganos competentes para la negociación, sino la Mesa de negociación. En segundo lugar, el carácter de la reunión era meramente informativo como se desprende del texto de la convocatoria."
27/11/14
Nota de prensa en relación a aprobación dos orzamentos do Concello de Culleredo do ano 2015
24/11/14
INFORMACION DA XUNTA E O COMITE DE EMPRESE EN RELACIÓN A PRÓXIMA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS DO ANO 2015
A XUNTA DE PERSOAL E O COMITE DE EMPRESA INFORMAN:
Que con data 20 de novembro de 2015 o señor Alcalde-Presidente convocou á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa para unha reunión informativa sobre os orzamentos do ano 2015. Ante a falta de documentación, ésta se solicita ao servizo de persoal.
Con data 21 de novembro ás 10:28 se nos remite o cadro de persoal e as bases de execución do orzamento de persoal que se levará a aprobación no próximo pleno do día 27 de novembro.
Neste cadro de persoal decatámonos que hai cambios sustanciais que obrigan a unha negociación da RPT previa, que non ocorreu en ningún momento. Ademáis da creación e dotación de prazas, xusto cando non se pode facer teóricamente, se rebaixa a dotación de acción social en 3.600€, e o incremento salarial e de 0%.
Ante as primeiras protestas o mesmo día as 14:49 achegasenos a relación de postos de traballo con consignación orzamentaria, o que nos leva a ver máis cambios que levan asociada unha modificación da RPT que non foi negociada en ningún momento.
En consecuencia A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa acorda non presentarse a esta reunión, ante a falta de intención negociadora da Administración, decisión que se comunica ao Xefe de Persoal antes da reunión.
Por todos estos motivos solicitamos a administración que non leve a aprobación este cadro de persoal ate que sexa negociado cos representantes sindicais
Asdo/ Xunta de Persoal Asdo/ Comité de Empresa
20/11/14
Domingo, 23 de novembro, manifestacións contra a 'lei mordaza'
Após as concentracións da pasada semana, a Alianza Social Galega convoca novas mobilizacións contra a reforma da lei de seguridade cidadá, a lei mordaza coa que o PP pretende silenciar a cidadanía e a protesta social.
Por esta razón, o próximo domingo, día 23 de novembro, haberá manifestacións en toda Galicia.
Tes máis información na seguinte ligazón (http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/Informacion:Campanas:734680--Manifestacions_da_ASOGA_contra_a_Lei_de_seguridade_cidada,_a_lei_mordaza).
Fai oír a túa voz. Participa!
18/11/14
OPE ESPECIALIDADE AXENTES FACENDA PÚBLICA - MINISTERIO FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

