En CC.OO. levamos duas lexislaturas cunha representación minoritaria dentro da Xunta de Persoal, o que constitúe unha desventaxa para levar a cabo todas as nosas propostas. A experiencia acadada nos últimos anos, dinos que é imprescindible a pluralidade sindical nas mesas de negociación. Que é bo non monopolizar nunha soa sección sindical as decisións que nos atañen a todos e todas, con independencia da nosa afiliación e ideoloxía. A continuación vos presentamos os obxectivos polos que presentamos a nosa candidatura. Agardamos contar co teu voto para conseguilos nestes próximos catro anos. 1-
Transparencia na valoración de postos de traballo, na que se recollan as funcións de cada un e
que se reflictan na RPT2- Que se axilicen os procesos de
promoción interna, tanto vertical coma horizontal
3- Que se consignen nos orzamentos Fondos Adicionais para
milloras salariais4- Que se poña en práctica un plan de prevención de riscos laborais e se acaden unhas
condicións de traballo dignas para todos5- Que se
apliquen os avances nas condicións de traballo recollidas no
Estatuto Básico do Empregado Público
6- Que se cubran as baixas de máis de 15 días e vacacións, evitando sobrecargas excesivas e prolongadas de traballo o resto do persoal
7- Que se promova e facilite a formación, cara a promoción profesional
8- Que se negocien os horarios de todos os Servizos Especiais
9- Que se promovan concursos de traslado e se realicen adscripcións por motivos de saúde
10- Propoñer un aumento no orzamento das Axudas de Acción Social e a creación dun único fondo para todo o persoal deste concello
11- Que se valore o ser empregado do concello para o acceso a Escola Infantil