13/6/07

Programa electoral da candidatura ó Comité de Empresa

Hai catro anos dirixíamonos a vós presentando unha candidatura con espíritu renovador, chea de novas propostas, de reivindicacións, de compromisos por defender os intereses das traballadoras e traballadores do concello de Culleredo. A pesar da nosa representación minoritaria, logramos que no recente Convenio Colectivo se establecera una nova estructura salarial que supón un significativo incremento retributivo, e conseguimos que o Fondo de Acción Social teña carácter universal para todo o persoal laboral. Os obxectivos polos que nos presentamos son os que citamos máis abaixo. Agardamos contar co teu voto para que poidamos conseguilos nestes próximos catro anos:

1- Que se cumpra o compromiso do proceso de consolidación de emprego dun xeito inmediato e coa forma que máis favoreza aos traballadores e traballadoras.
2- Que se configure unha Relación de Postos de Traballo (RPT) na que se recollan todos os postos existentes temporais, indefinidos e fixos.
3- Transparencia na valoración de postos de traballo na que se recollan as funcións de cada un e que se reflictan na RPT.
4- Que se apliquen os avances nas condicións de traballo recollidas no Estatuto Básico do Empregado Público.
5- Que se consignen nos orzamentos Fondos Adicionais para acadar a equiparación salarial real co persoal funcionario. A IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO.
6- Que se recoñeza a antigüedade na prestación dos servizos nesta Administración ou en calquera outra a efecto do cobro de trienios para todo o persoal laboral (temporal, indefinido e fixo).
7- Propoñer un aumento no orzamento das Axudas de Acción Social e a creación dun único fondo para todo o persoal deste concello.
8- Que se valore o ser persoal do concello para o acceso á Escola Infantil Municipal.

A experiencia acadada nos últimos anos, dinos que é imprescindible a pluralidade sindical nas mesas de negociación. Qué é bo non monopolizar nunha soa sección sindical as decisións que nos atañen a todos e todas, con independencia da nosa afiliación e ideoloxía.

No hay comentarios.: