O seguinte escrito foi presentado por escrito o día 31 de xullo, e dirixido ao Alcalde e a Concelleira de Persoal:
Con data 26 de xullo convócasenos, a unha Mesa de negociación do Acordo Negociado Regulador das condicións de traballo do persoal de funcionario deste Concello, para o día 27 de xullo ás 13:00 horas, onde se tratarán a modificación de postos de traballo do persoal funcionario e o regulamento do complemento de productividad para o persoal da policia local.
Ás formas da antedita convocatoria manifestamos a máis absoluta consideración de irregularidade, xa que non se convocou a todos os órganos que corresponden, nin se cumpliron os prazos establecidos.
Ao contido desa reunión expresamos o máis firme rexeitamento tendo en conta que:
Xa que non tivemos posibilidade de manifestar nin aclarar os aspectos que nos parecen relevantes e os que non temos claros cos documentos facilitados pola administración presentamos por escrito as presentes alegacións:
Con data 26 de xullo convócasenos, a unha Mesa de negociación do Acordo Negociado Regulador das condicións de traballo do persoal de funcionario deste Concello, para o día 27 de xullo ás 13:00 horas, onde se tratarán a modificación de postos de traballo do persoal funcionario e o regulamento do complemento de productividad para o persoal da policia local.
Ás formas da antedita convocatoria manifestamos a máis absoluta consideración de irregularidade, xa que non se convocou a todos os órganos que corresponden, nin se cumpliron os prazos establecidos.
Ao contido desa reunión expresamos o máis firme rexeitamento tendo en conta que:
- Facílitasenos unha nova relación de postos de traballo de persoal laboral e funcionario e un regulamento para a asignación do complemento de productividade para o persoal da policia local. Recibido isto convocasenos novamente para o luns 30 ás 12:00 hs. Nunha primeira lectura feita polo sindicato CC OO en canto á iregularidade do seu contido e vista a premura da convocatoria (o venres ás 14:00 h. se nos facilita a documentación e o luns ás 12:00 se nos convoca á Mesa negociadora) a Administración Municipal engade que o martes 31 de xullo terá lugar o Pleno no que pretenden aprobar todas as modificacións propostas. Estes feitos non amosan o “talante negociador” do que presume constantemente esta administración.
- O luns día 30 de xullo ás 12:00 hs. reunímonos novamente todas as partes convocadas, dita reunión non se leva a cabo xa que está sin constituir a nova Mesa de negociación, polo que non ten sentido seguir a falar, xa que non tería validez nada do alí exposto. Levantase a reunión sin poder abordar ningún dos puntos da mesma.
Xa que non tivemos posibilidade de manifestar nin aclarar os aspectos que nos parecen relevantes e os que non temos claros cos documentos facilitados pola administración presentamos por escrito as presentes alegacións:
- Deixar claro que durante todo este tempo a administración manifestou que a “urxencia” de convocar ós sindicatos e sentarnos a “falar” acerca das modificacións da RPT era para axilizar á maior brevidade posible os movimentos físicos do persoal afectado pola nova composición política da corporación municipal e a distribución das áreas. Desde un primeiro momento desde esta sección sindical, manifestouse o acordo a falar dos anteditos postos pero sempre despóis de analizar a documentación facilitada pola administración.
- Non nos aclaran os movementos de persoal afectado “polo pacto político”.
- Si estes movementos se fan efectivos, non poden desaparecer os postos vacantes nas áreas de orixe (pedagogo de Servizos sociais).
- Sorpréndenos que se creen unha serie de novos postos de traballo, para nada relacionados cos mencionados movementos, e que a estas alturas da negociación e á espera da “tan cacarexada” valoración de postos de traballo, creemos que non teñen lugar as anteditas propostas.
- Neste senso, esta sección sindical entende que de ser así ,os postos valeiros deberíanse de cubrir segundo o acordado nos diferentes foros de negociación administración-sindicatos, primeiro por concurso e despóis por promoción interna antes de saír a oferta pública.
- Ademáis, parécenos inapropiado a creación de novos postos, cando temos pendente o proceso de consolidación de emprego que vense dilatando no tempo.
- Na proposta de OPE de 2007 quedou acordado facer concurso para os niveis inferiores ó nivel 28, para os superiores a este nivel podería ser de Libre designación, na liña da nova lei de función pública galega.
- Ante postos que desenvolven similares funcións, e responsabilidades e tarefas, resulta coherente percibir similares retribucións mentras non exista unha valoración obxectiva dos postos de traballo. O contrario, é dicir a proposta da corporación, é inxustificable.
- Ó longo de todo este proceso de negociación paralizaronse aspectos e propostas que ós sindicatos nos parecían relevantes ó amparo dos previsibles resultados da valoración de postos e sin embargo agora creanse novos postos sin ningunha valoración obxetiva.
- Na área de alcaldía desaparece a figura do xefe de gabinete que pasa directamente a “Director de área” esto é unha “Promoción de vértigo”, gustaríanos saber a forma de promoción deste posto e o porqué da subida a “ralentí” para outros xefes de servicio doutras áreas, xa que non promocionan á misma velocidade nin do mesmo xeito (automáticamente) a Directores das súas propias áreas.
- Productividad policial. ¿Qué producen? Xa que da proposta desesprendese que: A xustificación que se fai no escrito, considérase como productividade o feito que de por sí mesmo é punitivo: Non ser absentista. Polo que todos acabamos preguntandonos si ¿hai que ser absentistas para incrementar as nosas retribucións?.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario