25/10/07

Proceso de valoración e reunión da mesa de seguimento do 24/10/2007

Ante todo, esta sección sindical quere pedir calma aos traballadores ante o proceso tan importante que se está a levar a cabo, o cal acaba de empezar e aínda hai moito por andar. O importante e que os resultados, sexan millores ou peores, en xeral beneficiaran a gran maioría dos traballadores.

Digo a gran maioría porque ao fin todos saberemos as reglas do xogo, saberemos en base a qué se valorarán os postos, e ninguen dependera de factores ocultos, que todos sabemos existían ate o de agora, e que dependían máis de quen realmente ocupaba o posto de traballo. O romper este proceso soamente beneficiara a unha minoría, acostumada a depender destas reglas.

E como tal proceso hai que ir paso a paso ate o final, para conseguir unha verdadeira RPT, consensuada por todos, que inclúa a consolidación de emprego dos laborais temporais, e onde todos os postos esten valorados de forma máis xusta da que viñan sendo valorados ate o de agora.

O sistema a conseguir non será perfecto, pero sempre mellorará o actualmente establecido.

Queriamos aclarar este punto porque dende a reunión da semana pasada o proceso de crispación dalgun persoal deste concello foi en aumento. Este feito estivo relacionado, principalmente, pola difusión indebida da documentación entregada aos sindicatos na reunión da semana pasada. Esta documentación, repito, non é a real. Tratase dun material de traballo para elaborar uns factores de valoración xustos para todos, pero esta terase que revalorar unha vez estes factores cambien.

Unha vez se remate con esta parte do traballo, abrirase un prazo de publicación da valoración, para que cada traballador de forma individual ou os propios sindicatos de novo poidan presentar alegacións.

Parece que agora todos os traballadores queren formar parte da negociación, queren estar ali para dar a sua opinion, queren axudar neste traballo. A maior axuda que podemos prestar todos é a de non boicotear o proceso, dado que esto soamente beneficiaría a minoria de sempre.

E por suposto, queremos aclarar que todos partimos da premisa de que non se lle pode baixar o soldo a ninguén.

Na reunión de seguimiento coa empresa EOSA que se levou a cabo onte, o Alcalde se presentou persoalmente para aclarar estas ou outras dúbidas relacionadas co proceso de valoración. Ante todo expresou que entre os obxetivos da administración estaban, entre outros:
  • A organización dos recursos humanos seguindo obxectivos de eficacia e eficiencia
  • A mellora da distribución dos recursos humanos actuais
  • A formación contínua
  • A consolidación do persoal laboral temporal
  • A movilidade

Durante a mesma reunión a empresa EOSA foi aclarando dubidas relacionadas cos factores, revisando as nosas alegacións e respostando a elas. Este proceso continuará o proximo venres, 26 de octubre, e probablemente sexan necesarias máis reunións ate rematar.

Neste proceso se conseguiu que teñan en conta algunha das nosas propostas, co cal incide na valoración final, e polo momento resultou beneficioso para todos os postos.

En breve adxuntaremos nesta páxina toda a documentación que sexa necesaria para manter informado a todo o persoal.

16/10/07

Reunión da Mesa Xeral do día 16/10/07

A administración convocou esta reunión para explicar aos sindicatos como tiña sido o proceso de valoración dos postos de traballo. Para elo estaba presente a empresa EOSA, que realizou o traballo de valoración.

A empresa entregou unha documentación coa finalidade de que servira de material de traballo. O contido da mesma consistía na explicación do metodo de valoración, baseado na puntuación por factores, e repartindo estes valores en tramos ponderados.

Xunto co manual de valoración nos adxuntaron un exemplo de valoración, que dista moito de ser a valoración definitiva. Nela se podía ver un resultado provisional utilizando os mencionados factores, pero o cambio de calquera deles variará esta valoración.

Unha vez explicados os factores, a administración nos volveu a convocar para o día 24 de octubre ás 12:30, coa intención de que analizaramos a documentación e fixeramos as alegacións oportunas.

Tendo en conta que se nos pediu confidencialidade coa documentación mencionada para evitar confusións e malos entendidos entre os traballadores, os sindicatos acordamos non difundir a mesma.

Esto non quere dicir que non se poidan difundir os factores de valoración e a ponderación utilizada. En breve contamos con ter dispoñible esta información neste mesmo blog, pero para máis información podedes falar con calquera dos nosos representantes sindicais.