- Obter un sistema matemático que, mediante a aplicación de factores, permitira valorar e aplicar unha puntuación asociada a cada posto de traballo. A puntuación obtida, multiplicada por un valor económico, da como resultado o complemento específico a aplicar a ese posto de traballo.
- Táboa de funcións e tarefas asociadas a cada posto de traballo.
- Diagnóstico organizativo que permita analizar as necesidades de postos de traballo a crear no futuro.
- Plan de emprego, fundamental para a tan esperada consolidación de postos de traballo.
- Nova RPT cos postos de traballo a consolidar neste ano.
Chegadas as navidades a administración convocounos para realizar unha proposta alternativa: Persoal de dentro do concello e asignado pola mesma, realizaría un sistema de valoración diferente ao proposto por EOSA, desdeñando a maioría do traballo realizado pola empresa. A mediados de febreiro se nos volve a convocar nunha mesa de traballo para analizar este novo sistema. Este era moi diferente ao analizado ate aquel momento, obrigando a escomenzar o traballo de novo dende o principio. Durante dúas semanas realizáronse varias reunións de traballo nas que se propuxeron varios cambios, dos cales non se tiveron en conta moitos de eles. Chegada a semana santa interrumpíronse estas reunións, ate o venres pasado, día no que a administración convocou unha mesa de negociación cos sindicatos para tratar este tema. Na mesma reunión se nos comunica os seguintes puntos IMPORTANTES:
- A administración da por válido o sistema elaborado pola mesma, e se nos insta aos sindicatos a presentar alegacións por escrito ate o 19 de abril como data límite.
- Se nos presentou o seguinte calendario de traballo:
- 11/4/2008: Entrega aos sindicatos da proposta da administración en relación coa valoración de postos de traballo.
- 19/4/2008: Data límite de entrega de contrapropostas ou alegacións.
- 22/4/2008: Resposta da administración as alegacións presentadas.
- 25/4/2008: Nova reunión sobre a valoración de postos.
- 29/4/2008: Presentación da administración da nova RPT a negociar.
- 9/5/2008: Último día para presentar propostas sobre a RPT.
- 16/5/2008: Nova RPT con alegacións e entrega do PLAN DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO.
- 23/5/2008: Comeza o proceso de negociación do convenio.
- 11/6/2008: Remata o proceso de negociación.
- Dende hoxe, 14 de abril, TODA a información relacionada coa valoración será compartida PARA TODOS OS TRABALLADORES na carpeta "Persoal (información)" do servidor principal do concello".
Polo tanto, TODOS OS TRABALLADORES DEBEN REVISAR A INFORMACIÓN DA VALORACIÓN, e propoñer ante calquer sindicato as suas alegacións, xa que ainda que se instou a administración a abrir un prazo para presentación de alegacións individuais para cada traballador, non nos deixou claro que este exista sen chegar ao recurso contencioso-administrativo.
Polo tanto dende hoxe mesmo teredes toda a información na carpeta mencionada.Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con calquer representante sindical de CCOO do Concello de Culleredo. Recordade que soamente teremos unha semana para presentar alegacións.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario