- Esta sección sindical negase a entrar en confrontacións con outros sindicatos, moito menos nun proceso de negociación tan importante como no que estamos inmersos, onde máis que nada deberíamos estar unidos para defender con máis forza os dereitos e intereses de todos os traballadores por igual.
- Nesta liña, en lugar de perdelo tempo con discusións inútiles que non levan a nada, estamos hoxe reunidos para preparar a reunión de mañá, día no que a administración pretende aprobar un documento definitivo de "valoración" de postos de traballo.
- Para esta preparación contamos, coma sempre, co asesoramento do persoal do noso sindicato, que nos resolve todo tipo de dúbidas, informanos sobre os dereitos dos traballadores e da lexislación a aplicar en cada caso.
- Aínda que para esta u outras negociacións nos resultaría máis doado delegar a responsabilidade nos asesores sindicais de CCOO, parecenos unha solución pouco axeitada, dende o momento que eles non viven a realidade deste concello, nin os problemas reais dos seus traballadores.
- Polo tanto, a información coa que contan os asesores de calquer sindicato sempre é a que os propios reprentantes sindicais lles transmiten, co cal a "imparcialidade total" non existe.
- Como representantes dos traballadores temos o deber de coñecer os problemas e as peticións de todos os traballadores por igual. Neste momento da negociación é ainda máis importante xa que aportan información de primeira man sobre os postos traballo, que ate o de agora a administración non aclarou, e que poden influir no sistema de "valoración" final. Non creemos que esto signifique defender intereses particulares en absoluto, en todo caso intereses colectivos.
A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario