Desde a sección sindical de CC.OO e ante as diferentes informacións que están a circular sobre a situación das traballadoras da Escola infantil Municipal a raíz da integración da mesma no “Consorcio Galego de servizos de igualdade e benestar” queremos deixar clara a nosa postura ante dito feito.
1º .- O noso cometido e a defensa dos dereitos de TODAS e TODOS as traballadoras e traballadores do concello.
2º.- No caso concreto da Escola Infantil, non estamos dacordo nas formas coas que se levou a cabo o proceso de negociación , ou “ausencia de negociación”, na subrogación do servizo municipal da Escola Infantil ao Consorcio; velaremos porque se cumpla a legalidade no proceso.
3º.- A nosa postura é apoiar e respaldar a decisión individual de cada traballadora da escola infantil.
4º.- Evitaremos a confrontación dialéctica en todo momento, xa que o único que persigue e confundir e polemizar sobre determinadas situacións laborais.
5º.- Informaremos a todo o persoal do concello coa transparencia e obxectividade coa que se veu traballando ata o de agora.
A SECCIÓN SINDICAL DE CC. OO.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario