4/4/08

NOTA INFORMATIVA A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS EN RELACIÓN COA ASAMBLEA XERAL DO DIA 3 DE ABRIL

Onte, xoves 3 de abril, tivo lugar unha asamblea xeral de traballadores convocada polo comité de empresa co obxectivo de dar a coñecer a situación do persoal da escola infantil municipal con respecto a adhesión do concello ó novo consorcio de benestar e igualdade.

Nesta asamblea expúxose dun xeito resumido as actuacións levadas a cabo pola administración ata chegar a situación na que se atopan as traballadoras, ao mesmo tempo que se discutiron as actuacións que se poden levar a cabo dende o comité de empresa como resposta a esta situación.

Unha vez analizado todo o transcurrido en dita asamblea, creemos que neste intre o noso deber como representantes sindicais é o de defender os intereses das traballadoras implicadas, sen entrar en batallas do pasado (nas que no seu momento tivo sentido tomar medidas que non se adoptaron), nin en guerras personais, que nada axudan á situación real do persoal da escola infantil.

Por todo isto instamos dende esta sección sindical ao comité de empresa que teña en conta a opinión individual e colectiva das traballadoras antes de adoptar calquera medida, xa que elas serán as afectadas directas.


A SECCIÓN SINDICAL DE CC. OO.

No hay comentarios.: