(Orde do 26 de marzo de 2008. D.O.G. nº 64 de xoves 3 de abril)
Beneficiarios:
- Persoas que teñan fillos/as menores de 3 anos en 1 de xaneiro de 2008 (nados entre o 2-1-2005 e o 1-1-2008) e que por razón dos ingresos obtidos en 2006 non estivese obrigadas, nin eles nin ningún membro da unidade familiar, a presentar a declaración da renda. Excluídas as unidades familiares cuxos ingresos no 2006 superasen os 22.000€. No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 -12-2006 e o 31-12-2007 a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data de inscrición da adopción ou acollemento
- Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio o beneficiario será o que teña a custodia dos fillos/as.
- Os estranxeiros residentes en Galicia poderán ser beneficiarios sempre que cumpran coa Lei orgánica 4/2000 e teñan a condición de contribuíntes para os efectos da Lei 35/2006
Máis información:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/14CC2?OpenDocument
No hay comentarios.:
Publicar un comentario