28/5/08

APROBACIÓN DA RPT, PLAN DE EMPREGO E VALORACIÓN DE POSTOS, E APERTURA DO PLAZO DE ALEGACIÓNS PERSONAIS

Na mesa de negociación do pasado 16 de maio acadouse o acordo para aprobar a nova RPT e o novo sistema de cálculo para o complemento específico. A información sobre os mesmos pódese atopar na carpeta "W:\Persoal (información)\Avisos".
O novo complemento específico aplicarase de forma progresiva, durante este ano un 40%, no ano 2009 outro 30%, e durante o 2010 o outro 30% restante. A subida deste ano se aplicará de forma retroactiva dende o 1 de xaneiro.
A nova RPT inclúe tamén as plazas creadas para a realización da consolidación de emprego. Polo tanto, xunto coa RPT, aprobouse un documento de Plan de Consolidación de Emprego, que podedes consultar na carpeta "W:\Persoal (información)\Plan de consolidación de emprego"
Unha vez rematada a negociación sindical, abrese un plazo de 10 días hábiles para realizar alegacións personais. Poderedes presentalas por rexistro dende o día 28 de maio ate o 6 de xuño, ambolos dous inclusive.

Curso de especialización de formadores de educación viaria para nenos

Resolución do 16 de maio de 2008 pola que se convoca un curso de especialización de formadores de educación viaria para nenos.

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/0768ab564721d45bc1257456001e5285/$FILE/10100D009P023.PDF

Accións formativas do INAP sobre tecnoloxías da información e comunicacións

O Instituto Nacional de Administración Pública convoca as accions formativas incluidas dentro do "Plan Interadministrativo de Formación Continua en el Área de las Tecnologías de la Información y las Comunicaciones-2008".

20/5/08

Mesa de negociación do 16 de maio e alegacións presentadas por este sindicato á RPT e á Valoración de Postos

O pasado 9 de maio foi a data límite para presentar alegacións a RPT e a Valoración de Postos. Podedes consultar no seguinte documento as alegacións presentadas por esta sección sindical:

Alegacións da sección sindical CCOO a valoracion de postos e á RPT

Durante a reunión da mesa de negociación do pasado venres 16 de maio, a administración presentounos unha nova proposta de Valoración de Postos de de RPT, onde xa se incluía o complemento específico final froito do sistema de factores negociado e depurado neste proceso de negociación. Esta información farase pública no momento en que se chegue a un acordo defintivo, que esperamos se acade na próxima reunión do 23 de maio.

A partir de este momento a administración abrirá un prazo de alegacións individuais para cada traballador no que se refire a valoración de postos de traballo.

Cara a reunión de mañá presentaronse unhas alegacións conxuntas entre os sindicatos UGT e Comisións Obreiras, que podedes consultar no seguinte enlace:

Alegacións conxuntas CCOO e UGT a valoración e RPT.




5/5/08

PROPOSTA DE RPT E PRAZO DE ALEGACIONS

A administración, durante a reunión en mesa de negociación do pasado 29 de abril, presentounos unha proposta para unha nova RPT que podedes consultar xa na carpeta compartida do servidor W:\Persoal (información)\RPT-relación de postos de traballo.

Os sindicatos dispoñen ate o vindeiro 9 de abril para presentar alegacións a nova RPT, tal e como se publicou no calendario proposto pola administración.

Polo tanto, calquer dúbida ou problema que vexades na mesma, podedes consultalo ou comunicalo para poder presentar as alegacións pertinentes.

Esta RPT é moi importante por moitos motivos, pero sobre todo por ver que postos se teñen en conta na consolidación de postos de traballo, e se estes postos se consolidan de forma axeitada.

Como veredes, na RPT falta o calculo definitivo do complemento específico. Esto débese a que aínda queda por pechar definitivamente o proceso de negociación da "valoración" de postos de traballo. Na pasada reunión quedaron pechados os factores e os tramos de aplicación. Na próxima reunión queda pendente pechar como se aplican os mesmos.