28/5/08

APROBACIÓN DA RPT, PLAN DE EMPREGO E VALORACIÓN DE POSTOS, E APERTURA DO PLAZO DE ALEGACIÓNS PERSONAIS

Na mesa de negociación do pasado 16 de maio acadouse o acordo para aprobar a nova RPT e o novo sistema de cálculo para o complemento específico. A información sobre os mesmos pódese atopar na carpeta "W:\Persoal (información)\Avisos".
O novo complemento específico aplicarase de forma progresiva, durante este ano un 40%, no ano 2009 outro 30%, e durante o 2010 o outro 30% restante. A subida deste ano se aplicará de forma retroactiva dende o 1 de xaneiro.
A nova RPT inclúe tamén as plazas creadas para a realización da consolidación de emprego. Polo tanto, xunto coa RPT, aprobouse un documento de Plan de Consolidación de Emprego, que podedes consultar na carpeta "W:\Persoal (información)\Plan de consolidación de emprego"
Unha vez rematada a negociación sindical, abrese un plazo de 10 días hábiles para realizar alegacións personais. Poderedes presentalas por rexistro dende o día 28 de maio ate o 6 de xuño, ambolos dous inclusive.

No hay comentarios.: