5/5/08

PROPOSTA DE RPT E PRAZO DE ALEGACIONS

A administración, durante a reunión en mesa de negociación do pasado 29 de abril, presentounos unha proposta para unha nova RPT que podedes consultar xa na carpeta compartida do servidor W:\Persoal (información)\RPT-relación de postos de traballo.

Os sindicatos dispoñen ate o vindeiro 9 de abril para presentar alegacións a nova RPT, tal e como se publicou no calendario proposto pola administración.

Polo tanto, calquer dúbida ou problema que vexades na mesma, podedes consultalo ou comunicalo para poder presentar as alegacións pertinentes.

Esta RPT é moi importante por moitos motivos, pero sobre todo por ver que postos se teñen en conta na consolidación de postos de traballo, e se estes postos se consolidan de forma axeitada.

Como veredes, na RPT falta o calculo definitivo do complemento específico. Esto débese a que aínda queda por pechar definitivamente o proceso de negociación da "valoración" de postos de traballo. Na pasada reunión quedaron pechados os factores e os tramos de aplicación. Na próxima reunión queda pendente pechar como se aplican os mesmos.

No hay comentarios.: