1/7/08

CCOO a través do grupo de traballo creado pola Dirección Xeral de Interior e da propia Comisión de Coordinación, está a traballar nas últimas reunións na procura do desenvolvemento normativo que regulará novamente a uniformidade das Policias Locais de Galicia; neste senso poñemos no voso coñecemento un resumen das novedades que prevee o mesmo.

A Consellería de Presidencia a través da Dirección Xeral de Interior previo acordo da Comisión de Coordinación, acordou sacar a concurso a uniformidade que rexirá para tódolos corpos das policías locais de Galicia.

A decisión adoptouse tras ser consensuado o proxecto no seno da Comisión con tódolos representantes, habendo participado en todo o proceso que incluiu elección de materiais, deseños, prendas e tipos, colores, anagramas etc.

Así mesmo o acordo inclue que a primeira entrega de tódala uniformidade (tódalas prendas, correaxes, anágramas etc) para tódolos membros dos corpos de policía local de Galicia se fará por conta da Consellería e a Dirección Xeral, e con moita probabilidade dentro do ano en curso.

Noutro eido de cousas, tamén comentar que para CCOO é imprescindible avanzar na reclasificación de tódolos Corpos de Policía Local existentes en Galicia; si ben e certo que moitos concellos reclasificaron, outros moitos ainda non o fixeron e o que é peor ainda hoxe en día amosan moitas reticencias para facelo no inmediato, todo elo co conseguinte e razonable cabreo por parte dos afectados.

Esta situación está a provocar demasiados agrávios comparativos e atrancos, impedindo en boa medida o avance noutras materias a desenrolar incluidas na Lei, e por tanto pensamos que é insostible; por elo dende CCOO decidimos tomar a iniciativa e solicitar do Sr. Conselleiro de Presidencia unha entrevista para tentar consensuar unha estratexia conxunta que permita avanzar na reclasificación dun xeito claro definitivo e sen excepcións en toda Galicia.
A nosa intención non é outra que a de tentar conquerir algún tipo de financiación por parte da Consellería hacia os concellos que procedan a reclasificar os seus Corpos Policiais.

Unha vez teñamos a referida reunión vos informaremos do seu resultado e as espectativas que se poidan crear.

Pedro Alonso Fernández
Representante FSAP-Galicia de CCOO na Comisión de Coordinación

No hay comentarios.: