28/4/08

NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE VALORACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

  • Esta sección sindical negase a entrar en confrontacións con outros sindicatos, moito menos nun proceso de negociación tan importante como no que estamos inmersos, onde máis que nada deberíamos estar unidos para defender con máis forza os dereitos e intereses de todos os traballadores por igual.
  • Nesta liña, en lugar de perdelo tempo con discusións inútiles que non levan a nada, estamos hoxe reunidos para preparar a reunión de mañá, día no que a administración pretende aprobar un documento definitivo de "valoración" de postos de traballo.
  • Para esta preparación contamos, coma sempre, co asesoramento do persoal do noso sindicato, que nos resolve todo tipo de dúbidas, informanos sobre os dereitos dos traballadores e da lexislación a aplicar en cada caso.
  • Aínda que para esta u outras negociacións nos resultaría máis doado delegar a responsabilidade nos asesores sindicais de CCOO, parecenos unha solución pouco axeitada, dende o momento que eles non viven a realidade deste concello, nin os problemas reais dos seus traballadores.
  • Polo tanto, a información coa que contan os asesores de calquer sindicato sempre é a que os propios reprentantes sindicais lles transmiten, co cal a "imparcialidade total" non existe.
  • Como representantes dos traballadores temos o deber de coñecer os problemas e as peticións de todos os traballadores por igual. Neste momento da negociación é ainda máis importante xa que aportan información de primeira man sobre os postos traballo, que ate o de agora a administración non aclarou, e que poden influir no sistema de "valoración" final. Non creemos que esto signifique defender intereses particulares en absoluto, en todo caso intereses colectivos.

A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO.

13/4/08

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A VALORACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO - MESA DE NEGOCIACIÓN DO DÍA 11 DE ABRIL DE 2008

Estos últimos meses difundiuse información pouco clara e contradictoria en relación co proceso de valoración de postos de traballo. Esta situación débese a que a información que compartía a administración cos sindicatos, ate o de agora, non era real, senón unha estimación ou simulación, é dicir, un mero material de traballo que en ningún momento significaba a valoración definitiva de cada posto de traballo. Este motivo levou a que se nos pedira, ainda que non de forma explícita, silencio en relación a este material, para non causar falsas expectativas nin equívocos a ningún traballador.


Antes de continuar, fagamos un pouco de memoria: Os traballos de valoración foron realizados pola empresa EOSA, contratada polo concello para tal fin. Esta empresa, como todos saberedes, realizou no seu día unha serie de entrevistas para coñecer as funcións e tarefas de cada posto de traballo. Hai que lembrar que non é o mesmo un posto de traballo que unha praza concreta. Os obxectivos de este traballo eran os seguintes:

  • Obter un sistema matemático que, mediante a aplicación de factores, permitira valorar e aplicar unha puntuación asociada a cada posto de traballo. A puntuación obtida, multiplicada por un valor económico, da como resultado o complemento específico a aplicar a ese posto de traballo.
  • Táboa de funcións e tarefas asociadas a cada posto de traballo.
  • Diagnóstico organizativo que permita analizar as necesidades de postos de traballo a crear no futuro.
  • Plan de emprego, fundamental para a tan esperada consolidación de postos de traballo.
  • Nova RPT cos postos de traballo a consolidar neste ano.
Dende o pasado mes de outubro, e durante sucesivas reunións de traballo dos sindicatos coa empresa e a administración, revisaronse os factores de cálculo para a valoración de postos. Segundo as alegacións que presentabamos ian facendose modificacións no sistema de valoración. Pero o problema xurdiu cando se esixiu a empresa a revisión das funcións de cada posto de traballo, dado que non entendíamos a valoración sen coñecer as funcións reais de cada posto. A nosa sorpresa foi ver os resultados das fichas, que en nada se correspondían coa realidade. Nalgúns casos eran a reproducción exacta das fichas cubertas polo traballador, en outros casos nada tiñan que ver nin con estas nin coa realidade. Esto nos levou a solicitar a administración que analizase o traballo da empresa e que nos deran unha resposta ao respecto antes de continuar traballando con un material que non creiamos adecuado.

Chegadas as navidades a administración convocounos para realizar unha proposta alternativa: Persoal de dentro do concello e asignado pola mesma, realizaría un sistema de valoración diferente ao proposto por EOSA, desdeñando a maioría do traballo realizado pola empresa. A mediados de febreiro se nos volve a convocar nunha mesa de traballo para analizar este novo sistema. Este era moi diferente ao analizado ate aquel momento, obrigando a escomenzar o traballo de novo dende o principio. Durante dúas semanas realizáronse varias reunións de traballo nas que se propuxeron varios cambios, dos cales non se tiveron en conta moitos de eles. Chegada a semana santa interrumpíronse estas reunións, ate o venres pasado, día no que a administración convocou unha mesa de negociación cos sindicatos para tratar este tema. Na mesma reunión se nos comunica os seguintes puntos IMPORTANTES:

  • A administración da por válido o sistema elaborado pola mesma, e se nos insta aos sindicatos a presentar alegacións por escrito ate o 19 de abril como data límite.

  • Se nos presentou o seguinte calendario de traballo:
    • 11/4/2008: Entrega aos sindicatos da proposta da administración en relación coa valoración de postos de traballo.
    • 19/4/2008: Data límite de entrega de contrapropostas ou alegacións.
    • 22/4/2008: Resposta da administración as alegacións presentadas.
    • 25/4/2008: Nova reunión sobre a valoración de postos.
    • 29/4/2008: Presentación da administración da nova RPT a negociar.
    • 9/5/2008: Último día para presentar propostas sobre a RPT.
    • 16/5/2008: Nova RPT con alegacións e entrega do PLAN DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO.
    • 23/5/2008: Comeza o proceso de negociación do convenio.
    • 11/6/2008: Remata o proceso de negociación.
  • Dende hoxe, 14 de abril, TODA a información relacionada coa valoración será compartida PARA TODOS OS TRABALLADORES na carpeta "Persoal (información)" do servidor principal do concello".

Polo tanto, TODOS OS TRABALLADORES DEBEN REVISAR A INFORMACIÓN DA VALORACIÓN, e propoñer ante calquer sindicato as suas alegacións, xa que ainda que se instou a administración a abrir un prazo para presentación de alegacións individuais para cada traballador, non nos deixou claro que este exista sen chegar ao recurso contencioso-administrativo.

Polo tanto dende hoxe mesmo teredes toda a información na carpeta mencionada.

Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con calquer representante sindical de CCOO do Concello de Culleredo. Recordade que soamente teremos unha semana para presentar alegacións.


Prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de 3 anos para o 2008

Bases da prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de 3 anos para o 2008
(Orde do 26 de marzo de 2008. D.O.G. nº 64 de xoves 3 de abril)

Beneficiarios:
  • Persoas que teñan fillos/as menores de 3 anos en 1 de xaneiro de 2008 (nados entre o 2-1-2005 e o 1-1-2008) e que por razón dos ingresos obtidos en 2006 non estivese obrigadas, nin eles nin ningún membro da unidade familiar, a presentar a declaración da renda. Excluídas as unidades familiares cuxos ingresos no 2006 superasen os 22.000€. No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 -12-2006 e o 31-12-2007 a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data de inscrición da adopción ou acollemento
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio o beneficiario será o que teña a custodia dos fillos/as.
  • Os estranxeiros residentes en Galicia poderán ser beneficiarios sempre que cumpran coa Lei orgánica 4/2000 e teñan a condición de contribuíntes para os efectos da Lei 35/2006

Máis información:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/14CC2?OpenDocument

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/018bde07f8d1bf72c125741f004eb945/$FILE/06400D004P037.PDF

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución de xornada

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada (Orde do 17 de marzo de 2008. D.O.G. nº64 do xoves 3 de abril de 2008)

Obxecto:
Axudas aos traballadores que a partir do 1 de novembro de 2007 e ata o 31 de agosto de 2008 se acollan a unha redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade de duración da mesma, para o coidado dun fillo/a menor de 3 anos.

Beneficiarios/as:
- Homes traballadores por conta allea que se acollan á reducción de xornada.
- Familias monoparentais en que a persoa solicitante (home ou muller) sexa traballador/a por conta allea e se acolla á redución de xornada.

Máis información:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/14CBE?OpenDocument

Convocase o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, en distintos corpos da Administración da Seguridade Social

Ordes pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, en distintos corpos da Administración da Seguridade Social.

  • Xestión da administración da seguridade social, especialidade de auditoría e contabilidade: 25
  • Intervención e Contabilidade da Administración da Seguridade Social: 10
  • Técnicos da Administración. Xeral da Seguridade Social: 14

Sistema de acceso: Oposición libre

Solicitudes: O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de abril de 2008.

Máis información: Boletín Oficial do Estado nº 80 do mércores 2 de abril de 2008.
www.seg-social.es

Convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2008

Destinatarios:
Persoas maiores de 16 anos ou os que cumpran antes de finais do ano 2008, nacionais ou estranxeiras, con DNI e pasaporte vixentes..

  • CELGA 4
    Convocatoria maio/xuño: 25 de maio de 2008
    Convocatoria novembro/decembro: 15, 16 de novembro de 2008
  • CELGA 3
    Convocatoria maio/xuño: 24 de maio de 2008
    Convocatoria novembro/decembro: 22 de novembro de 2008
  • CELGA 2
    Convocatoria maio/xuño: 31 de maio de 2008
    Convocatoria novembro/decembro: 29 de novembro de 2008
  • CELGA 1
    Convocatoria maio/xuño: 1 de xuño de 2008
    Convocatoria novembro/decembro: 13 de decembro de 2008

    Prazos de inscrición:
    - Para a convocatoria de maio/xuño: ata o día 15 de abril de 2008 (inclusive).
    - Para a convocatoria de novembro/decembro: ata o día 19 de setembro de 2008 (inclusive)

    Taxas de exame: 15,30 euros

    Máis información:
    Diario Oficial de Galicia nº 34 do luns, 18 de febreiro de 2008.
    www.xunta.es/linguagalega/

4/4/08

NOTA INFORMATIVA A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS EN RELACIÓN COA ASAMBLEA XERAL DO DIA 3 DE ABRIL

Onte, xoves 3 de abril, tivo lugar unha asamblea xeral de traballadores convocada polo comité de empresa co obxectivo de dar a coñecer a situación do persoal da escola infantil municipal con respecto a adhesión do concello ó novo consorcio de benestar e igualdade.

Nesta asamblea expúxose dun xeito resumido as actuacións levadas a cabo pola administración ata chegar a situación na que se atopan as traballadoras, ao mesmo tempo que se discutiron as actuacións que se poden levar a cabo dende o comité de empresa como resposta a esta situación.

Unha vez analizado todo o transcurrido en dita asamblea, creemos que neste intre o noso deber como representantes sindicais é o de defender os intereses das traballadoras implicadas, sen entrar en batallas do pasado (nas que no seu momento tivo sentido tomar medidas que non se adoptaron), nin en guerras personais, que nada axudan á situación real do persoal da escola infantil.

Por todo isto instamos dende esta sección sindical ao comité de empresa que teña en conta a opinión individual e colectiva das traballadoras antes de adoptar calquera medida, xa que elas serán as afectadas directas.


A SECCIÓN SINDICAL DE CC. OO.

2/4/08

NOTA INFORMATIVA A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.

Desde a sección sindical de CC.OO e ante as diferentes informacións que están a circular sobre a situación das traballadoras da Escola infantil Municipal a raíz da integración da mesma no “Consorcio Galego de servizos de igualdade e benestar” queremos deixar clara a nosa postura ante dito feito.

1º .- O noso cometido e a defensa dos dereitos de TODAS e TODOS as traballadoras e traballadores do concello.

2º.- No caso concreto da Escola Infantil, non estamos dacordo nas formas coas que se levou a cabo o proceso de negociación , ou “ausencia de negociación”, na subrogación do servizo municipal da Escola Infantil ao Consorcio; velaremos porque se cumpla a legalidade no proceso.

3º.- A nosa postura é apoiar e respaldar a decisión individual de cada traballadora da escola infantil.

4º.- Evitaremos a confrontación dialéctica en todo momento, xa que o único que persigue e confundir e polemizar sobre determinadas situacións laborais.

5º.- Informaremos a todo o persoal do concello coa transparencia e obxectividade coa que se veu traballando ata o de agora.

A SECCIÓN SINDICAL DE CC. OO.