29/4/09

Curso intervención policial.

Curso intervención policial destinado a Persoal dos corpos de policía local, pertencentes ao Concello da Coruña e preferentemente aos concellos próximos a aquel.
Prazas ofertadas: 12 prazas, das cales 9 serán ocupadas polo persoal do corpo de Policía Local da Coruña que desenvolva o seu traballo en unidades operativas e, dentro destas, con preferencia para o persoal da Unidade Territorial/quenda de noite e, en segundo lugar, o persoal do Grupo de Motos e dos servizos de patrullas 092. As 3 restantes parasolicitantes doutros corpos de policía local teñen preferencia os dos concellos próximos ao concello da Coruña.
Prazo de inscrición e presentación : O prazo para de inscrición epresentación de solicitudes de participación rematará o día 11 demaio.
Os solicitantes que pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello daCoruña deberán facer a súa solicitude a través da Academia deFormación de Policía Local do Concello da Coruña.
Os solicitantes que non pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello da Coruña cubrirán a solicitude de participación que seencontra na páxina web da Agasp
http://agasp.xunta.es/, na línea Actividades formativas, cursos con inscrición aberta, non serán admisibles outros modelos de solicitude, e remitirana telematicamente.
Esta mesma solicitude, unha vez remitida a través da web, deberán imprimila, asinala a/o solicitante e obter tamén a sinatura daautoridade do concello de que dependan, enviándoa á Academia Galega de Seguridade Pública, avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, a travésdo fax 886 20 61 22, por correo postal ou segundo o previsto no artigo38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
Doga nº79 venres 24 de abril de 2009

No hay comentarios.: