A mobilización do día 15 mantense, aínda que a administración di que ten intención de convocar unha xuntanza, valorouse conxuntamente con UGT e CSIF o manter as concentracións, pois despois de case 2 anos segue sen desenvolverse en moitos contidos normativos..: Carreira profesional horizontal, modificación do sistema retributivo a través de complementos, novo sistema de provisión de postos e de promoción interna... E necesario, pois, que fagamos esforzos para que estas concentracións saian ben e se visualice a presencia do noso sindicato. Os Responsables Comarcais de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, deben porse en contacto coa UGT e CSIF para o tema da pancarta unitaria. Faremos un comunicado de prensa anunciando a mobilización.
Seguiremos informando
Seguiremos informando
No hay comentarios.:
Publicar un comentario