O pasado xoves 21 de maio, ás 13:00h, reuniuse a administración cos sindicatos en Mesa Xeral de Negociación cun único punto na orde do día: a aprobación da oferta pública de emprego para o ano 2009 do concello de Culleredo.
Na mesma reunión acadouse o acordo de aprobar a oferta de emprego, sempre que a administración se comprometese a cumprir os seguintes prazos para as convocatorias:
- Que as prazas pendentes da oferta do 2008 que están ocupadas, estén convocadas e con data de examen antes do 31 de decembro do ano 2009.
- Que as prazas de consolidación da oferta do 2009 estén convocadas e con data de examen antes do 30 de xuño do ano 2010.
Que as demáis prazas da oferta do 2009 se convoquen a continuación das prazas de consolidación de emprego.
A oferta de emprego público do 2009, así coma as actas de esta e de todas as mesas de negociación, poderán ser consultadas na carpeta do servidor W:\Persoal.
En calquer caso adxuntamos a oferta de emprego público do 2009, así coma a rpt do 2009 e o plan de emprego.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario