27/11/09

Listado da productividade dos meses de Maio a Septembro

O acta da Xunta de Goberno Local do día 18 de novembro, co listado das cantidades a retribuir por productividade dos meses de maio a septembro, esta agora na carpeta J:\DEFINITIVAS\Comisiones\2009\XGL091118.doc 

26/11/09

Pago da productividade dos meses de Maio a Septembro

Como xa sabedes, na Xunta de Goberno local do día 18 de novembro, aprobouse o pago da productividade dos meses de maio a septembro. Pódense consultar as cantidades accedendo ao documento J:\provisionales\comisiones\XGL091118.doc. Dentro do documento aparecen dous bloques, o primeiro coas cantidades a percibir polos meses de maio e xuño, e os restantes no segundo bloque. Xa se prepararon as nóminas incluíndo estas cantidades (brutas, non netas).

En persoal dispoñen de información máis detallada en relación co cálculo da productividade. Calquera persoa que queira consultar a súa propia información pode solicitalo en persoal, ou ben realizar calquer reclamación  por escrito en caso de non estar de acordo coa cantidade a percibir.

Os sindicatos temos a posibilidade de ver esta mesma información directamente en persoal. Se alguén ten algun problema ou dúbida tamén pode trasladarlla á súa sección sindical.




Calendario laboral do ano 2010.
Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

12/11/09

Pago da Productividade pendente

Na derradeira Xunta de Persoal o pasado día 2 de novembro, realizouse un escrito á administración pedindo, entre outras cosas, unha resposta oficial sobre como quedará o pago da productividade pendente. De momento non tivemos resposta, pero esperamos tela próximamente, dado que probablemente aínda non lles chegou de forma oficial o escrito.
Extraoficialmente nos comunicaron que a intención e pagar os 5 meses pendentes (maio-setembro) na próxima nómina, que están a traballar nelo, pero será mellor esperar a que nos digan algo cando sexa definitivo.

Semanas do nadal 2009

Esta mañá tivo lugar unha reunión da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa para facer unha proposta conxunta á administración en relación coas semanas do nadal. Na decisión final tiveron que ver múltiples factores, tívose en conta moito a vosa opinión, pero o factor que máis primou definitivamente foi a búsqueda da equidade entre ambas semanas, para que ámbolos dous turnos tivesen o mesmo número de días. A proposta elexida foi a seguinte:
  • Primeira semana: 22,23 e 29
  • Segunda semana: 30, 4 e 5
Esta proposta non se poderá considerar como definitiva ata que a administración nos dé unha resposta ao respecto, momento no cal se fara pública a decisión final.
Lembrámosvos que o actual acordo negociado vixente permite aos funcionarios xuntar días de asuntos propios a semana do nadal.
Agradecemos moito a vosa colaboración.
A Sección Sindical de CCOO.