26/11/09

Pago da productividade dos meses de Maio a Septembro

Como xa sabedes, na Xunta de Goberno local do día 18 de novembro, aprobouse o pago da productividade dos meses de maio a septembro. Pódense consultar as cantidades accedendo ao documento J:\provisionales\comisiones\XGL091118.doc. Dentro do documento aparecen dous bloques, o primeiro coas cantidades a percibir polos meses de maio e xuño, e os restantes no segundo bloque. Xa se prepararon as nóminas incluíndo estas cantidades (brutas, non netas).

En persoal dispoñen de información máis detallada en relación co cálculo da productividade. Calquera persoa que queira consultar a súa propia información pode solicitalo en persoal, ou ben realizar calquer reclamación  por escrito en caso de non estar de acordo coa cantidade a percibir.

Os sindicatos temos a posibilidade de ver esta mesma información directamente en persoal. Se alguén ten algun problema ou dúbida tamén pode trasladarlla á súa sección sindical.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

pois xa era hora.

Anónimo dijo...

haberia que pedir intereses polo retraso.