Esta mañá tivo lugar unha reunión da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa para facer unha proposta conxunta á administración en relación coas semanas do nadal. Na decisión final tiveron que ver múltiples factores, tívose en conta moito a vosa opinión, pero o factor que máis primou definitivamente foi a búsqueda da equidade entre ambas semanas, para que ámbolos dous turnos tivesen o mesmo número de días. A proposta elexida foi a seguinte:
- Primeira semana: 22,23 e 29
- Segunda semana: 30, 4 e 5
Esta proposta non se poderá considerar como definitiva ata que a administración nos dé unha resposta ao respecto, momento no cal se fara pública a decisión final.
Lembrámosvos que o actual acordo negociado vixente permite aos funcionarios xuntar días de asuntos propios a semana do nadal.
Agradecemos moito a vosa colaboración.
A Sección Sindical de CCOO.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario