23/10/09

Situación sobre o cobro da productividade na nómina de outubro

Na última comuniciación oficial da administración cara aos sindicatos por este tema, soamente faltaba a aprobación dos listaxes de productividade dos meses de maio e xuño pola xunta de goberno local. Unha vez aprobados poderíase incluir este pago na nómina do mes de outubro.

Temos comunicación do departamento de persoal de que este tema non foi aprobado nesta xunta, pero non temos unha explicación oficial dos detalles do ocurrido con este tema.

Dado que tanto a Concelleira de Persoal como o Alcalde atópanse onte e hoxe de viaxe oficial, non puidemos ter contacto nin recibimos tampouco unha resposta oficial do ocurrido, nin da situación na que queda o pago da productividade dos meses pendentes.

Polo tanto quedamos a espera de intentar a partires do próximo luns 26 recibir resposta oficial por parte da administración.

21/10/09

Pago da productividade na nómina de Outubro

Ao final da mañá de onte, día 20 de outubro, a administración reuniuse cos sindicatos para informar de como ia o proceso do pago da productividade. Informouse que dera tempo a revisar soamente os meses de maio e xuño, que son os que se retribuirán coa nómina do mes presente.

Hoxe, 21 de outubro, aprobaránse estas listas en comisión de goberno, e a partires de este momento farase pública a resolución e abriráse un prazo para que cada traballador individualmente poida facer alegacións en caso de non estar de acordo co pago ou detectar erros no cálculo.

En calquer caso a administración transmitiu que estos dous meses, debido a que era o comezo do fichaxe, e houbo numerosas incidencias e fallos no sistema, se intentou non ser demasiado restrictivo, pero os seguintes meses o estudo do fichaxe farase de forma máis exaustiva, intentando evitar tamén posibles erros.

Os seguintes meses pendentes (jullo-septembro) retribuiranse coa nómina do mes de novembro.

A sección sindical de CCOO.