17/12/10

Galicia Sindical dixital n.º especial - Manifestacións 18-D

http://www.galicia.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/718920.pdf

O tema deste número son as manifestacións de mañá sábado, día 18, en
defensa do estado social, e que che indicamos a continuación:

— A Coruña. Ás 12 horas, con saída da Praza da Palloza.
— Lugo. Ás 12 horas, con saída da Rolda da Muralla n.º 58.
— Ourense. Ás 12 horas, con saída do Pavillón dos Remedios.
— Vigo. Ás 18 horas, con saída do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz.

Lembrámosche que podes consultar os exemplares anteriores na
hemeroteca do Galicia Sindical:
http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/menu.do?Informacion:Publicacions_e_Documentos:Publicacions_periodicas:13725

9/12/10

NOVIDADES CONSOLIDACIÓN

A ADMINISTRACIÓN  ACORDOU ONTE EN XUNTA DE GOBERNO LOCAL A DECLARACIÓN DE LESIVIDADE DE ACTOS ANULABLES NO REFERIDO AO PUNTO 5 DAS BASES ESPECÍFICAS PARA OS DIFERENTES PROCESOS DE CONSOLIDACIÓN. O PASO SEGUINTE É A SÚA PRESENTACIÓN ANTE A ORDE XURISDICIONAL CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO.
SEGUIREMOS INFORMANDO...

O COMITÉ DE EMPRESA

23/9/10

Asamblea Xeral de Traballadores - Folga Xeral 29 de Septembro

O próximo luns 27 de septembro ás 14:00h está convocada unha asamblea xeral de traballadora conxunta dos sindicatos UXT e Comisións Obreiras no salón de plenos municipal. O motivo da mesma é informar dos motivos da folga xeral e pedir o apoio da mesma aos traballadores/as do Concello de Culleredo.

Para que poidas xulgar por tí mesmo podes ver unha comparativa da situación antes e despóis da reforma laboral , así como unha análise das implicacións da reforma nas administracións públicas en canto aos despidos de persoal fixo como as contratacións a través das empresas de traballo temporal.

Efectos da reforma laboral na administración pública

A reforma laboral terá implicacións tamén no sector público. Por unha banda deixa a porta aberta a despidos colectivos de traballadores fixos das administracións públicas, en tres supostos básicos: 
  • Entidades con déficit orzamentario (causas económicas)
  • Entidades que realicen privatizacións (causas organizativas)
  • Por absentismo, ainda que este sexa debido a baixas orixinadas por accidentes laborais ou enfermidades profesionais.
Por outra banda deixa tamén a porta aberta a contatación de persoal a través das ETT's por parte da administración pública, sen restriccións de ningún tipo e tanto sexa para persoal laboral como funcionario.

Os documentos REFORMA LABORAL DESPIDOS AAPPREFORMA LABORAL ETT analizan ambolos dous casos.

Por todos estos motivos debes de ir a folga xeral do día 29 de septembro. Movilizate.

18/9/10

A reforma laboral - Folga xeral do 29 de septembro

A reforma que acaba de aprobar o Parlamento a instancias de Zapatero e o seu Goberno é un atraco social sen precedentes na historia democrática deste país. É a maior agresión contra os dereitos da clase traballadora, porque facilita e abarata o despedimento, incrementa a temporalidade, dá maior poder aos empresarios e pon en risco a negociación colectiva. Coa reforma laboral:


DESPEDIRTE VAI SER MÁIS FÁCIL.
DESPEDIRTE VAI SER MÁIS BARATO.
OS CONVENIOS COLECTIVOS CONVÉRTENSE EN PAPEL MOLLADO.


Na nova edición de gaceta Galicia Sindical poderas leer con máis detalle os cambios que se levaran a cabo coa reforma laboral.






29/7/10

Información varia sobre a policia local

Orde do 22 de xullo de 2010 pola que se establece a descrición e as características dos medios de acreditación profesional dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de Policía Local de Galicia.

Orde do 22 de xullo de 2010 pola que se establece a descrición e características das distintas pezas de uniformidade dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local de Galicia, así como a imaxe corporativa dos corpos de policía local.

Régimen disciplinario de la policía nacional y aplicación a las PP.LL.

Reglamento disciplinario
Informe del gabinete sobre el reglamento


Nuevo Régimen Disciplinario del Cuerpo Nacional de Policía, y su aplicación a los Cuerpos de Policía Local.

Con el fin de dar respuesta a cuestiones relevantes para su actividad sindical, la Coordinadora Federal de Policías Autonómicos y Locales de la FSC-CCOO encargó al gabinete jurídico federal el estudio de la Ley
Orgánica 4/2010, de 20 de mayo, del Régimen disciplinario del Cuerpo Nacional de Policía, con el objetivo de valorar la posición de la organización en relación con la aprobación de la norma y su aplicación
a los cuerpos de la Policía Local.
CCOO estuvo en desacuerdo con la aplicación de esta ley orgánica a las policías locales porque, como quedó claro en su comparecencia en seno de la Comisión de Justicia e Interior del Congreso de los Diputados, era una norma cuyo origen y destino era otro cuerpo de policía, el Cuerpo Nacional de Policía, y, a juicio del sindicato, los cuerpos de la Policía Local requerían una norma específica.
En su Comparecencia ante la Comisión de Justicia e Interior del Congreso de los Diputados, Ramón Ordóñez, Coordinador Federal de Policías Autonómicos y Locales de CCOO, expuso ante los Sus Señorías
la visión que desde nuestra Organización tenemos de la Seguridad Pública, y la necesidad de dar un nuevo paso dentro del proyecto de reformas de los Poderes Públicos.Para CCOO resulta inaplazable la apertura de los debates para  afrontar de manera inmediata y urgente el estudio de un nuevo Sistema de Seguridad Pública que reconozca la nueva realidad de la sociedad española, olvidando los tabues que marcaron el debate de la Ley Organica de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del año 86.
La aprobación de la norma supone para la Coordinadora Federal de la FSC-CCOO que se ha incluido a este colectivo, por la puerta de atrás, en una ley que le diferencia, en lo disciplinario, del resto del personal de la Administración Autonómica y Local, siéndole de aplicación faltas y delitos tipificados expresamente para otros profesionales; cuando su régimen disciplinario debería haber sido el recogido en el Estatuto Básico del Empleado Público, aunque aquellas peculiaridades que le distinguen, por su profesión, hubieran sido recogidas subsidiariamente por la norma.
No tienen la consideración de Ley Orgánica los artículos 19 a 47,ambos inclusive, así como las disposiciones adicionales, las disposiciones transitorias, el apartado segundo de la disposición derogatoria única y las disposiciones finales segunda, tercera, cuarta y séptima, POR LO QUE NO SON DE APLICACIÓN A LAS POLICÍAS LOCALES.
Entrando en el análisis de la ley, el gabinete jurídico de la FSC-CCOO destaca como novedades que la nueva norma inicia un camino de modernización en cuanto al anterior régimen disciplinario, se mejoran los plazos y la tramitación de los expedientes, actualiza el catálogo de infracciones y sanciones, y mejora las condiciones de seguridad jurídica y administrativa de los policías.
Entre otras cuestiones, la ley recoge como falta muy grave el acoso psicológico en el ámbito laboral y la discriminación por razón de sexo u orientación sexual.
Vistas las distintas valoraciones que de la ley hacen los sindicatos policiales, la Coordinadora de la FSC-CCOO, coincidiendo con la del Sindicato Unificado de Policía (SUP), valora la ley porque corrige los
principales y más graves defectos que presentaba el anterior régimen disciplinario.

Antonio Millares Jorge miembro de la Coordinadora Federal de Policías
Autonómicos y Locales de FSC-CC.OO.

30/6/10

Suspensión temporal dos procesos selectivos de consolidación

Por un erro detectado no ultimo instante nas bases específicas dos procesos de consolidación das prazas convocadas, tanto da oferta do ano 2009 coma do 2010, tivose que facer unha suspensión temporal de todos os procesos. O erro residía nun cálculo erroneo no reparto das puntuacións da fase de concurso e a de oposición, que se fixo segundo o criterio que establecía a Xurisprudencia do Tribunal Supremo, que consiste en asignar un 40% da puntuación global para a fase de concurso, en lugar de utilizar o establecido na Lei 1/2008 da Función de Galicia no artigo 38.2, que establece que a fase de concurso sexa como máximo un 40% da puntuación da fase de oposición.

As bases cumprian o establecido na xurisprudencia, non o que establece a lei de Función Pública de Galicia. O erro, probablemente provocado polo recente desta lei, non foi detectado por ningún dos filtros polos que pasou.

Queremos transmitir a nosa solidariedade con todos os afectados, e decirlles que dende esta sección sindical faremos todo o posible para axilizar os trámites que corresponda levar a cabo para que se poidan convocar de novo todas as probas selectivas suspendidas o antes posible, e nas mellores condicións posibles para todos os afectados.

O primeiro paso será a declaración de lesividade do proceso, que segundo o enfoque que se lle de (acto nulo ou anulable) seguirá un trámite ou outro, que poden tardar de entre 2 a 4 meses. A continuación teranse que publicar as novas bases específicas.

Manteremosvos informados de calquera cuestión ou novidade que apareza en relación con este proceso, calquera dúbida ou suxerencia podedes contactar con nos polos medios habituais.

A Sección Sindical de CCOO.

15/6/10

Escrito dirixido a administración en relación a aprobación da aplicación do decreto no Concello de Culleredo.


O pasado luns, día 7 de xuño, fomos convocados a unha e media a unha mesa de negociación para tratar, como segundo punto na orde do día, a aplicación do real decreto 8/2010 no Concello de Culleredo. A pesares de que se nos adxuntou con 42 horas de antelación o resto da documentación asociada aos outros puntos da orde do día, non se nos incluíu a relacionada con este punto concreto. Ainda que se nos entregou e explicou a mesma na propia reunión, era imposible dar conformidade a un recorte como o proposto pola administración, máis ainda sen poder comprobar as cifras con calma e sen o asesoramento necesario.
A pesar de que todos os sindicatos deixamos claro que nos negabamos a negociar este aspecto, sobre todo en estas condicións, e de que a propia concelleira nos dixo que non era un aspecto negociable, que era informativo, estase a informar dende persoal que este aspecto foi negociado.
Polo tanto, e para que conste a os efectos, queremos manifestar o seguinte
  • Queremos reiterar que non estamos nin estivemos en ningún momento de acordo coa aplicación do decreto 8/2010 no Concello de Culleredo por moitos motivos, sobre todo porque é en base anticonstitucional, motivo polo cal o noso sindicato de Comisións Obreiras o recurriu legalmente. 
  • Non podemos negociar nen considerar negociado este punto sen adxuntar a documentación necesaria coas 48 horas de antelación. 
  • Non podemos analizar nen ter en conta unha documentación na que se comprobaron varios erros de transcripción nas cantidades, provocando que o resultado final sexa incorrecto, o que pode provocar que a reducción sexa superior a necesaria.
  • E  sobre todo non podemos estar de acordo en ningún tipo de aplicación do decreto cando se esta aproveitando para incrementar postos na RPT, unha RPT que se estimaba conxelada para todo o ano 2010, seguindo unha liña de austeridade.
  • Definitvamente, solicitamos se teña en conta o acta da reunión en cuestión, onde quedará constancia de que este término non foi negociado.

Por todas estas cuestións queremos que a administración reconsidere a aprobación unilateral de este recorte, e pedimoslle que non siga o exemplo marcado dende o Goberno Central co decretazo.
Solicitamos, así mesmo, que este escrito conste no expediente do pleno municipal do día 15 de xuño de 2010, e que conste en acta aos efectos oportunos.

25/5/10

Decreto sobre medidas extraordinarias para a reducción do déficit público

Poñemos na vosa disposición o cuadro resumo coa información de como afecta o recorte as retribucións:


O recorte afecta ao soldo base a partires do 1 de xuño, e non especifica o que ocorrerá co específico, reducción que terá que ser negociada en cada concello para conseguir unha reducción dun 5% do seu importe global anual, co requisito de que o grupo E/agrupacións profesionais so poderán quitarlle un 1%. Tamen deberá negociarse, onde se perciba, a productividade xa que experimentará a diminución do 5% da partida destinada para elo no 2010.

Decreto sobre medidas extraordinarias para a reducción do déficit público

No boe do día 24 de maio sae publicado o decreto do goberno de medidas extraordinarias para a reducción do déficit público : http://www.boe.es/boe/dias/2010/05/24/pdfs/BOE-A-2010-8228.pdf

Con data de hoxe día 25, sae publicada unha correción de erros do mesmo decreto: http://www.boe.es/boe/dias/2010/05/25/pdfs/BOE-A-2010-8318.pdf

O texto é bastante enrevesado e dificil de entender, así que tan pronto teñamos unha resume coa información clara e concisa de como se verán afectados os soldos o comunicaremos.

30/4/10

Gaceta Sindical - especial 1 de mayo 2010

O 1º de MAIO, como sabedes, é unha data sinalada para o movemento sindical internacional e para o conxunto de traballadores e traballadoras.
Ante a situación de crise económica nacional e internacional, este ano mais que nunca é preciso facer do 1º de MAIO unha xornada de reivindicación e loita.
A ninguén se nos escapa que hai moitos dereitos sociais e laborais en risco. É por esto que dende a FSC-G facemos un chamamento a participar activa e masivamente nas distintas manifestacións que ó longo da comunidade autónoma vanse celebrar.
Debemos garantir que a presenza da clase obreira nas rúas sexa da suficiente entidade para darlle un toque de atención ós distintos gobernos e seguir transmitindo a mensaxe de que os traballadores e traballadoras non estamos disposto a, unha vez mais, ser os paganos dunha crise que nos non causamos.

"POLO EMPREGO CON DEREITOS E A GARANTÍA DAS NOSAS PENSIÓNS"
VIVA O 1º DE MAIO


Gaceta sindical: http://www.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/426187.pdf
Gaceta Galicia sindical (co listado das manifestacións): http://www.galicia.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/424187.pdf

17/3/10

Convocatoria do Plan de formación 2010 (1º semestre)

O Departamento de persoal fai pública a seguinte información sobre os cursos do Plan de formación agrupado 2010 da Deputación da Coruña:

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para participar nos cursos do Plan de formación agrupado 2010, que promove a Deputación da Coruña, que se impartirán entre os meses de abril e xuño. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 22 de marzo de 2010.

Lémbrase aos traballadores que esta primeira solicitude faise directamente á Deputación da Coruña, e non implica a concesión de asistencia por parte do Concello, que terá que solicitarse no departamento de persoal do Concello, unha vez que a Deputación confirme a concesión das accións formativas.

De acordo co disposto no acordo negociado das condicións de traballo dos funcionarios e no convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Culleredo establécese un máximo de 40 horas ao ano para a asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, sempre e cando o curso se celebre fóra da administración municipal e o seu contido garde unha relación directa co posto de traballo ou a carreira profesional dentro da administración.

Toda a información sobre esta convocatoria, así como os impresos para solicitar os cursos na Deputación pode visualizarse e descargarse na seguinte ligazón: http://www.dicoruna.es/formacion

Nos vindeiros meses enviarase a oferta formativa, e abrirase un novo prazo de inscrición, para participar nos cursos que se realizarán a partir do mes de setembro.

SECCIÓN DE FORMACIÓN DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Tel.- 981 080 385

25/2/10

Tempo libre - Vacacións 2010

Ofertas especiais de vacacións para os afiliados a CCOO.

Vacacións 2010.

Manifestación 2 marzo na Coruña “Polo dereito a vivir a xubilación”




Manifestación conxunta CCOO e UGT
Polo dereito a vivir a xubilación

Martes, 2 de marzo de 2010, ás 20:00 horas,
saída da Praza da Palloza ata a Delegación do Goberno


O percorrido da manifestación será dende a Praza da Palloza ata a Delegación do Goberno. Os lemas das pancartas serán Polo dereito a vivir a xubilación, “Non ao recorte da protección social” e “non ao retraso da idade de xubilación”. Tamén para darlle a maior difusión posible, vanse contratar cuñas na radio os días previos a data mencionada.

20/1/10

Cursos de lingua galega. (Celga)

Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2010 (ED104B).


11/01/10 - DOG Convocatoria, Cursos preparatorios Probas CELGA

PRAZOS para a inscrición:
rematará o día 25 de marzo de 2010 para a convocatoria de MAIO
rematará o día 7 de outubro de 2010 para as probas de NOVEMBRO
Fondo galego de cooperación prepárase para participar na recuperación de Haiti.