Por un erro detectado no ultimo instante nas bases específicas dos procesos de consolidación das prazas convocadas, tanto da oferta do ano 2009 coma do 2010, tivose que facer unha suspensión temporal de todos os procesos. O erro residía nun cálculo erroneo no reparto das puntuacións da fase de concurso e a de oposición, que se fixo segundo o criterio que establecía a Xurisprudencia do Tribunal Supremo, que consiste en asignar un 40% da puntuación global para a fase de concurso, en lugar de utilizar o establecido na Lei 1/2008 da Función de Galicia no artigo 38.2, que establece que a fase de concurso sexa como máximo un 40% da puntuación da fase de oposición.
As bases cumprian o establecido na xurisprudencia, non o que establece a lei de Función Pública de Galicia. O erro, probablemente provocado polo recente desta lei, non foi detectado por ningún dos filtros polos que pasou.
Queremos transmitir a nosa solidariedade con todos os afectados, e decirlles que dende esta sección sindical faremos todo o posible para axilizar os trámites que corresponda levar a cabo para que se poidan convocar de novo todas as probas selectivas suspendidas o antes posible, e nas mellores condicións posibles para todos os afectados.
O primeiro paso será a declaración de lesividade do proceso, que segundo o enfoque que se lle de (acto nulo ou anulable) seguirá un trámite ou outro, que poden tardar de entre 2 a 4 meses. A continuación teranse que publicar as novas bases específicas.
Manteremosvos informados de calquera cuestión ou novidade que apareza en relación con este proceso, calquera dúbida ou suxerencia podedes contactar con nos polos medios habituais.
A Sección Sindical de CCOO.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario