17/3/10

Convocatoria do Plan de formación 2010 (1º semestre)

O Departamento de persoal fai pública a seguinte información sobre os cursos do Plan de formación agrupado 2010 da Deputación da Coruña:

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para participar nos cursos do Plan de formación agrupado 2010, que promove a Deputación da Coruña, que se impartirán entre os meses de abril e xuño. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 22 de marzo de 2010.

Lémbrase aos traballadores que esta primeira solicitude faise directamente á Deputación da Coruña, e non implica a concesión de asistencia por parte do Concello, que terá que solicitarse no departamento de persoal do Concello, unha vez que a Deputación confirme a concesión das accións formativas.

De acordo co disposto no acordo negociado das condicións de traballo dos funcionarios e no convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Culleredo establécese un máximo de 40 horas ao ano para a asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, sempre e cando o curso se celebre fóra da administración municipal e o seu contido garde unha relación directa co posto de traballo ou a carreira profesional dentro da administración.

Toda a información sobre esta convocatoria, así como os impresos para solicitar os cursos na Deputación pode visualizarse e descargarse na seguinte ligazón: http://www.dicoruna.es/formacion

Nos vindeiros meses enviarase a oferta formativa, e abrirase un novo prazo de inscrición, para participar nos cursos que se realizarán a partir do mes de setembro.

SECCIÓN DE FORMACIÓN DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Tel.- 981 080 385