30/4/10

Gaceta Sindical - especial 1 de mayo 2010

O 1º de MAIO, como sabedes, é unha data sinalada para o movemento sindical internacional e para o conxunto de traballadores e traballadoras.
Ante a situación de crise económica nacional e internacional, este ano mais que nunca é preciso facer do 1º de MAIO unha xornada de reivindicación e loita.
A ninguén se nos escapa que hai moitos dereitos sociais e laborais en risco. É por esto que dende a FSC-G facemos un chamamento a participar activa e masivamente nas distintas manifestacións que ó longo da comunidade autónoma vanse celebrar.
Debemos garantir que a presenza da clase obreira nas rúas sexa da suficiente entidade para darlle un toque de atención ós distintos gobernos e seguir transmitindo a mensaxe de que os traballadores e traballadoras non estamos disposto a, unha vez mais, ser os paganos dunha crise que nos non causamos.

"POLO EMPREGO CON DEREITOS E A GARANTÍA DAS NOSAS PENSIÓNS"
VIVA O 1º DE MAIO


Gaceta sindical: http://www.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/426187.pdf
Gaceta Galicia sindical (co listado das manifestacións): http://www.galicia.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/424187.pdf