30/6/10

Suspensión temporal dos procesos selectivos de consolidación

Por un erro detectado no ultimo instante nas bases específicas dos procesos de consolidación das prazas convocadas, tanto da oferta do ano 2009 coma do 2010, tivose que facer unha suspensión temporal de todos os procesos. O erro residía nun cálculo erroneo no reparto das puntuacións da fase de concurso e a de oposición, que se fixo segundo o criterio que establecía a Xurisprudencia do Tribunal Supremo, que consiste en asignar un 40% da puntuación global para a fase de concurso, en lugar de utilizar o establecido na Lei 1/2008 da Función de Galicia no artigo 38.2, que establece que a fase de concurso sexa como máximo un 40% da puntuación da fase de oposición.

As bases cumprian o establecido na xurisprudencia, non o que establece a lei de Función Pública de Galicia. O erro, probablemente provocado polo recente desta lei, non foi detectado por ningún dos filtros polos que pasou.

Queremos transmitir a nosa solidariedade con todos os afectados, e decirlles que dende esta sección sindical faremos todo o posible para axilizar os trámites que corresponda levar a cabo para que se poidan convocar de novo todas as probas selectivas suspendidas o antes posible, e nas mellores condicións posibles para todos os afectados.

O primeiro paso será a declaración de lesividade do proceso, que segundo o enfoque que se lle de (acto nulo ou anulable) seguirá un trámite ou outro, que poden tardar de entre 2 a 4 meses. A continuación teranse que publicar as novas bases específicas.

Manteremosvos informados de calquera cuestión ou novidade que apareza en relación con este proceso, calquera dúbida ou suxerencia podedes contactar con nos polos medios habituais.

A Sección Sindical de CCOO.

15/6/10

Escrito dirixido a administración en relación a aprobación da aplicación do decreto no Concello de Culleredo.


O pasado luns, día 7 de xuño, fomos convocados a unha e media a unha mesa de negociación para tratar, como segundo punto na orde do día, a aplicación do real decreto 8/2010 no Concello de Culleredo. A pesares de que se nos adxuntou con 42 horas de antelación o resto da documentación asociada aos outros puntos da orde do día, non se nos incluíu a relacionada con este punto concreto. Ainda que se nos entregou e explicou a mesma na propia reunión, era imposible dar conformidade a un recorte como o proposto pola administración, máis ainda sen poder comprobar as cifras con calma e sen o asesoramento necesario.
A pesar de que todos os sindicatos deixamos claro que nos negabamos a negociar este aspecto, sobre todo en estas condicións, e de que a propia concelleira nos dixo que non era un aspecto negociable, que era informativo, estase a informar dende persoal que este aspecto foi negociado.
Polo tanto, e para que conste a os efectos, queremos manifestar o seguinte
  • Queremos reiterar que non estamos nin estivemos en ningún momento de acordo coa aplicación do decreto 8/2010 no Concello de Culleredo por moitos motivos, sobre todo porque é en base anticonstitucional, motivo polo cal o noso sindicato de Comisións Obreiras o recurriu legalmente. 
  • Non podemos negociar nen considerar negociado este punto sen adxuntar a documentación necesaria coas 48 horas de antelación. 
  • Non podemos analizar nen ter en conta unha documentación na que se comprobaron varios erros de transcripción nas cantidades, provocando que o resultado final sexa incorrecto, o que pode provocar que a reducción sexa superior a necesaria.
  • E  sobre todo non podemos estar de acordo en ningún tipo de aplicación do decreto cando se esta aproveitando para incrementar postos na RPT, unha RPT que se estimaba conxelada para todo o ano 2010, seguindo unha liña de austeridade.
  • Definitvamente, solicitamos se teña en conta o acta da reunión en cuestión, onde quedará constancia de que este término non foi negociado.

Por todas estas cuestións queremos que a administración reconsidere a aprobación unilateral de este recorte, e pedimoslle que non siga o exemplo marcado dende o Goberno Central co decretazo.
Solicitamos, así mesmo, que este escrito conste no expediente do pleno municipal do día 15 de xuño de 2010, e que conste en acta aos efectos oportunos.