23/9/10

Asamblea Xeral de Traballadores - Folga Xeral 29 de Septembro

O próximo luns 27 de septembro ás 14:00h está convocada unha asamblea xeral de traballadora conxunta dos sindicatos UXT e Comisións Obreiras no salón de plenos municipal. O motivo da mesma é informar dos motivos da folga xeral e pedir o apoio da mesma aos traballadores/as do Concello de Culleredo.

Para que poidas xulgar por tí mesmo podes ver unha comparativa da situación antes e despóis da reforma laboral , así como unha análise das implicacións da reforma nas administracións públicas en canto aos despidos de persoal fixo como as contratacións a través das empresas de traballo temporal.

Efectos da reforma laboral na administración pública

A reforma laboral terá implicacións tamén no sector público. Por unha banda deixa a porta aberta a despidos colectivos de traballadores fixos das administracións públicas, en tres supostos básicos: 
  • Entidades con déficit orzamentario (causas económicas)
  • Entidades que realicen privatizacións (causas organizativas)
  • Por absentismo, ainda que este sexa debido a baixas orixinadas por accidentes laborais ou enfermidades profesionais.
Por outra banda deixa tamén a porta aberta a contatación de persoal a través das ETT's por parte da administración pública, sen restriccións de ningún tipo e tanto sexa para persoal laboral como funcionario.

Os documentos REFORMA LABORAL DESPIDOS AAPPREFORMA LABORAL ETT analizan ambolos dous casos.

Por todos estos motivos debes de ir a folga xeral do día 29 de septembro. Movilizate.

18/9/10

A reforma laboral - Folga xeral do 29 de septembro

A reforma que acaba de aprobar o Parlamento a instancias de Zapatero e o seu Goberno é un atraco social sen precedentes na historia democrática deste país. É a maior agresión contra os dereitos da clase traballadora, porque facilita e abarata o despedimento, incrementa a temporalidade, dá maior poder aos empresarios e pon en risco a negociación colectiva. Coa reforma laboral:


DESPEDIRTE VAI SER MÁIS FÁCIL.
DESPEDIRTE VAI SER MÁIS BARATO.
OS CONVENIOS COLECTIVOS CONVÉRTENSE EN PAPEL MOLLADO.


Na nova edición de gaceta Galicia Sindical poderas leer con máis detalle os cambios que se levaran a cabo coa reforma laboral.