8/11/11

Quendas de nadal

As quendas de permisos correspondentes ao período de Nadal e Reis, previstos no Acordo negociado de funcionarios (artigo 17) e Convenio colectivo do persoal laboral (artigo 21) quedaron establecidas da seguinte forma:

  • Primeira quenda: 26 dec / 27 dec / 28 dec

  • Segunda quenda: 2 xan / 3 xan / 4 xan

Os distintos servizos deberán comunicar antes do martes 30 de novembro, a proposta de quendas do seu persoal, coa sinatura do xefe/a de servizo e do responsable político.

Culleredo, 04 de outubro de 2011

O xefe de servizo de persoal e organización

 




Estudo necesidades formación Plan agrupado 2012 promovido pola Deputación

Dende a Deputación de A Coruña recolleran solicitudes ate o dia 22 de novembro en relación a cursos de formación que consideredes do voso interese. Dado que o Concello de Culleredo está acollido agora mesmo a este plan, e interesante que poidades facer as vosas propostas. Adxuntamos integramente a mensaxe enviada dende o departamento de formación da mesma:
Poño no seu coñecemento que estamos a realizar un estudo das necesidades de formación para decidir os cursos que imos incluír no Plan de formación agrupado 2012 que promove a Deputación da Coruña, dirixido ao persoal da deputación e demais entidades locais da provincia, polo que solicitamos a súa colaboración.

 

Calquera persoa pode solicitar a realización de cursos o vindeiro ano, para iso, só ten que cubrir a ficha individual de necesidades de formación (debe encher unha folla por curso) que pode descargar picando na seguinte ligazón DESCARGAR e entregala ao seu xefe/a de servizo ou persoa responsable do departamento, que se encargará de achegar todas as solicitudes á Sección de Formación.

 

A maioría dos cursos que realizaremos no vindeiro ano virán deste estudo, polo que a súa participación é moi importante.

 

O prazo para entregar as solicitudes remata o 22 de novembro.
 
 
DEPUTACIÓN DA CORUÑA - SECCIÓN DE FORMACIÓN
Alférez Provisional, 2
15006 A Coruña
Tel.- 981 080 385
 


1/11/11

Firma por la enseñanza pública


 
ESTA PETICIÓN PUEDE SER FIRMADA POR PADRES, MADRES, ALUMNADO, PROFESORADO Y CUALQUIER PERSONA QUE CREA QUE HAY QUE POTENCIAR UNA ENSEÑANZA PÚBLICA DE CALIDAD.
 
 
Colabora con la campaña en defensa de la Enseñanza Pública difundiendo este Manifiesto: ¡¡PÁSALO!!





21/10/11

Convocatoria de prazas no Concello de A Coruña

CONCELLO DA CORUÑA
Resolución de 26 de setembro de 2011, deste concello, referente á convocatoria para prover varias prazas:
- 7 prazas de BOMBEIROS.
- 5 prazas de TÉCNICOS DE ADMINISTRACIÓN GENERAL.
- 7 pazas de TÉCNICOS MEDIOS DE ADMINISTRACIÓN GENERAL
- 1 praza de TÉCNICO MEDIO DE BIBLIOTECAS
O prazo para presentar as solicitudes rematará o 25 de outubro de 2011.
Bases e Convocatoria: «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» número 98, de 25 de maio de 2011, (www.coruna.es)

18/10/11

Publicación no BOP da ultima modificación da Relación de Postos de Traballo

Publicase no BOP do día 18/10/2011 a ultima Relación de Postos de Traballo, aprobada definitivamente polo Pleno o día 29 de septembro.

Podedes consultala na web a Deputación, no seguinte enlace: RPT 2011

2/9/11

Contra a reforma constitucional. REFERENDUM XA!!

UGT-Galicia, o S. N. de CCOO de Galicia e USO Galicia acordan manifestar publicamente o seu rexeitamento á proposta de reforma da Constitución española elaborada polos responsables dos grupos parlamentarios do PSOE e do PP, pedirlles aos deputados e senadores de todos os grupos parlamentarios que non a voten favorablemente e que, no caso de que a proposta fose aprobada, se convoque un referendo para a súa ratificación.

Na ultima gaceta sindical publicada http://www.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/1024793.pdf informamos deste rexeitamento, así como das movilizacións convocadas en todo o país por ambos sindicatos, xunto a numerosas organizacións sociais, para esixir a convocatoria dun referéndum.

En Coruña a concentración será o próximo martes 6 de setembro de 2011 ás 19:00 horas diante da Delegación do Goberno na Coruña.

Esperavosmos a todos.

A Sección Sindical de CCOO do Concello de Culleredo.

29/7/11

Tramitación declaración lesividade

O departamento de persoal informou o día 26 de xullo a Xunta de Persoal e ao Comite de Empresa do estado na tramitación do expediente da declaración de lesividade das bases do proceso consolidación. Os pasos realizados ate ao de agora na nova tramitación son os seguintes:

21/07/2011 – Ditame comisión informativa (Caducidade e inicio expediente)
22/07/2011 – Aprobación Xunta de Goberno Local (Caducidade e inicio expediente)

Seguiremos informando.

 





26/7/11

Convocatorias persoal funcionario Xunta de Galicia

PUBLICACIÓNS DOG, nº 142, DO DÍA 26 DE XULLO DE 2011
Persoal Funcionario Xunta de Galicia

a) Convocatorias procesos selectivos acceso corpos funcionarios xunta de Galicia

ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información.

b) Convocatoria concurso traslados servizos veterinarios oficiais xunta de Galicia.
ORDE do 22 de xullo de 2011 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

21/7/11

CONSTITUCIÓN MESA DE NEGOCIACIÓN XERAL 2011 E NEGOCIACIÓN DA NOVA RPT.

Onte, día 20 de xullo, ás 12:30 da maña, a Administración convocou aos sindicatos con unha representatividade mínima do 10% no ambito da administración local para a constitución da Mesa Xeral de Negociación. Durante esta primeira reunión acordouse formar a Mesa Xeral coa seguinte composición:

- UGT: 4 representantes + 1 asesor
- CCOO: 2 representantes + 1 asesor
- ADMINISTRACION . 4 representantes.

As outras seccións sindicais (CIG E CSIF) sen representatividade no Concello poderán acudir a mesa con 1 representante e un asesor cada unha. Presentouse e acreditouse un representante por parte de CIG e non acudiu ninguén pola parte do CSIF.

Unha vez constituida a Mesa, tivo lugar a primeira reunión da mesma cun único punto do orden do día consistente na presentación e aprobación da nova RPT fruto dos cambios organizativos orixinados a raíz do novo pacto de goberno tralas pasadas eleccións municipais. En todas as conversacións previas a esta reunión a Administración transmitiu que esta RPT únicamente ía recoller os movementos do persoal debido ás novas reestructuración das áreas.

Unha vez estudiada a proposta da nova RPT desde CCOO observamos que aparece un posto de nova creación, polo que entendemos e así manifestamos na mesa o seguinte:

1º.- Nas anteriores mesas acordouse por parte de sindicatos e Administración que, ante a situación económica existente e marcado pola prioridade do proceso de consolidación de emprego do persoal laboral, so se crearían aqueles postos imprescindibles, poñendo sempre como exemplo o caso da policia local cuio ratio ven marcado por Lei.

2º .- Que se modifica a RPT coa creación dun novo poposto, que na actualidade está cuberto por persoal suxeito a subvención e que se prorroga anualmente e nunca apareceu en ningunha RPT anterior, polo que non supón unha reorganización dos efectivos xa existentes a raíz da reestructuración das áreas, que entendemos era o obxecto desta reunión.

Se lle pregunta a Administración por que tendo coñecemento da existencia de máis postos que reúnen as mesmas condicións que o proposto, non se incorporan tamén a nova RPT. Ao que a Administración responde que a nivel organizativo eles deciden que postos precisan neste momento ou non, e que non consideran que os demais postos dos que falamos reúnan as mesmas condicións.

Ten lugar a votación para aprobación da RPT onde CIG se abstén , UGT manifestase a favor e CC.OO insiste, aparte do xa manifestado con anterioridade, na incorporación de todos os postos que se atopen na mesma situación que o proposto pola Administración.

Ante todo isto a Administración propón retirar o novo posto e valorar a sua incorporación en próximas mesas de negociación.

7/7/11

ELECCIONS SINDICAIS 2011 - RESULTADOS XUNTA DE PERSOAL E COMITE DE EMPRESA

Os resultados das eleccións sindicais do día 7 de Xullo de 2011 foron os seguintes:

Mesa de Funcionarios- Xunta de Persoal

Votos en branco -9
Votos nulos - 4
UGT – 52 votos
CCOO – 26 votos

A Xunta de Persoal queda formada da seguinte maneira:
UGT : 6 representantes
CCOO : 3 representantes


Mesa de Tecnicos e Administrativos - Comité de Empresa

Votos en branco -  0
Votos nulos - 0
UGT - 38 votos
CCOO - 14 votos

Mesa de Especialistas - Comité de Empresa  

Votos en branco - 2
Votos nulos - 0
UGT - 27 votos

O Comité de Empresa queda formado da seguinte maneira:

UGT : 4 representantes
CCOO : 1 representante
Agradecemos a vosa participación e felicitamos á candidatura de UGT polos seus resultados.

30/6/11

ELECCIONS SINDICAIS 7 DE XULLO - PROGRAMA ELECTORAL DE CCOO - FSC

Hai catro anos presentabamos unha candidatura con ganas de traballar, de presentar unha alternativa sobre todo transparente, algo que cremos ter conseguido a través da información publicada no noso blog ou enviada por correo electrónico. En canto a traballo tampouco faltou, nuns catro anos onde se conseguiron, en colaboración coas outras dous seccións sindicais, pechar temas tan importantes como o acordo negociado regulador, ou a tan esperada valoración, que aínda non chegou a ser o que todos esperabamos, ben e certo que se conseguiu regularizar os específicos eliminando diferenzas inexplicables entre postos de traballo similares. O Plan de Emprego pechaba a negociación, dentro de un gran acordo firmado o 1 de xullo de 2008, no que houberon iso si cousas que poderían ter sido mellores, nas que non estivemos de acordo pero nas que por conseguir un acordo que beneficiaba a maioría houbo que acabar cedendo, coa intención de corrixir os fallos en seguintes negociacións.

A guinda de todo ía a ser a Consolidación de Emprego, proceso no que as representantes do Comité de Empresa puxeron todo o seu empeño, ganas e ilusión, e que sufriron en primeira persoa cando tivo que ser suspendido para comezar a tramitación de anulabilidade, proceso que aínda non rematou e esixirá un seguimento e control para que non teña máis retrasos e que se execute dentro do marco legal establecido. Se ben puideron colaborar en conseguir outras melloras para o persoal laboral como regularizar os específicos segundo a valoración de postos ou a semana de antigüidade, ademais de cobrar os trienios, dereitos reservados ate entón soamente para funcionarios ou laborais fixos.

Pero os próximos catro anos van ser moi duros, a crise económica levou a unha crise social que deixa o peso da mesma ao traballador, restando por sistema dereitos adquiridos durante anos. Agora máis que nunca, o papel dos sindicatos é fundamental. O clima de colaboración con outros sindicatos acadado estes últimos catro anos será moi importante cara o futuro que ven.

Por elo voltamonos a presentar coa mesma ilusión e con xente renovada, con unha lista de funcionarios con xente da maioría das areas, aínda que sempre representamos a todos, non a uns poucos. E isto se ve reflexado nas nosas propostas cara os próximos catro anos, polas que loitaremos dende xa mesmo:

  • Negociación de un novo convenio único para funcionarios e laborais, coas mesmas condicións de traballo, horarios, e axudas de acción social, con un único fondo común para todo o persoal do concello.
  • Minimizar as xornadas especiais e partidas, deixando estas para casos moi xustificados. Revisar a valoración para que estes casos se vexan compensados economicamente.
  • Regularizar os niveis de postos que quedaron pendentes de revisar no acordo anterior.
  • Promover a promoción horizontal e vertical.

Todo elo coa mesma política de transparencia cara o traballador, sen deixar de informar a través do noso blog : ccoo-culleredo.blogspot.com , Ou por correo electrónico en: ccoo.concello.culleredo@gmail.com 
 
7 DE XULLO DE 2011

ELECCIÓNS A XUNTA DE PERSOAL
SALON DE PLENOS DO CONCELLO

ELECCIÓNS AO COMITÉ DE EMPRESA
EDIFICIO DE SERVIZOS MULTIPLES

HORARIO DE 9 A 16
 

ELECCIONS SINDICAIS 7 DE XULLO - VOTA COMISIÓNS OBREIRAS - PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA


COLEXIO DE FUNCIONARIOS – XUNTA DE PERSOAL

  1. Fernández Ríos, Carmen María
  2. Vázquez Gil, Fernando
  3. Lema Grela, Fernando Roberto
  4. Garcia Uzal, Sandra
  5. Rilo Cañas, Milagros
  6. Blanco Varela, Elena
  7. Mateos Aguirre, María Gloria
  8. Suarez Ruiz, Julio Cesar
  9. Veira Baldomir, Carmen María
  10. Varela Suarez, Angela

COLEXIO DE TECNICOS E ADMINISTRATIVOS – COMITÉ DE EMPRESA


  1. De Santiago Pérez, María José
  2. Vilar Martínez, María del Pilar
  3. Nuñez Rodríguez, Delfina
  4. Castiñeiras Rodríguez, María Jesús
  5. Freire Zabalza, Amaya


7 DE XULLO DE 2011

ELECCIÓNS A XUNTA DE PERSOAL
SALON DE PLENOS DO CONCELLO

ELECCIÓNS AO COMITÉ DE EMPRESA
EDIFICIO DE SERVIZOS MULTIPLES

HORARIO DE 9 A 16

28/6/11

ESCRITO DIRIXIDO A ADMINISTRACIÓN SOLICITANDO VARIOS TEMAS

Dende a sección sindical de Comisións Obreiras do Concello de Culleredo queremos solicitar tratar os seguintes temas en reunión paritaria:

1- Engadir dous asuntos propios de forma extraordinaria os anos nos que coincidan en sábado, festivo ou día non laborable tanto o día 24 de decembro (Noiteboa), coma o día 31 de decembro (Fin de ano), tal e como aplica a Administración Xeral do Estado na Orde APU/1818/2005, de 15 de xuño:

Esto estase a aplicar en numerosas administracións públicas de Galicia a partir de negociación paritaria, como a Deputación da Coruña, e Concellos como os de A Coruña. Particularmente no Concello de Culleredo entendemos que sería moi importante a sua aplicación para conseguir que a semana de Nadal non deixase de ser “semana”, sobre todo en anos onde os festivos de Nadal coincidan en fin de semana.

2- Urxir a administración a axilizar a revisión médica anual obrigatoria por lei.

3- Dado sobre todo á tardanza en estas revisións, o persoal do Concello esta a ter que realizar as suas propias revisións pola sua conta, coa perda de productividade correspondente. Por elo queremos solicitar que as visitas médicas en horario fixo de presenza deixen de conlevar a perda de productividade sempre que estas sexan recuperadas en horario flexible.

3- Modificación do acordo negociado en canto a xustificación de horas extraordinarias en días de descanso igual que en dias festivos, ao existir xurisprudencia ao respecto.


A Sección Sindical de Comisións Obreiras do Concello de Culleredo

26/5/11

ELECCIONS SINDICAIS - 7 DE XULLO DE 2011

Hoxe, 26 de maio, constituíronse as 3 mesas electorais para as próximas eleccións sindicais, unha por funcionarios, outra por laborais técnicos e outra por laborais especialistas. Estos eran os encargados de establecer o calendario electoral e marcar o día de eleccións sindicais.

Para establecer a data das eleccións sindicais presentáronse propostas de tres sindicatos. Tanto dende Comisións como de Ciga falábase de establecer datas dentro do mes de xuño, fóra do periodo vacacional habitual dos traballadores. O sindicato Uxt insistiu en poñer a data o 7 de xullo, a cal foi elexida despois de ser levada a votación entre os membros das mesas electorais.

Dado que probablemente moitos de vos estaredes de vacacións na mencionada data, en poucos días poremos a vosa disposición toda a información de como se pode realizar o dereito ao voto por correo. Estaremos dispoñibles para resolver calquera dúbida ao respecto.

A Sección Sindical de Comisións Obreiras.

3/3/11

Cursos de Formación do Plan de Formación Agrupado da Deputación de A Coruña - 2011

Dende o servizo de Persoal, comunican que saíron os cursos do Plan de formación agrupado 2011 da Deputación.

O prazo para presentar as solicitudes de asistencia a estos cursos remata o 15 de marzo de 2011, se ben deben remitirse ao servizo de persoal antes do venres 11 de marzo para a súa tramitación.

A relación de cursos e a solicitude poderá consultarse na páxina web da diputación http://www.dicoruna.es/formacion/2011

No caso de que algunhas das accións formativas coincidan coa xornada laboral deberá terse en conta o establecido nos artigos 33 do acordo regulador das condicións de traballlo dos funcionarios do Concello de Culleredo e  no XXXV do Convenio Colectivo do Concello de Culleredo.

5/2/11

Acordo sobre a reforma das pensións

No seguinte enlace poderedes consultar os puntos importantes sobre o recente acordo acadado en relación a reforma das pensións. Serviravos para entender en que consiste o novo sistema de pensións.

http://www.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/774894.pdf

10/1/11

TABOA DE RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL FUNCIONARIO PARA O 2011


PERSOAL FUNCIONARIO
Todalas admón..
SALARIO DOCE MENSUALIDADES
SALARIO DUAS
PAGAS EXTRAS
TOTAL
ANUAL
Sen trienios
SOLDO TRIENIOS SOLDO TRIENIOS
GRUPO A1 1.109,05 42,65 684,36 26,31 14.677,32
GRUPO A2 958,98 34,77 699,38 25,35 12.906,52
GRUPO B 838,27 30,52 724,50 26,38 11.508,24
GRUPO C1 720,02 26,31 622,30 22,73 9.884,84
GRUPO C2 599,25 17,90 593,79 17,73 8.378,58
Agrupacións Profesionais 548,47 13,47 548,47 13,47 7.678,58



COMPLEMENTO DE DESTINO
NIVEIS
Admón. Estado
CUANTÍA
CATORCE PAGAS
COMPLEMENTO DE
DESTINO
NIVEIS
Admón. Estado
CUANTÍA
CATORCE PAGAS
Mes ou
Extra
Anual
Mes ou
Extra
Anual
30
968,75
13.562,50
19
417,25
5.841,50
29
868,93 12.165,02 18 394,79 5.527,06
28 832,40 11.653,60 17 372,33 5.212,62
27 795,85 11.141,90 16 349,93 4.899,02
26 698,20 9.774,80 15 327,44 4.584,16
25 619,47 8.672,58 14 305,01 4.270,14
24 582,92 8.160,88 13 282,53 3.955.42
23 546,41 7.649,74 12 260,07 3.640,98
22 509,84 7.137,76 11 237,62 3.326,68
21 473,35 6.626,90 10 215,19 3.012,66
20 439,70 6.155,80 9 203,97 2.855,58


O importe do complemento específico, que se percibirán nas catorce pagas, é o determinado tras a reducción aplicada o ano pasado.

Cursos formación a distancia 2011. CCOO

No seguinte enlace poderánse consultar os de formación a distancia para o ano 2011.
 
 
O PRAZO DE INSCRIPCIÓN INICIOUSE O PASADO 2 DE XANEIRO E REMATARÁ O VINDEIRO 28 DE XANEIRO.