Hoxe, 26 de maio, constituíronse as 3 mesas electorais para as próximas eleccións sindicais, unha por funcionarios, outra por laborais técnicos e outra por laborais especialistas. Estos eran os encargados de establecer o calendario electoral e marcar o día de eleccións sindicais.
Para establecer a data das eleccións sindicais presentáronse propostas de tres sindicatos. Tanto dende Comisións como de Ciga falábase de establecer datas dentro do mes de xuño, fóra do periodo vacacional habitual dos traballadores. O sindicato Uxt insistiu en poñer a data o 7 de xullo, a cal foi elexida despois de ser levada a votación entre os membros das mesas electorais.
Dado que probablemente moitos de vos estaredes de vacacións na mencionada data, en poucos días poremos a vosa disposición toda a información de como se pode realizar o dereito ao voto por correo. Estaremos dispoñibles para resolver calquera dúbida ao respecto.
A Sección Sindical de Comisións Obreiras.