30/6/11

ELECCIONS SINDICAIS 7 DE XULLO - PROGRAMA ELECTORAL DE CCOO - FSC

Hai catro anos presentabamos unha candidatura con ganas de traballar, de presentar unha alternativa sobre todo transparente, algo que cremos ter conseguido a través da información publicada no noso blog ou enviada por correo electrónico. En canto a traballo tampouco faltou, nuns catro anos onde se conseguiron, en colaboración coas outras dous seccións sindicais, pechar temas tan importantes como o acordo negociado regulador, ou a tan esperada valoración, que aínda non chegou a ser o que todos esperabamos, ben e certo que se conseguiu regularizar os específicos eliminando diferenzas inexplicables entre postos de traballo similares. O Plan de Emprego pechaba a negociación, dentro de un gran acordo firmado o 1 de xullo de 2008, no que houberon iso si cousas que poderían ter sido mellores, nas que non estivemos de acordo pero nas que por conseguir un acordo que beneficiaba a maioría houbo que acabar cedendo, coa intención de corrixir os fallos en seguintes negociacións.

A guinda de todo ía a ser a Consolidación de Emprego, proceso no que as representantes do Comité de Empresa puxeron todo o seu empeño, ganas e ilusión, e que sufriron en primeira persoa cando tivo que ser suspendido para comezar a tramitación de anulabilidade, proceso que aínda non rematou e esixirá un seguimento e control para que non teña máis retrasos e que se execute dentro do marco legal establecido. Se ben puideron colaborar en conseguir outras melloras para o persoal laboral como regularizar os específicos segundo a valoración de postos ou a semana de antigüidade, ademais de cobrar os trienios, dereitos reservados ate entón soamente para funcionarios ou laborais fixos.

Pero os próximos catro anos van ser moi duros, a crise económica levou a unha crise social que deixa o peso da mesma ao traballador, restando por sistema dereitos adquiridos durante anos. Agora máis que nunca, o papel dos sindicatos é fundamental. O clima de colaboración con outros sindicatos acadado estes últimos catro anos será moi importante cara o futuro que ven.

Por elo voltamonos a presentar coa mesma ilusión e con xente renovada, con unha lista de funcionarios con xente da maioría das areas, aínda que sempre representamos a todos, non a uns poucos. E isto se ve reflexado nas nosas propostas cara os próximos catro anos, polas que loitaremos dende xa mesmo:

  • Negociación de un novo convenio único para funcionarios e laborais, coas mesmas condicións de traballo, horarios, e axudas de acción social, con un único fondo común para todo o persoal do concello.
  • Minimizar as xornadas especiais e partidas, deixando estas para casos moi xustificados. Revisar a valoración para que estes casos se vexan compensados economicamente.
  • Regularizar os niveis de postos que quedaron pendentes de revisar no acordo anterior.
  • Promover a promoción horizontal e vertical.

Todo elo coa mesma política de transparencia cara o traballador, sen deixar de informar a través do noso blog : ccoo-culleredo.blogspot.com , Ou por correo electrónico en: ccoo.concello.culleredo@gmail.com 
 
7 DE XULLO DE 2011

ELECCIÓNS A XUNTA DE PERSOAL
SALON DE PLENOS DO CONCELLO

ELECCIÓNS AO COMITÉ DE EMPRESA
EDIFICIO DE SERVIZOS MULTIPLES

HORARIO DE 9 A 16
 

No hay comentarios.: