28/6/11

ESCRITO DIRIXIDO A ADMINISTRACIÓN SOLICITANDO VARIOS TEMAS

Dende a sección sindical de Comisións Obreiras do Concello de Culleredo queremos solicitar tratar os seguintes temas en reunión paritaria:

1- Engadir dous asuntos propios de forma extraordinaria os anos nos que coincidan en sábado, festivo ou día non laborable tanto o día 24 de decembro (Noiteboa), coma o día 31 de decembro (Fin de ano), tal e como aplica a Administración Xeral do Estado na Orde APU/1818/2005, de 15 de xuño:

Esto estase a aplicar en numerosas administracións públicas de Galicia a partir de negociación paritaria, como a Deputación da Coruña, e Concellos como os de A Coruña. Particularmente no Concello de Culleredo entendemos que sería moi importante a sua aplicación para conseguir que a semana de Nadal non deixase de ser “semana”, sobre todo en anos onde os festivos de Nadal coincidan en fin de semana.

2- Urxir a administración a axilizar a revisión médica anual obrigatoria por lei.

3- Dado sobre todo á tardanza en estas revisións, o persoal do Concello esta a ter que realizar as suas propias revisións pola sua conta, coa perda de productividade correspondente. Por elo queremos solicitar que as visitas médicas en horario fixo de presenza deixen de conlevar a perda de productividade sempre que estas sexan recuperadas en horario flexible.

3- Modificación do acordo negociado en canto a xustificación de horas extraordinarias en días de descanso igual que en dias festivos, ao existir xurisprudencia ao respecto.


A Sección Sindical de Comisións Obreiras do Concello de Culleredo

No hay comentarios.: