21/7/11

CONSTITUCIÓN MESA DE NEGOCIACIÓN XERAL 2011 E NEGOCIACIÓN DA NOVA RPT.

Onte, día 20 de xullo, ás 12:30 da maña, a Administración convocou aos sindicatos con unha representatividade mínima do 10% no ambito da administración local para a constitución da Mesa Xeral de Negociación. Durante esta primeira reunión acordouse formar a Mesa Xeral coa seguinte composición:

- UGT: 4 representantes + 1 asesor
- CCOO: 2 representantes + 1 asesor
- ADMINISTRACION . 4 representantes.

As outras seccións sindicais (CIG E CSIF) sen representatividade no Concello poderán acudir a mesa con 1 representante e un asesor cada unha. Presentouse e acreditouse un representante por parte de CIG e non acudiu ninguén pola parte do CSIF.

Unha vez constituida a Mesa, tivo lugar a primeira reunión da mesma cun único punto do orden do día consistente na presentación e aprobación da nova RPT fruto dos cambios organizativos orixinados a raíz do novo pacto de goberno tralas pasadas eleccións municipais. En todas as conversacións previas a esta reunión a Administración transmitiu que esta RPT únicamente ía recoller os movementos do persoal debido ás novas reestructuración das áreas.

Unha vez estudiada a proposta da nova RPT desde CCOO observamos que aparece un posto de nova creación, polo que entendemos e así manifestamos na mesa o seguinte:

1º.- Nas anteriores mesas acordouse por parte de sindicatos e Administración que, ante a situación económica existente e marcado pola prioridade do proceso de consolidación de emprego do persoal laboral, so se crearían aqueles postos imprescindibles, poñendo sempre como exemplo o caso da policia local cuio ratio ven marcado por Lei.

2º .- Que se modifica a RPT coa creación dun novo poposto, que na actualidade está cuberto por persoal suxeito a subvención e que se prorroga anualmente e nunca apareceu en ningunha RPT anterior, polo que non supón unha reorganización dos efectivos xa existentes a raíz da reestructuración das áreas, que entendemos era o obxecto desta reunión.

Se lle pregunta a Administración por que tendo coñecemento da existencia de máis postos que reúnen as mesmas condicións que o proposto, non se incorporan tamén a nova RPT. Ao que a Administración responde que a nivel organizativo eles deciden que postos precisan neste momento ou non, e que non consideran que os demais postos dos que falamos reúnan as mesmas condicións.

Ten lugar a votación para aprobación da RPT onde CIG se abstén , UGT manifestase a favor e CC.OO insiste, aparte do xa manifestado con anterioridade, na incorporación de todos os postos que se atopen na mesma situación que o proposto pola Administración.

Ante todo isto a Administración propón retirar o novo posto e valorar a sua incorporación en próximas mesas de negociación.

No hay comentarios.: