UGT-Galicia, o S. N. de CCOO de Galicia e USO Galicia acordan manifestar publicamente o seu rexeitamento á proposta de reforma da Constitución española elaborada polos responsables dos grupos parlamentarios do PSOE e do PP, pedirlles aos deputados e senadores de todos os grupos parlamentarios que non a voten favorablemente e que, no caso de que a proposta fose aprobada, se convoque un referendo para a súa ratificación.
Na ultima gaceta sindical publicada http://www.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/1024793.pdf informamos deste rexeitamento, así como das movilizacións convocadas en todo o país por ambos sindicatos, xunto a numerosas organizacións sociais, para esixir a convocatoria dun referéndum.
En Coruña a concentración será o próximo martes 6 de setembro de 2011 ás 19:00 horas diante da Delegación do Goberno na Coruña.
Esperavosmos a todos.
A Sección Sindical de CCOO do Concello de Culleredo.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario