Poño no seu coñecemento que estamos a realizar un estudo das necesidades de formación para decidir os cursos que imos incluír no Plan de formación agrupado 2012 que promove a Deputación da Coruña, dirixido ao persoal da deputación e demais entidades locais da provincia, polo que solicitamos a súa colaboración.
Calquera persoa pode solicitar a realización de cursos o vindeiro ano, para iso, só ten que cubrir a ficha individual de necesidades de formación (debe encher unha folla por curso) que pode descargar picando na seguinte ligazón DESCARGAR e entregala ao seu xefe/a de servizo ou persoa responsable do departamento, que se encargará de achegar todas as solicitudes á Sección de Formación.
A maioría dos cursos que realizaremos no vindeiro ano virán deste estudo, polo que a súa participación é moi importante.
O prazo para entregar as solicitudes remata o 22 de novembro.
DEPUTACIÓN DA CORUÑA - SECCIÓN DE FORMACIÓN
Alférez Provisional, 2
15006 A Coruña
Tel.- 981 080 385
Tel.- 981 080 385
No hay comentarios.:
Publicar un comentario