29/7/11

Tramitación declaración lesividade

O departamento de persoal informou o día 26 de xullo a Xunta de Persoal e ao Comite de Empresa do estado na tramitación do expediente da declaración de lesividade das bases do proceso consolidación. Os pasos realizados ate ao de agora na nova tramitación son os seguintes:

21/07/2011 – Ditame comisión informativa (Caducidade e inicio expediente)
22/07/2011 – Aprobación Xunta de Goberno Local (Caducidade e inicio expediente)

Seguiremos informando.

 





26/7/11

Convocatorias persoal funcionario Xunta de Galicia

PUBLICACIÓNS DOG, nº 142, DO DÍA 26 DE XULLO DE 2011
Persoal Funcionario Xunta de Galicia

a) Convocatorias procesos selectivos acceso corpos funcionarios xunta de Galicia

ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
ORDE do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información.

b) Convocatoria concurso traslados servizos veterinarios oficiais xunta de Galicia.
ORDE do 22 de xullo de 2011 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

21/7/11

CONSTITUCIÓN MESA DE NEGOCIACIÓN XERAL 2011 E NEGOCIACIÓN DA NOVA RPT.

Onte, día 20 de xullo, ás 12:30 da maña, a Administración convocou aos sindicatos con unha representatividade mínima do 10% no ambito da administración local para a constitución da Mesa Xeral de Negociación. Durante esta primeira reunión acordouse formar a Mesa Xeral coa seguinte composición:

- UGT: 4 representantes + 1 asesor
- CCOO: 2 representantes + 1 asesor
- ADMINISTRACION . 4 representantes.

As outras seccións sindicais (CIG E CSIF) sen representatividade no Concello poderán acudir a mesa con 1 representante e un asesor cada unha. Presentouse e acreditouse un representante por parte de CIG e non acudiu ninguén pola parte do CSIF.

Unha vez constituida a Mesa, tivo lugar a primeira reunión da mesma cun único punto do orden do día consistente na presentación e aprobación da nova RPT fruto dos cambios organizativos orixinados a raíz do novo pacto de goberno tralas pasadas eleccións municipais. En todas as conversacións previas a esta reunión a Administración transmitiu que esta RPT únicamente ía recoller os movementos do persoal debido ás novas reestructuración das áreas.

Unha vez estudiada a proposta da nova RPT desde CCOO observamos que aparece un posto de nova creación, polo que entendemos e así manifestamos na mesa o seguinte:

1º.- Nas anteriores mesas acordouse por parte de sindicatos e Administración que, ante a situación económica existente e marcado pola prioridade do proceso de consolidación de emprego do persoal laboral, so se crearían aqueles postos imprescindibles, poñendo sempre como exemplo o caso da policia local cuio ratio ven marcado por Lei.

2º .- Que se modifica a RPT coa creación dun novo poposto, que na actualidade está cuberto por persoal suxeito a subvención e que se prorroga anualmente e nunca apareceu en ningunha RPT anterior, polo que non supón unha reorganización dos efectivos xa existentes a raíz da reestructuración das áreas, que entendemos era o obxecto desta reunión.

Se lle pregunta a Administración por que tendo coñecemento da existencia de máis postos que reúnen as mesmas condicións que o proposto, non se incorporan tamén a nova RPT. Ao que a Administración responde que a nivel organizativo eles deciden que postos precisan neste momento ou non, e que non consideran que os demais postos dos que falamos reúnan as mesmas condicións.

Ten lugar a votación para aprobación da RPT onde CIG se abstén , UGT manifestase a favor e CC.OO insiste, aparte do xa manifestado con anterioridade, na incorporación de todos os postos que se atopen na mesma situación que o proposto pola Administración.

Ante todo isto a Administración propón retirar o novo posto e valorar a sua incorporación en próximas mesas de negociación.

7/7/11

ELECCIONS SINDICAIS 2011 - RESULTADOS XUNTA DE PERSOAL E COMITE DE EMPRESA

Os resultados das eleccións sindicais do día 7 de Xullo de 2011 foron os seguintes:

Mesa de Funcionarios- Xunta de Persoal

Votos en branco -9
Votos nulos - 4
UGT – 52 votos
CCOO – 26 votos

A Xunta de Persoal queda formada da seguinte maneira:
UGT : 6 representantes
CCOO : 3 representantes


Mesa de Tecnicos e Administrativos - Comité de Empresa

Votos en branco -  0
Votos nulos - 0
UGT - 38 votos
CCOO - 14 votos

Mesa de Especialistas - Comité de Empresa  

Votos en branco - 2
Votos nulos - 0
UGT - 27 votos

O Comité de Empresa queda formado da seguinte maneira:

UGT : 4 representantes
CCOO : 1 representante
Agradecemos a vosa participación e felicitamos á candidatura de UGT polos seus resultados.