Mediante esta comunicación facémosche chegar un número especial da publicación Galicia Sindical. A ligazón para consulta directa da publicación é esta (http://www.galicia.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/1169452.pdf). Lembra que podes consultar os exemplares anteriores da publicación na hemeroteca do Galicia Sindical: http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/menu.do?Informacion:Publicacions_e_Documentos:Publicacions_periodicas:13725
Este número especial está centrado na reforma laboral imposta polo Goberno do Partido Popular. Esta reforma non só non vai crear emprego, senón que vai favorecer a súa destrución. Desprotexe os traballadores e as traballadoras e favorece un maior poder discrecional das empresas. Ademais, vai condenar definitivamente a mocidade ao desemprego ou á infracontratación e penaliza as persoas desempregadas sen prestacións nas súas posibilidades de contratación.
Por este motivo, CCOO, conxuntamente con UGT, convocamos mobilizacións en todo estado para o próximo domingo, día 19 de febreiro. Indicámosche a continuación as que están previstas en Galicia:
— A Coruña: praza da Palloza, 12h
— Ferrol: praza do Inferniño, 12h
— Santiago de Compostela: Alameda, 12h
— Lugo: edificio sindical, 12:30
— Burela: praza do Concello, 12:30
— Ourense: pavillón dos Remedios, 12h
— Pontevedra: praza da Ferrería, 12h
— Vilagarcía de Arousa: avda. da Mariña, 12h
— Vigo: cruzamento Vía Norte con Urzáiz, 12h
No hay comentarios.:
Publicar un comentario