13/3/13

Información sobre a situación actual da negociación do convenio colectivo / acordo negociado

Como xa saberedes, os últimos meses se levou a cabo a negociación do novo Acordo Negociado e Convenio Colectivo para adaptalo aos novos cambios lexislativos. As negociacións leváronse a cabo coa cooperación de ambas partes (administración e sindicatos) para axilizar o máximo posible a creación do novo documento, a través dun calendario de negociacións e condicións que en todo momento estableceu a administración, e que foron aceptadas pola nosa parte.

Tras varias reunións da Mesa Xeral, con representación tanto de funcionarios como laborais, e da Comisión negociadora do Convenio Colectivo, con representación do Comité de Empresa, chegouse a un documento onde soamente faltaban algúns flecos que pechar, para o cal a administración pediu unha proposta definitiva por escrito dos sindicatos. Así que tanto Comisións Obreiras coma UXT fixemos unha proposta conxunta cos detalles que críamos debían ser correxidos en base ao falado en diferentes mesas de negociación.

Ante esta proposta, a administración o mércores pasado enviounos un documento que cree debe ser o definitivo, onde non soamente se limita a pechar os cambios propostos, senon que fai un cambio sustancial pola sua parte nunha parte do convenio, e esixe que esta sexa aceptada polos sindicatos no prazo de unha semana. De non ser así limitaranse a adaptar o actual convenio aos cambios lexislativos actuais, sen establecer, por suposto, ningunha mellora das propostas no mesmo.

Dende Comisións Obreiras estamos dispostos a negociar tanto na Mesa Xeral como a través da Comisión negociadora do Convenio Colectivo, lugar onde cremos debe darse resposta, coma sempre se deu, ás propostas da administración, e onde negociaremos o que creamos favoreza a o conxunto total dos traballadores, como sempre fixemos, dentro dunha coherencia coas propostas feitas ate o de agora.

O que non estamos de acordo é a pechar un documento tan importante de novo a través doutro escrito, e nesa liña foi a nosa resposta definitiva a ese escrito da administración, sen negarnos ou non a firmar o documento, senon a aclarar tanto o motivo das alegacións feitas na ultima proposta sindical, como a solicitar unha nova mesa onde se poida negociar e pechar definitivamente a negociación, nun sentido ou noutro.
 
Calquera que queira saber o contido do mencionado documento soamente ten que poñerse en contacto con calquer delegado desta sección sindical, así como para facer calquera proposta ou comentario.


Fdo. A Sección Sindical de Comisións Obreiras

No hay comentarios.: