2/4/13

Postura de CCOO en relación ao Acordo Negociado / Convenio Colectivo

Como, seguramente xa estades informados, estes últimos meses estivemos negociando tanto o novo Acordo Negociado para funcionarios como o Convenio Colectivo para persoal laboral deste concello, coa intención por parte de todos de obter un texto único que igualase as condicións para todo o persoal, con independencia de tratarse de persoal laboral ou funcionario. CCOO como sindicato con representación neste concello, estivo participando activamente no mencionado proceso, coa intención e gañas de asinar un documento que favorecera por igual ao conxunto total de traballadores.

De feito, dende o primeiro día esa foi a nosa premisa, e manifestamos en todo momento cales eran os puntos que entendíamos non podíamos aceptar por crear desigualdades inxustas entre traballadores, e neste aspecto nas mesas traballouse con documentos onde esas diferenzas ían desaparecendo, ate que a negociación deu un paso cara atrás, e as desigualdades volveron a aparecer.

Dada imposibilidade de dar marcha atrás a negociación neste aspecto, a única forma pola que críamos que podíamos, xa non equiparar, pero sí alomenos compensar a balanza, era a través do establecemento dun computo horario anual, en lugar de semanal, para todos os traballadores, e non soamente para certo colectivo como se redactou na proposta definitiva. Dada a negativa final a esta opción, a pesar de ter sida en conta nun primeiro intre na mesa, non tivemos outra alternativa que amosar a nosa negativa a asinar un convenio que pode resultar beneficiosa para a maioría dos traballadores, pero que reflecte por escrito unhas diferenzas que a nós, como representantes sindicales de CCOO do concello de Culleredo non estamos dispostos a aceptar.

En calquera caso, e a pesares disto, tanto o Acordo Negociado como o Convenio Colectivo foron asinados con data de 21 de marzo, únicamente entre a administración e o sindicato UGT.