2/12/14

INFORMACIÓN SOBRE AS NOTAS DE PRENSA ENVIADAS DE FORMA CONXUNTA POLOS SINDICATOS MAIORITARIOS DO CONCELLO DE CULLEREDO

Dende Comisións Obreiras queremosvos informar do contido explícito das notas de prensa, para evitar calqueira duda en relación ao publicado polos diferentes medios en relación as mesmas.

Tamén queremos aclarar que a actual Xunta de Persoal estaba formada orixinalmente por 5 membros de UXT e 3 de comisión obreiras, non 2 como di a noticia publicada pola opinión da Coruña.

Nota de prensa enviada o día 26 de Novembro:

"UGT y CCOO del Concello de Culleredo, denuncian la falta de voluntad negociadora que ha mantenido la Corporación cullerdense en lo relativo a la negociación de la RPT con los sindicatos durante todo el 2014. Esta ausencia de voluntad llega a su límite con la intención que tiene el gobierno municipal de aprobar, en el Pleno del jueves 27 de noviembre, el cuadro de personal con cambios sustanciales en la RPT,  que no han sido tratados previamente en la mesa de negociación, lo que dará lugar a las correspondientes acciones sindicales y/o judiciales."


Nota de prensa enviada o día 1 de Decembro:

"UGT y CCOO Culleredo quieren desmentir las declaraciones realizadas por el Señor alcalde,  Julio Sacristán de Diego, tanto en prensa como en el  pleno del 27 de noviembre, en las que dio  a entender que sí tuvo voluntad de negociar las modificaciones de la RPT antes de la aprobación del cuadro de personal, pues convocó a las secciones sindicales a una reunión para ese fin, y que los sindicatos no acudieron a tal reunión.  Ante estas afirmaciones, debemos aclarar que se convocó a la Junta de personal y al Comité de empresa a una reunión con el fin de dar cuenta del expediente del Presupuesto para el 2015. En primer lugar, ni la Junta de personal, ni el Comité de empresa son los órganos competentes para la negociación, sino la Mesa de negociación. En segundo lugar, el carácter de la reunión era meramente informativo como se desprende del texto de la convocatoria."


27/11/14

Nota de prensa en relación a aprobación dos orzamentos do Concello de Culleredo do ano 2015

Queremos aclarar dende Comisións Obreiras do Concello de Culleredo que a reunión a que se refiren non era una Mesa Xeral de Negociación, que é o mecanismo legal para negociar unha RPT cos Sindicatos, senon unha convocatoria de reunión "informativa" a Xunta de Persoal e o Comite de Empresa en relación aos orzamentos que se levarán hoxe ao pleno. Ante a certeza de que irian cambios non negociados, dende a Xunta e o Comite decidiuse non aparecer na mesma, anunciandoo previamente.




24/11/14

INFORMACION DA XUNTA E O COMITE DE EMPRESE EN RELACIÓN A PRÓXIMA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS DO ANO 2015

A XUNTA DE PERSOAL E O COMITE DE EMPRESA INFORMAN:

  • Que con data 20 de novembro de 2015 o señor Alcalde-Presidente convocou á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa para unha reunión informativa sobre os orzamentos do ano 2015. Ante a falta de documentación, ésta se solicita ao servizo de persoal.

  • Con data 21 de novembro ás 10:28 se nos remite o cadro de persoal e as bases de execución do orzamento de persoal que se levará a aprobación no próximo pleno do día 27 de novembro.

  • Neste cadro de persoal decatámonos que hai cambios sustanciais que obrigan a unha negociación da RPT previa, que non ocorreu en ningún momento. Ademáis da creación e dotación de prazas, xusto cando non se pode facer teóricamente, se rebaixa a dotación de acción social en 3.600€, e o incremento salarial e de 0%.

  • Ante as primeiras protestas o mesmo día as 14:49 achegasenos a relación de postos de traballo con consignación orzamentaria, o que nos leva a ver máis cambios que levan asociada unha modificación da RPT que non foi negociada en ningún momento.

  • En consecuencia A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa acorda non presentarse a esta reunión, ante a falta de intención negociadora da Administración, decisión que se comunica ao Xefe de Persoal antes da reunión.

Por todos estos motivos solicitamos a administración que non leve a aprobación este cadro de persoal ate que sexa negociado cos representantes sindicais


Culleredo, 24 de Novembro de 2014

Asdo/ Xunta de Persoal                             Asdo/ Comité de Empresa

20/11/14

Domingo, 23 de novembro, manifestacións contra a 'lei mordaza'


Após as concentracións da pasada semana, a Alianza Social Galega convoca novas mobilizacións contra a reforma da lei de seguridade cidadá, a lei mordaza coa que o PP pretende silenciar a cidadanía e a protesta social.

Por esta razón, o próximo domingo, día 23 de novembro, haberá manifestacións en toda Galicia.

Tes máis información na seguinte ligazón (http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/Informacion:Campanas:734680--Manifestacions_da_ASOGA_contra_a_Lei_de_seguridade_cidada,_a_lei_mordaza).

Fai oír a túa voz. Participa!

18/11/14

OPE ESPECIALIDADE AXENTES FACENDA PÚBLICA - MINISTERIO FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

- NOTA INFORMATIVA, na que se da conta da OPE do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, pola que se convocan 21 prazas de Administrativo (especialidade de Facenda Pública) polo sistema de acceso libre, publicada no BOE de 14 de novembro de 2014.


O prazo de presentación de solicitudes remata o día 4 de decembro.




Mobilizacións contra a Lei de Seguridade Cidadá

Hai unha campaña en contra da nova Lei de Seguridade Cidadan, en trámite parlamentario. En protesta contra os cambios que se pretenden na mesma, imos realizar dous actos en A Coruña, e no resto de cidades galegas:
Xoves, 13 de novembro, as 20 h. nos Cantóns, concentración silenciosa diante da sede do PP.
Domingo, 23 de novembro, as 12, h. na Praza de Pontevedra, manifestación.
Agardamosvos

Recollida sinaturas en apoio dos compañeiros e compañeiras de Lantero





Únete á loita dos traballadores e traballadoras de LANTERO

Apoia esta loita e asina esta petición.

Folga en Lantero

Folga en Lantero

Porque está en xogo o futuro dos traballadores e traballadoras de Lantero de toda Galicia. Apoiándose na última reforma laboral, pretenden despedir a 12 persoas e precarizar as condicións laborais de outras 22 con horarios e traballo abusivos e recortes salariais, quedando o resto (100 persoas) con una rebaixa salarial do 30%, todo isto con una situación de carga de traballo en aumento, con 20 ETTs contratados por exceso de produción; queren aproveitar a crise para aumentar aínda máis os seus beneficios, a costa do traballador. O noso lema é "Ou todos ou ningún"


Enlace recollida sinaturas.





Curso en relaciones laborales

NOVAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


VI Curso superior de formación do técnico da Administración local (http://egap.xunta.es/fichanova/id/1955)
Curso práctico sobre eficiencia enerxética en infraestruturas municipais (http://egap.xunta.es/fichanova/id/1953)
Curso de formación sobre a función consultiva: O Consello Consultivo de Galicia
(http://egap.xunta.es/fichanova/id/1957)