27/11/14
Nota de prensa en relación a aprobación dos orzamentos do Concello de Culleredo do ano 2015
24/11/14
INFORMACION DA XUNTA E O COMITE DE EMPRESE EN RELACIÓN A PRÓXIMA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS DO ANO 2015
A XUNTA DE PERSOAL E O COMITE DE EMPRESA INFORMAN:
Que con data 20 de novembro de 2015 o señor Alcalde-Presidente convocou á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa para unha reunión informativa sobre os orzamentos do ano 2015. Ante a falta de documentación, ésta se solicita ao servizo de persoal.
Con data 21 de novembro ás 10:28 se nos remite o cadro de persoal e as bases de execución do orzamento de persoal que se levará a aprobación no próximo pleno do día 27 de novembro.
Neste cadro de persoal decatámonos que hai cambios sustanciais que obrigan a unha negociación da RPT previa, que non ocorreu en ningún momento. Ademáis da creación e dotación de prazas, xusto cando non se pode facer teóricamente, se rebaixa a dotación de acción social en 3.600€, e o incremento salarial e de 0%.
Ante as primeiras protestas o mesmo día as 14:49 achegasenos a relación de postos de traballo con consignación orzamentaria, o que nos leva a ver máis cambios que levan asociada unha modificación da RPT que non foi negociada en ningún momento.
En consecuencia A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa acorda non presentarse a esta reunión, ante a falta de intención negociadora da Administración, decisión que se comunica ao Xefe de Persoal antes da reunión.
Por todos estos motivos solicitamos a administración que non leve a aprobación este cadro de persoal ate que sexa negociado cos representantes sindicais
Asdo/ Xunta de Persoal Asdo/ Comité de Empresa
20/11/14
Domingo, 23 de novembro, manifestacións contra a 'lei mordaza'
Após as concentracións da pasada semana, a Alianza Social Galega convoca novas mobilizacións contra a reforma da lei de seguridade cidadá, a lei mordaza coa que o PP pretende silenciar a cidadanía e a protesta social.
Por esta razón, o próximo domingo, día 23 de novembro, haberá manifestacións en toda Galicia.
Tes máis información na seguinte ligazón (http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/Informacion:Campanas:734680--Manifestacions_da_ASOGA_contra_a_Lei_de_seguridade_cidada,_a_lei_mordaza).
Fai oír a túa voz. Participa!
18/11/14
OPE ESPECIALIDADE AXENTES FACENDA PÚBLICA - MINISTERIO FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Mobilizacións contra a Lei de Seguridade Cidadá
Recollida sinaturas en apoio dos compañeiros e compañeiras de Lantero
Únete á loita dos traballadores e traballadoras de LANTERO
Apoia esta loita e asina esta petición.

Folga en Lantero
Porque está en xogo o futuro dos traballadores e traballadoras de Lantero de toda Galicia. Apoiándose na última reforma laboral, pretenden despedir a 12 persoas e precarizar as condicións laborais de outras 22 con horarios e traballo abusivos e recortes salariais, quedando o resto (100 persoas) con una rebaixa salarial do 30%, todo isto con una situación de carga de traballo en aumento, con 20 ETTs contratados por exceso de produción; queren aproveitar a crise para aumentar aínda máis os seus beneficios, a costa do traballador. O noso lema é "Ou todos ou ningún"
Curso en relaciones laborales
CCOO y la UNED imparten un nuevo curso de formación en Relaciones Laborales
NOVAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
VI Curso superior de formación do técnico da Administración local (http://egap.xunta.es/fichanova/id/1955)
Curso práctico sobre eficiencia enerxética en infraestruturas municipais (http://egap.xunta.es/fichanova/id/1953)
Curso de formación sobre a función consultiva: O Consello Consultivo de Galicia
(http://egap.xunta.es/fichanova/id/1957)
