2/12/15

Orzamentos 2016

Na Mesa Xeral de Negocación celebrada hoxe, a Administración informou
dos orzamentos en materia de persoal para o ano 2016. Entre os temas
tratados, destacamos os seguintes:

- Incremento global do 1% das retribucións do persoal con respecto as do
2015.
- Incremento do 1% do valor do punto no complemento específico: 61,35€
- Incremento do 1% no importe destinado para a Acción Social : 20.200€
- Incremento do 1% no plan de pensións, sendo a nova aportación por
traballador de 193,21
- Inclúese a dotación orzamentaria necesaria para o pago do 50% restante
da paga extra pendente do 2012

A Administración comprometeuse a desenvolver un Plan de Emprego, en
colaboración cos representantes dos traballadoras/es, a levar a cabo na
presente lexislatura, que inclúa cuestóns como a regularización de
emprego, promocións internas (horizontal e vertical), e outras que
signifiquen unha mellora nas condicións laborais das empregadas e
empregados do concello.

Seguiremos informando.

A Sección Sindical de Comisións Obreiras.

12/11/15

Calendario laboral 2016

 


FESTIVIDADE

DATA

Ano Novo

1 de xaneiro          (venres)

Día de Reis

6 de xaneiro          (mércores)

Xoves Santo

24 de marzo           (xoves)

Venres Santo

25 de marzo           (venres)

Festa do Traballo

1 de maio                (domingo)

Día das Letras Galegas

17 de maio              (martes)

San Xoán

24 de xuño              (venres)

Día Nacional de Galicia

25 de xullo               (luns)

A Asunción da Virxe

15 de agosto             (luns)

Festa Nacional de España

12 de outubro          (mércores)

Todos os Santos

1 de novembro        (martes)

Día da Constitución Española

6 de decembro         (martes)

A Inmaculada Concepción

8 de decembro         (xoves)

Natividade do Señor

25 de decembro       (domingo)

 

Festa de carácter nacional non substituible.

Festivos obrigatorios que caen en domingo.

Festa de carácter nacional sobre a que a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución.

Festa propia da Comunidade Autónoma.

 

*Faltan os 2 festivos locais que fixa cada concello.

*O 1 de maio e o 25 de decembro , por ser domingo, substituense polo 17 de maio e o    24 de xuño.

29/10/15

Aplicación do Decreto lei 10/2015 e abono do segundo cuarto da paga extra

Comunicannos dende o departamento de persoal as seguintes resolucións:

           
Comunicámoslle que a concelleira de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación dictou, entre outras, as seguintes resolucións:

Data                      Extracto

22.10.2015            Abonar ás empregadas e empregados municipais, mediante a súa inclusión en nómina (outubro de 2015), unha retribución de carácter extraordinario con importe equivalente a 48 días da paga extraordinaria así como da paga adicional de complemento específico correspondentes ao mes de decembro de 2012, ou da parte proporcional dos días que correspondan en caso de que non se tivera devengado a totalidade das mencionadas paga extraordinaria e paga adicional.

23.10.2015            Primeiro: Determinar que de acordo co establecido co artigo 2 do Real Decreto-lei 10/2015, os empregados públicos do Concello de Culleredo terán, no caso de ter completado os anos de antigüidade na Administración que se indican, dereito aos seguintes días de vacacións anuais:

                              - Quince anos de servizo: Vinte e tres días hábiles.

                              - Vinte anos de servizo: Vinte e catro días hábiles.

                              - Vinte e cinco anos de servizo: Vinte e cinco días hábiles.

                              - Tinta o máis anos de servizo: Vinte e seis días hábiles.

                              Este dereito farase efectivo a partir do día seguinte ao do cumprimento dos correspondentes anos de servizo.

                              Segundo: Determinar que de acordo co establecido co artigo 2 do Real Decreto-lei 10/2015, os empregados públicos do Concello de Culleredo terán dereito, entre outros, aos seguinte permisos:

                              - Por asuntos particulares, seis días ao ano.

                              - Ademais, os empregados públicos terán dereito a dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto trienio, e un día adicional máis por cada trienio cumprido a partir do octavo trienio.

                              Terceiro: Establecer que, de forma excepcional, o desfrute dos días correspondes ao ano 2015, de vacacións e permisos introducidos polo artigo 2 do Real Decreto-lei 10/2015 (días adicionais de vacacións por ter completado anos de antigüidade; sexto día do permiso de asuntos particulares; e días adicionais do permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto, octavo e posteriores trienios), poida ser desfrutado ata o 31 de agosto de 2016.

Culleredo, 29 de outubro de 2015

Servizo de Persoal e Organización



16/9/15

Acordos consello de ministros, paga extra e días de permiso


O Consello de Ministros do pasado venres aprobou o Real Decreto 10/2015 que publicado no Boe do 15 de septembro

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-9801


O resumo das decisións que nos afectan aos empregados públicos son as seguintes:

                                                         Admón. Estado                                      Resto Administraciones/Sector Público

2º cuarto extra 2012, 26,23%      Pagarase este año                                Cando así se decida

6º día por asuntos particulares    Disfrutarase ate o  31/01/16             Disfrutarase ate o 31/01/16

Días a maiores por antiguidade    2 ao cumplir o 6º e 7º                         Daranse se así se decide
                                                          trienio, e 1 a partir do 8º

Días a maiores por vacacións       4 máximo, 1 aos 15 anos,                   Daranse se así se decide.
                                                          2 al 20, 3 al 25 y 4 al 30.


Dende CCOO non nos parece esta a forma de devolver parte dos dereitos que nos quitaron, xa que no seu día fixose con caracter xeral nun so decreto para todas as administracións, da mesma maneira este decreto debería devolver esta parte de dereitos a todos os empregados públicos por igual.

O Concello de Culleredo mostrase favorable a dar os mesmos beneficios aos traballadores do Concello que os que poderán disfrutar os traballadores da Administración Xeral do Estado. Están a concretar como se poderán disfrutar os días pendentes sen colapsar os servizos, así como a forma de realizar o pago do 2º cuarto da extra do 2012.  Dende CCOO lembramos que xa noutras situacións similares deixouse de plazo ate o 31 de marzo do seguinte ano para disfrutar os dias a maiores. Estaremos pendentes e informaremos de calqueira novidade.

Podedes consultar outras novas relacionadas co tema:

http://fsc.ccoo.es/webfsc/Actualidad:Federal:Actualidad:911158--El_Gobierno_incumple_sus_compromisos_con_las_empleadas_y_empleados_publicos

http://fsc.ccoo.es/webfsc/Actualidad:Federal:Actualidad:911261--CCOO_y_UGT_exigen_a_Montoro_que_cumpla_con_el_compromiso_de_revitalizar_la_negociacion_colectiva_de_las_y_los_empleados_publicos

http://www.fsc.ccoo.es/webfsc/Inicio:911663--El_relevo_en_Funcion_Publica_no_puede_ser_una_excusa_para_dilatar_las_negociaciones_comprometidas

A Sección sindical de CCOO do Concello de Culleredo.








4/8/15

Resumo dos resultados das eleccións sindicais

Nas eleccións sindicais para a Xunta de Persoal do pasado día 27 de xullo, obtiveronse os seguintes resultados:

UGT: 4 representantes (46 votos)
CIG: 3 representantes (29 votos)
CCOO: 2 representantes (24 votos)

Votos en blanco: 4
Votos nulos: 2

Dende CCOO queremos felicitar a todos os sindicatos polos seus resultados. Esperamos que o incremento de forzas sindicais sexa beneficioso a hora de negociar coa administración. Son momentos importantes nos que teremos que recuperar todos os dereitos e poder adquisitivo perdidos.

Nesta liña queremos recordar que a nosa actitude sindical segue a ser a mesma, colaboraremos coma sempre en todas as propostas que busquen o beneficio de todos os traballadores, a mellora das condicións laborais e salariais, tanto como sección sindical coma a través dos representantes obtidos nos diferentes organos de representación:

Comité de Empresa: Mª José de Santiago Pérez, Nieves Martínez Uzal.

Xunta de Persoal: Fernando Vazquez Gil, Carmen Mª Fernández Ríos.

E non deixedes de colaborar ou de enviar suxestións ao noso correo electrónico:


19/7/15

Escrito presentado por CCOO en relación a situación ocorrida no conservatorio

A sección Sindical de CC.OO presentou un escrito a administración manifestando a sua contrariedade ante a gravidade do ocurrido cos horarios dos compañeir@s do Conservatorio contratad@s a xornada parcial, solicitando que se clarexen as razóns polas que estes "excesos horarios" foron a práctica habitual no Conservatorio Municipal de Música, e se depuren/analicen responsabilidades para evitar que situacións similares volvan a producirse.

17/7/15

Eleccións sindicais Xunta de Persoal


CATRO ANOS NADANDO CONTRACORRENTE

Estes últimos catro anos non foron doados, a crise e os recortes viñeron a quitarnos moitos dereitos. A labor sindical foi dura para conseguir que rematasen os procesos e negociar un convenio o cal, aínda que non o firmamos, conseguimos deixar nel algunhas das nosas propostas.

  • Pago de complementos nas baixas, ampliando o máximo legal posible a cobertura nesta situación.
  • Permisos e vacacións segundo o establecido para a administración autonómica Galega, máis favorable en moitos casos que a Estatal.
  • Pago da parte proporcional da paga extra correspondente a parte devengada antes do decreto que a suprimía. Seguirase loitando para que se pague o resto da paga ate o 100%

De novo pedimos o voso apoio para seguir loitando. Para CC.OO é fundamental o respecto e a mellora das condicións de traballo, para o que se fai necesaria unha revisión e “actualización” das normativas que as regulan e promover a súa “recuperación”: niveis salariais, días de asuntos propios, días adicionais por antigüidade, horario de verán, convocatorias anuais de Ofertas de Emprego Público


Polo tanto o noso traballo vai estar orientado a conseguir os seguintes obxectivos:

  • Promoción da igualdade de trato e de oportunidades.
  • Plan de formación permanente baseado nunha análise de necesidades reais.
  • Regularización de niveis.
  • Bolsa anual de horas para a flexibilidade horaria, o que podería permitir entre outras cousas mellorar a conciliación ou a realización dun horario de verán, tal como se propuxo dende CCOO na negociación do actual convenio e un dos motivos polos que non se chegou a firmar.
  • Revisión do procedemento e regulamento da Acción social.


A nosa liña de actuación e coñecida: SERIEDADE e COHERENCIA nas formulacións, FIRMEZA na defensa dos dereitos e intereses das traballadoras e traballadores e CAPACIDADE DE XESTIÓN tanto dos procesos negociadores como dos acordos alcanzados.


Sabemos que son moitas as cousas que nos quedan por facer, pero que co voso apoio podemos desenvolvelas con plenas garantías. Continuar co noso labor e afrontar os RETOS DE FUTURO só é posible grazas ao voso respaldo, somos un sindicato con espírito asembleario no que todo o mundo pode aportar e opinar, por iso pedimos a vosa participación nos procesos electorais e o voso voto a candidatura de CC.OO.

Recordamosvos a nosa candidatura en estas eleccións sindicais para a Xunta de Persoal:

  1. Fernando Vazquez Gil
  2. Carmen Mª Fernández Ríos
  3. Fernando Lema Grela (Oscar)
  4. Gloria Mateos Aguirre
  5. Alfredo Iglesias Varela
  6. Milagros Rilo Cañas
  7. Elena Blanco Varela
  8. Sandra García Uzal
  9. Mª Jesús Rodríguez García
  10. Mª Dolores Parada Yáñez

Lembrade que para exercer o voso voto e os horarios son os seguintes:


27 DE XULLO DE 2015 de 8 a 17

SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO



ESTÁ NAS TÚAS MANS

Descarga o noso programa: Programa CCOO Funcionarios 2015

13/7/15

Presentación de Listas, calendario electoral e voto por correo

Unha vez rematado o plazo de presentación de listas electorais, facemos pública a nosa candidatura de CCOO:

  1. Fernando Vazquez Gil
  2. Carmen Mª Fernández Ríos 
  3. Fernando Lema Grela (Oscar)
  4. Gloria Mateos Aguirre
  5. Alfredo Iglesias Varela
  6. Mila Rilo Cañas
  7. Elena Blanco Varela
  8. Sandra García Uzal
  9. Mª Jesús Rodriguez García
  10. Mª Dolores Parada Yañez

Lembramos que a campaña electoral durará entre os días 17 e 23 de xullo, sendo o 24 de xullo xornada de reflexión, na cal non se deberá facer ningún tipo de campaña. Esperamos sexa respetada nesta ocasión por todos os sindicatos.

A votación realizarase no Salón de Plenos Municipal, entre as 8:00h e as 17:00h

Se alguen non pode asistir ese día a votar, pode facer uso do seu dereito de voto por correo. Para elo deberá presentar un escrito ate o día 17 de xullo, por rexistro, dirixido á mesa electoral comunicando a súa intención de realizar o voto por correo. Desta forma seralle entregada toda a documentación coas papeletas das candidaturas a entre os días 16 e 17 de xullo.

O elector introducirá a papeleta que elixa no sobre que se lle entregue, que cerrara, e a sua vez, xuntamente coa fotocopia do documento nacional de identidade, noutro de maiores dimensións que remitirá a mesa electoral por correo certificado.

O prazo de envio dos votos por correo remata cinco días antes do día da votación.

Se por algún motivo cambiases de parecer, poderas presentarte ante a mesa electoral o día da votación e manifestar o teu desexo de facer o voto presencial, co cal se invalida o voto realizado previamente por correo.

A Sección sindical de CCOO do Concello de Culleredo.

CCOO en relación coa situación dos compañeiros do Conservatorio Municipal.

A sección Sindical de CC.OO quere:

  • Felicitar aos compañeiros e compañeiras do Conservatorio non contratados a Xornada Completa pola regularización da súas condicións de traballo.
  • Lamentar que os excesos de horario foran a práctica habitual e que os responsables do centro non puxeran remedio a tan inxusta situación.
  • Lembrar que este sindicato, na Mesa Xeral de Negociación, manifestou, en reiteradas ocasións o risco de que ocurrirá esta desigualdade nos tempos efectivos de traballo remunerado entre os profesores do Conservatorio.


A Sección Sindical de CCOO do Concello de Culleredo

9/7/15

Resultados das eleccións sindicais para o Comité de Empresa do Concello de Culleredo

Nas eleccións sindicais celebradas hoxe día 9 de xullo para o Comité de Empresa obtiveronse os seguintes resultados:

COLEXIO DE ESPECIALISTAS:

Votos única candidatura CCOO: 8 votos

COLEXIO DE TÉCNICOS:

Votos candidatura CIGA: 22
Votos candidatura CCOO: 13
Votos candidatura UGT: 8
Votos en Blanco: 1
Votos Nulos: 1

Polo tanto o Comité de Empresa queda repartido da seguinte forma:

CIGA: 2 membros
CCOO: 2 membros
UGT: 1 membro


Moitas grazas polo apoio recibido a todos, e noraboa a todas as formacións polo seus resultados.



A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO




6/7/15

Eleccións sindicais para o Comité de Empresa 2015

Estes últimos catro anos non foron doados, a crise e os recortes viñeron a quitarnos moitos dereitos. A labor sindical foi dura para conseguir que rematasen os procesos de regularización laboral abertos e negociar un convenio o cal, aínda que non o firmamos, conseguimos deixar nel algunhas das nosas propostas.

  • Pago de complementos nas baixas, ampliando o máximo legal posible a cobertura nesta situación. 
  • Permisos e vacacións segundo o establecido para a administración autonómica Galega, máis favorable en moitos casos que a Estatal. 
  • Pago da parte proporcional da paga extra correspondente a parte devengada antes do decreto que a suprimía. Seguirase loitando para que se pague o resto da paga ate o 100%

De novo pedimos o voso apoio para seguir loitando. Para CC.OO é fundamental o respecto e a mellora das condicións de traballo, para o que se fai necesaria unha revisión e "actualización" das normativas que as regulan e promover a súa "recuperación": niveis salariais, días de asuntos propios, días adicionais por antigüidade, horario de verán, convocatorias anuais de Ofertas de Emprego Público.

Polo tanto o noso traballo vai estar orientado a conseguir os seguintes obxectivos:
  • Funcionarización e estabilización do persoal laboral.
  • Promoción da igualdade de trato e de oportunidades.
  • Plan de formación permanente baseado nunha análise de necesidades reais.
  • Minimizar as xornadas especiais e partidas. Revisar a valoración para que estes casos se vexan compensados economicamente.
  • Regularización de niveis.
  • Bolsa anual de horas para a flexibilidade horaria, o que podería permitir entre outras cousas mellorar a conciliación ou a realización dun horario de verán, tal como se propuxo dende CCOO na negociación do actual convenio e un dos motivos polos que non se chegou a firmar.

A nosa liña de actuación e coñecida: SERIEDADE e COHERENCIA nas formulacións, FIRMEZA na defensa dos dereitos e intereses das traballadoras e traballadores e CAPACIDADE DE XESTIÓN tanto dos procesos negociadores como dos acordos alcanzados.

Sabemos que son moitas as cousas que nos quedan por facer, pero que co voso apoio podemos desenvolvelas con plenas garantías. Continuar co noso labor e afrontar os RETOS DE FUTURO só é posible grazas ao voso respaldo, por iso pedimos a vosa participación nos procesos electorais e o voso voto a candidatura de CC.OO, que é a seguinte:
COLEXIO DE TECNICOS E ADMINISTRATIVOS
  1. María José de Santiago Pérez
  2. María del Pilar Vilar Martínez
  3. Mª Jesús Zas Suárez
  4. Mª Teresa Etchevers Lemus
  5. Amaya Freire Zabalza
  6. Fátima Uzal Trigo
  7. Mª Jesús Castiñeiras Rodriguez

COLEXIO DE ESPECIALISTAS E NON CUALIFICADOS
  1. Nieves Martínez Uzal
  2. Mercedes Abel Rodriguez





ELECCIÓNS AO COMITÉ DE EMPRESA
9 DE XULLO DE 2015 de 10 a 13
CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA (Andrés Pan Vieiro nº 30)





ESTÁ NAS TÚAS MANS






Descarga o noso programa: Programa 2015 CCOO

9/6/15

Inspección de Traballo no Conservatorio

A sección Sindical de CC.OO quere manifestar a súa sorpresa ante o sucedido cos compañeiros e compañeiras profesores do conservatorio contratados a tempo parcial, en relación coa denuncia a inspección de traballo con respecto o exceso horario realizado. Sorpresa porque entendemos que a nosa administración está dotada de estruturas de organización e control para que non ocurran estas "irregularidades" (Equipo Directivo do Conservatorio, Xefe de Servizo, Servizo de Persoal…). Tamén sorpresa porque na reunión informativa na que se nos convocou no mes de Abril por parte do Sr Alcalde, se nos transmitiu a necesidade de ampliar a xornada dos mesmos coa finalidade de ampliar o número de alumn@s para a matricula do próximo curso, en ningún caso o motivo era o exceso horario realizado, e ampliación a cal non nos negamos, sempre que se convocara unha MXN (pendente dende fai máis de dous anos) para realizar tódolos cambios necesarios e pendentes na RPT. Ante esta petición o Sr Alcalde díxonos que de momento non se faría. Pero por enriba de todo tamén sorpresa porque durante a negociación do actual convenio dende Comisións Obreiras insistiuse en que o horario especial para os docentes do conservatorio perxudicaba aos de xornada parcial, como desgraciadamente finalmente estase a demostrar.

19/1/15

Plan intersectorial 2015


Informámoste de que estamos a poñer en marcha o plan formativo dirixido prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas do S.N. de CC.OO de Galicia para o ano 2015, financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

 

Este plan formativo vai destinado a:

·        Persoas traballadoras asalariadas de empresas privadas ou entidades públicas.

·        Persoas traballadoras fixas descontinuas

·        Persoas acollidas a regulación de emprego nos seus períodos de suspensión por expediente autorizado.

·        Persoas traballadoras desempregadas cun límite máximo do 40%

 

Se precisas información sobre as accións formativas podes dirixirte a calquera dos centros de Forem Galicia, ás Unións Comarcais do sindicato ou consultar a páxina web www.foremgalicia.es  onde ademais poderás inscribirte nos cursos.

 

Agardamos que esta información sexa de utilidade e invitámosche a que a difundas.

 


 

 

 

 

 

 





Acciones formativas INAP




Acciones formativas INAP, primer semestre 2015

Resolución de 9 de enero de 2015, del Instituto Nacional de Administración Pública, por la que se convocan acciones formativas de carácter general para el primer semestre de 2015, publicada boe 13/01/2015

Acciones formativas INAP

Acciones formativas INAP

El INAP elabora un plan de formación de carácter general, en el que se integran todas aquellas actividades formativas diseñadas para desarrollar las múltiples competencias vinculadas con la gestión pública, excluyendo aquellas que se consideran específicas de puestos directivos, que son objeto de otro plan independiente.

Teniendo en cuenta las necesidades formativas detectadas en los empleados públicos para el adecuado ejercicio de sus funciones, esta Dirección adopta la siguiente resolución:

-- Se convocan actividades formativas en materia de formación general, clasificadas según la modalidad y las áreas descritas en el anexo, que se desarrollarán durante el primer semestre de 2015.

--Podrán participar en los cursos relacionados en el anexo los empleados públicos pertenecientes a cuerpos y escalas de los subgrupos A1, A2, C1, C2 y E, y el personal laboral fijo equivalente, que presten sus servicios en las Administraciones públicas.

--Solicitudes: Quien desee participar en los cursos convocados deberá cumplimentar la correspondiente solicitud electrónica. El acceso a dicha solicitud se podrá realizar desde el catálogo de formación http://buscadorcursos.inap.es/formacion-general donde se podrán localizar los cursos que se encuentran en período de inscripción. También podrá acceder entrando en Aprendizaje/Formación general.

Para realizar la inscripción será preciso contar con la autorización previa del superior jerárquico. A efectos de formalizar dicha autorización, el sistema de inscripción le permitirá imprimir la solicitud que, una vez firmada, deberá conservar en soporte papel y podrá ser requerida por el INAP en cualquier momento.

Cada alumno podrá presentar hasta un máximo de seis solicitudes en esta convocatoria.

El plazo de presentación de solicitudes será de quince días naturales contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta resolución en el «Boletín Oficial del Estado

 

http://www.fsc.ccoo.es/comunes/recursos/99922/1972722-Acciones_formativas_INAP_primer_semestre_2015.pdf