9/6/15

Inspección de Traballo no Conservatorio

A sección Sindical de CC.OO quere manifestar a súa sorpresa ante o sucedido cos compañeiros e compañeiras profesores do conservatorio contratados a tempo parcial, en relación coa denuncia a inspección de traballo con respecto o exceso horario realizado. Sorpresa porque entendemos que a nosa administración está dotada de estruturas de organización e control para que non ocurran estas "irregularidades" (Equipo Directivo do Conservatorio, Xefe de Servizo, Servizo de Persoal…). Tamén sorpresa porque na reunión informativa na que se nos convocou no mes de Abril por parte do Sr Alcalde, se nos transmitiu a necesidade de ampliar a xornada dos mesmos coa finalidade de ampliar o número de alumn@s para a matricula do próximo curso, en ningún caso o motivo era o exceso horario realizado, e ampliación a cal non nos negamos, sempre que se convocara unha MXN (pendente dende fai máis de dous anos) para realizar tódolos cambios necesarios e pendentes na RPT. Ante esta petición o Sr Alcalde díxonos que de momento non se faría. Pero por enriba de todo tamén sorpresa porque durante a negociación do actual convenio dende Comisións Obreiras insistiuse en que o horario especial para os docentes do conservatorio perxudicaba aos de xornada parcial, como desgraciadamente finalmente estase a demostrar.

No hay comentarios.: