Estes últimos catro anos non foron doados, a crise e os recortes viñeron a quitarnos moitos dereitos. A labor sindical foi dura para conseguir que rematasen os procesos de regularización laboral abertos e negociar un convenio o cal, aínda que non o firmamos, conseguimos deixar nel algunhas das nosas propostas.
- Pago de complementos nas baixas, ampliando o máximo legal posible a cobertura nesta situación.
- Permisos e vacacións segundo o establecido para a administración autonómica Galega, máis favorable en moitos casos que a Estatal.
- Pago da parte proporcional da paga extra correspondente a parte devengada antes do decreto que a suprimía. Seguirase loitando para que se pague o resto da paga ate o 100%
De novo pedimos o voso apoio para seguir loitando. Para CC.OO é fundamental o respecto e a mellora das condicións de traballo, para o que se fai necesaria unha revisión e "actualización" das normativas que as regulan e promover a súa "recuperación": niveis salariais, días de asuntos propios, días adicionais por antigüidade, horario de verán, convocatorias anuais de Ofertas de Emprego Público.
Polo tanto o noso traballo vai estar orientado a conseguir os seguintes obxectivos:
- Funcionarización e estabilización do persoal laboral.
- Promoción da igualdade de trato e de oportunidades.
- Plan de formación permanente baseado nunha análise de necesidades reais.
- Minimizar as xornadas especiais e partidas. Revisar a valoración para que estes casos se vexan compensados economicamente.
- Regularización de niveis.
- Bolsa anual de horas para a flexibilidade horaria, o que podería permitir entre outras cousas mellorar a conciliación ou a realización dun horario de verán, tal como se propuxo dende CCOO na negociación do actual convenio e un dos motivos polos que non se chegou a firmar.
A nosa liña de actuación e coñecida: SERIEDADE e COHERENCIA nas formulacións, FIRMEZA na defensa dos dereitos e intereses das traballadoras e traballadores e CAPACIDADE DE XESTIÓN tanto dos procesos negociadores como dos acordos alcanzados.
Sabemos que son moitas as cousas que nos quedan por facer, pero que co voso apoio podemos desenvolvelas con plenas garantías. Continuar co noso labor e afrontar os RETOS DE FUTURO só é posible grazas ao voso respaldo, por iso pedimos a vosa participación nos procesos electorais e o voso voto a candidatura de CC.OO, que é a seguinte:
- María José de Santiago Pérez
- María del Pilar Vilar Martínez
- Mª Jesús Zas Suárez
- Mª Teresa Etchevers Lemus
- Amaya Freire Zabalza
- Fátima Uzal Trigo
- Mª Jesús Castiñeiras Rodriguez
- Nieves Martínez Uzal
- Mercedes Abel Rodriguez
ELECCIÓNS AO COMITÉ DE EMPRESA
9 DE XULLO DE 2015 de 10 a 13
CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA (Andrés Pan Vieiro nº 30)
ESTÁ NAS TÚAS MANS
Descarga o noso programa: Programa 2015 CCOO
No hay comentarios.:
Publicar un comentario