17/7/15

Eleccións sindicais Xunta de Persoal


CATRO ANOS NADANDO CONTRACORRENTE

Estes últimos catro anos non foron doados, a crise e os recortes viñeron a quitarnos moitos dereitos. A labor sindical foi dura para conseguir que rematasen os procesos e negociar un convenio o cal, aínda que non o firmamos, conseguimos deixar nel algunhas das nosas propostas.

  • Pago de complementos nas baixas, ampliando o máximo legal posible a cobertura nesta situación.
  • Permisos e vacacións segundo o establecido para a administración autonómica Galega, máis favorable en moitos casos que a Estatal.
  • Pago da parte proporcional da paga extra correspondente a parte devengada antes do decreto que a suprimía. Seguirase loitando para que se pague o resto da paga ate o 100%

De novo pedimos o voso apoio para seguir loitando. Para CC.OO é fundamental o respecto e a mellora das condicións de traballo, para o que se fai necesaria unha revisión e “actualización” das normativas que as regulan e promover a súa “recuperación”: niveis salariais, días de asuntos propios, días adicionais por antigüidade, horario de verán, convocatorias anuais de Ofertas de Emprego Público


Polo tanto o noso traballo vai estar orientado a conseguir os seguintes obxectivos:

  • Promoción da igualdade de trato e de oportunidades.
  • Plan de formación permanente baseado nunha análise de necesidades reais.
  • Regularización de niveis.
  • Bolsa anual de horas para a flexibilidade horaria, o que podería permitir entre outras cousas mellorar a conciliación ou a realización dun horario de verán, tal como se propuxo dende CCOO na negociación do actual convenio e un dos motivos polos que non se chegou a firmar.
  • Revisión do procedemento e regulamento da Acción social.


A nosa liña de actuación e coñecida: SERIEDADE e COHERENCIA nas formulacións, FIRMEZA na defensa dos dereitos e intereses das traballadoras e traballadores e CAPACIDADE DE XESTIÓN tanto dos procesos negociadores como dos acordos alcanzados.


Sabemos que son moitas as cousas que nos quedan por facer, pero que co voso apoio podemos desenvolvelas con plenas garantías. Continuar co noso labor e afrontar os RETOS DE FUTURO só é posible grazas ao voso respaldo, somos un sindicato con espírito asembleario no que todo o mundo pode aportar e opinar, por iso pedimos a vosa participación nos procesos electorais e o voso voto a candidatura de CC.OO.

Recordamosvos a nosa candidatura en estas eleccións sindicais para a Xunta de Persoal:

  1. Fernando Vazquez Gil
  2. Carmen Mª Fernández Ríos
  3. Fernando Lema Grela (Oscar)
  4. Gloria Mateos Aguirre
  5. Alfredo Iglesias Varela
  6. Milagros Rilo Cañas
  7. Elena Blanco Varela
  8. Sandra García Uzal
  9. Mª Jesús Rodríguez García
  10. Mª Dolores Parada Yáñez

Lembrade que para exercer o voso voto e os horarios son os seguintes:


27 DE XULLO DE 2015 de 8 a 17

SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO



ESTÁ NAS TÚAS MANS

Descarga o noso programa: Programa CCOO Funcionarios 2015

No hay comentarios.: