13/7/15

Presentación de Listas, calendario electoral e voto por correo

Unha vez rematado o plazo de presentación de listas electorais, facemos pública a nosa candidatura de CCOO:

  1. Fernando Vazquez Gil
  2. Carmen Mª Fernández Ríos 
  3. Fernando Lema Grela (Oscar)
  4. Gloria Mateos Aguirre
  5. Alfredo Iglesias Varela
  6. Mila Rilo Cañas
  7. Elena Blanco Varela
  8. Sandra García Uzal
  9. Mª Jesús Rodriguez García
  10. Mª Dolores Parada Yañez

Lembramos que a campaña electoral durará entre os días 17 e 23 de xullo, sendo o 24 de xullo xornada de reflexión, na cal non se deberá facer ningún tipo de campaña. Esperamos sexa respetada nesta ocasión por todos os sindicatos.

A votación realizarase no Salón de Plenos Municipal, entre as 8:00h e as 17:00h

Se alguen non pode asistir ese día a votar, pode facer uso do seu dereito de voto por correo. Para elo deberá presentar un escrito ate o día 17 de xullo, por rexistro, dirixido á mesa electoral comunicando a súa intención de realizar o voto por correo. Desta forma seralle entregada toda a documentación coas papeletas das candidaturas a entre os días 16 e 17 de xullo.

O elector introducirá a papeleta que elixa no sobre que se lle entregue, que cerrara, e a sua vez, xuntamente coa fotocopia do documento nacional de identidade, noutro de maiores dimensións que remitirá a mesa electoral por correo certificado.

O prazo de envio dos votos por correo remata cinco días antes do día da votación.

Se por algún motivo cambiases de parecer, poderas presentarte ante a mesa electoral o día da votación e manifestar o teu desexo de facer o voto presencial, co cal se invalida o voto realizado previamente por correo.

A Sección sindical de CCOO do Concello de Culleredo.

No hay comentarios.: