Nas eleccións sindicais para a Xunta de Persoal do pasado día 27 de xullo, obtiveronse os seguintes resultados:
UGT: 4 representantes (46 votos)
CIG: 3 representantes (29 votos)
CCOO: 2 representantes (24 votos)
Votos en blanco: 4
Votos nulos: 2
Dende CCOO queremos felicitar a todos os sindicatos polos seus resultados. Esperamos que o incremento de forzas sindicais sexa beneficioso a hora de negociar coa administración. Son momentos importantes nos que teremos que recuperar todos os dereitos e poder adquisitivo perdidos.
Nesta liña queremos recordar que a nosa actitude sindical segue a ser a mesma, colaboraremos coma sempre en todas as propostas que busquen o beneficio de todos os traballadores, a mellora das condicións laborais e salariais, tanto como sección sindical coma a través dos representantes obtidos nos diferentes organos de representación:
Comité de Empresa: Mª José de Santiago Pérez, Nieves Martínez Uzal.
Xunta de Persoal: Fernando Vazquez Gil, Carmen Mª Fernández Ríos.
E non deixedes de colaborar ou de enviar suxestións ao noso correo electrónico: