Na Mesa Xeral de Negocación celebrada hoxe, a Administración informou
dos orzamentos en materia de persoal para o ano 2016. Entre os temas
tratados, destacamos os seguintes:
- Incremento global do 1% das retribucións do persoal con respecto as do
2015.
- Incremento do 1% do valor do punto no complemento específico: 61,35€
- Incremento do 1% no importe destinado para a Acción Social : 20.200€
- Incremento do 1% no plan de pensións, sendo a nova aportación por
traballador de 193,21
- Inclúese a dotación orzamentaria necesaria para o pago do 50% restante
da paga extra pendente do 2012
A Administración comprometeuse a desenvolver un Plan de Emprego, en
colaboración cos representantes dos traballadoras/es, a levar a cabo na
presente lexislatura, que inclúa cuestóns como a regularización de
emprego, promocións internas (horizontal e vertical), e outras que
signifiquen unha mellora nas condicións laborais das empregadas e
empregados do concello.
Seguiremos informando.
A Sección Sindical de Comisións Obreiras.