8/11/11

Quendas de nadal

As quendas de permisos correspondentes ao período de Nadal e Reis, previstos no Acordo negociado de funcionarios (artigo 17) e Convenio colectivo do persoal laboral (artigo 21) quedaron establecidas da seguinte forma:

  • Primeira quenda: 26 dec / 27 dec / 28 dec

  • Segunda quenda: 2 xan / 3 xan / 4 xan

Os distintos servizos deberán comunicar antes do martes 30 de novembro, a proposta de quendas do seu persoal, coa sinatura do xefe/a de servizo e do responsable político.

Culleredo, 04 de outubro de 2011

O xefe de servizo de persoal e organización

 




Estudo necesidades formación Plan agrupado 2012 promovido pola Deputación

Dende a Deputación de A Coruña recolleran solicitudes ate o dia 22 de novembro en relación a cursos de formación que consideredes do voso interese. Dado que o Concello de Culleredo está acollido agora mesmo a este plan, e interesante que poidades facer as vosas propostas. Adxuntamos integramente a mensaxe enviada dende o departamento de formación da mesma:
Poño no seu coñecemento que estamos a realizar un estudo das necesidades de formación para decidir os cursos que imos incluír no Plan de formación agrupado 2012 que promove a Deputación da Coruña, dirixido ao persoal da deputación e demais entidades locais da provincia, polo que solicitamos a súa colaboración.

 

Calquera persoa pode solicitar a realización de cursos o vindeiro ano, para iso, só ten que cubrir a ficha individual de necesidades de formación (debe encher unha folla por curso) que pode descargar picando na seguinte ligazón DESCARGAR e entregala ao seu xefe/a de servizo ou persoa responsable do departamento, que se encargará de achegar todas as solicitudes á Sección de Formación.

 

A maioría dos cursos que realizaremos no vindeiro ano virán deste estudo, polo que a súa participación é moi importante.

 

O prazo para entregar as solicitudes remata o 22 de novembro.
 
 
DEPUTACIÓN DA CORUÑA - SECCIÓN DE FORMACIÓN
Alférez Provisional, 2
15006 A Coruña
Tel.- 981 080 385
 


1/11/11

Firma por la enseñanza pública


 
ESTA PETICIÓN PUEDE SER FIRMADA POR PADRES, MADRES, ALUMNADO, PROFESORADO Y CUALQUIER PERSONA QUE CREA QUE HAY QUE POTENCIAR UNA ENSEÑANZA PÚBLICA DE CALIDAD.
 
 
Colabora con la campaña en defensa de la Enseñanza Pública difundiendo este Manifiesto: ¡¡PÁSALO!!