25/10/07

Proceso de valoración e reunión da mesa de seguimento do 24/10/2007

Ante todo, esta sección sindical quere pedir calma aos traballadores ante o proceso tan importante que se está a levar a cabo, o cal acaba de empezar e aínda hai moito por andar. O importante e que os resultados, sexan millores ou peores, en xeral beneficiaran a gran maioría dos traballadores.

Digo a gran maioría porque ao fin todos saberemos as reglas do xogo, saberemos en base a qué se valorarán os postos, e ninguen dependera de factores ocultos, que todos sabemos existían ate o de agora, e que dependían máis de quen realmente ocupaba o posto de traballo. O romper este proceso soamente beneficiara a unha minoría, acostumada a depender destas reglas.

E como tal proceso hai que ir paso a paso ate o final, para conseguir unha verdadeira RPT, consensuada por todos, que inclúa a consolidación de emprego dos laborais temporais, e onde todos os postos esten valorados de forma máis xusta da que viñan sendo valorados ate o de agora.

O sistema a conseguir non será perfecto, pero sempre mellorará o actualmente establecido.

Queriamos aclarar este punto porque dende a reunión da semana pasada o proceso de crispación dalgun persoal deste concello foi en aumento. Este feito estivo relacionado, principalmente, pola difusión indebida da documentación entregada aos sindicatos na reunión da semana pasada. Esta documentación, repito, non é a real. Tratase dun material de traballo para elaborar uns factores de valoración xustos para todos, pero esta terase que revalorar unha vez estes factores cambien.

Unha vez se remate con esta parte do traballo, abrirase un prazo de publicación da valoración, para que cada traballador de forma individual ou os propios sindicatos de novo poidan presentar alegacións.

Parece que agora todos os traballadores queren formar parte da negociación, queren estar ali para dar a sua opinion, queren axudar neste traballo. A maior axuda que podemos prestar todos é a de non boicotear o proceso, dado que esto soamente beneficiaría a minoria de sempre.

E por suposto, queremos aclarar que todos partimos da premisa de que non se lle pode baixar o soldo a ninguén.

Na reunión de seguimiento coa empresa EOSA que se levou a cabo onte, o Alcalde se presentou persoalmente para aclarar estas ou outras dúbidas relacionadas co proceso de valoración. Ante todo expresou que entre os obxetivos da administración estaban, entre outros:
  • A organización dos recursos humanos seguindo obxectivos de eficacia e eficiencia
  • A mellora da distribución dos recursos humanos actuais
  • A formación contínua
  • A consolidación do persoal laboral temporal
  • A movilidade

Durante a mesma reunión a empresa EOSA foi aclarando dubidas relacionadas cos factores, revisando as nosas alegacións e respostando a elas. Este proceso continuará o proximo venres, 26 de octubre, e probablemente sexan necesarias máis reunións ate rematar.

Neste proceso se conseguiu que teñan en conta algunha das nosas propostas, co cal incide na valoración final, e polo momento resultou beneficioso para todos os postos.

En breve adxuntaremos nesta páxina toda a documentación que sexa necesaria para manter informado a todo o persoal.

16/10/07

Reunión da Mesa Xeral do día 16/10/07

A administración convocou esta reunión para explicar aos sindicatos como tiña sido o proceso de valoración dos postos de traballo. Para elo estaba presente a empresa EOSA, que realizou o traballo de valoración.

A empresa entregou unha documentación coa finalidade de que servira de material de traballo. O contido da mesma consistía na explicación do metodo de valoración, baseado na puntuación por factores, e repartindo estes valores en tramos ponderados.

Xunto co manual de valoración nos adxuntaron un exemplo de valoración, que dista moito de ser a valoración definitiva. Nela se podía ver un resultado provisional utilizando os mencionados factores, pero o cambio de calquera deles variará esta valoración.

Unha vez explicados os factores, a administración nos volveu a convocar para o día 24 de octubre ás 12:30, coa intención de que analizaramos a documentación e fixeramos as alegacións oportunas.

Tendo en conta que se nos pediu confidencialidade coa documentación mencionada para evitar confusións e malos entendidos entre os traballadores, os sindicatos acordamos non difundir a mesma.

Esto non quere dicir que non se poidan difundir os factores de valoración e a ponderación utilizada. En breve contamos con ter dispoñible esta información neste mesmo blog, pero para máis información podedes falar con calquera dos nosos representantes sindicais.

19/9/07

Publicación da RPT no BOP

A RPT aprobada unilateralmente pola administración e levada a pleno o día 28 de agosto, foi publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia. Esta pode ser consultada no seguinte enlace: http://www.dicoruna.es/bop/2007/09/19/07-10380-x.htm

31/8/07

Reunión da Xunta de Persoal do 31/08/2007

Levouse a cabo unha Xunta de Persoal coa seguinte orde do día:

1- Aprobación da acta anterior
2- Proposta e nomeamento dos representantes que formarán parte da Comisión de acción social.
3- Rogos e preguntas

Nesta reunión nomearonse aos seguintes membros da comisión de acción social:

  • Por UXT:
    • Titulares: Carlos Docampo Rodríguez, María Isaura Sánchez García
    • Suplentes: María Dolores Abad Pardo, Jose Luis Vizcaíno Martinez
  • Por CIGA:
    • Titular: Dolores Quintela Rua
    • Suplente: Fernando Pan Otero
  • Por CCOO:
    • Titular: Carmen María Fernández Ríos
    • Suplente: Sandra García Uzal
Fora da orde do día realizouse a proposta por parte desta sección sindical para realizar un escrito conxunto de xunta de persoal para informar os empregados do concello sobre o sucedido coa negociación e aprobación da RPT. Esta proposta foi admitida por todos e se acordou levalo a cabo.

28/8/07

Aprobación da RPT no pleno municipal do 28/08/2007

A corporación municipal cos votos de PSOE e BNG aprobou definitivamente a RPT a pesar da negativa de todos os sindicatos e do informe en contra do propio Secretario municipal.

Os sindicatos asistimos ao mesmo para mostrar o noso desacordo coa aprobación.

16/8/07

Reunión da Mesa Xeral de Negociación o 16/08/2007

Durante esta reunión da mesa xeral, esta sección sindical mostrou o seu desacordo na composición da mesma, entendendo que o artigo 36.1 do Estatuto Básico do Empregado Público ao que se estaba a referir UXT soamente fala da Mesa Xeral das Administracións Públicas, non da Mesa Xeral dunha administración local, e en calquera caso este non pode decir nada contrario ao dito na lei sindical. A Administración a pesar de todo decidiu aprobar a composición da Mesa según a proposta de UXT.

A continuación se nos entregou unha terceira versión da RPT para seguir coa sua negociación, a pesar de ter presentado por escrito a nosa negativa de darlle validez ao non recoller exclusivamente os cambios do pacto político, senon que nela se creaban prazas sen ter en conta a consolidación dos laborales temporais, e se abrían certos postos para que se poidesen acceder a eles por concurso dende categorías inferiores, pero cortando así a promoción vertical para certos grupos.

A pesar da nosa negativa e a dos outros sindicatos a negociar e aprobar a mencionada RPT, a administración a aprobou unilateralmente.

10/8/07

Reunión da Mesa Xeral de Negociación do 08/08/2007

Con esta data se convoca aos sindicatos máis representantivos para a constitución da mesa xeral de negociación, a cal pasa a estar formada por os seguintes membros:

Pola Administración:
  • D.Julio Sacristán de Diego, Alcalde-Presidente
  • Dna Alicia Ferreiro Varela, Concelleira delegada de Réxime Interior, Seguridade Cidadá, Protección Civil e Organización
  • D. Isidro Taibo Gago, Concelleiro de Promoción Económica

Polos Sindicatos:

En Representación de UXT:

Titulares:
  • Dna María Dolores Abad Pardo
  • Don. Jose Luis Vizcaíno Martinez
  • D. Carlos Docampo Rodríguez
  • Dna Belia Cellón López
  • D. Antonio Justo Domínguez
Suplentes:
  • Dna María Lourdes de la Iglesia Bolaño
  • Dna María Isaura Sánchez García
  • Don Manuel Vicente González González
  • Don Antonio Quiroga Iglesias
  • Dna M. García Sánchez

En representación de CC.OO:

Titulares:
  • Dna Carmen María Fernández Ríos
Suplentes:
  • Dna Sandra García Uzal

En representación de CIG:

Titulares:
  • D. Fernando Pan Otero
Suplentes:
  • D. Roberto Tizón Miguéns

Esta representatividade ven dunha interpretación moi particular dun Estatuto Básico do Empregado Público mal redactado. Unha interpretación que se salta a Lei Sindical e coa que esta sección sindical está en desacordo, presentando alegacións por escrito a esta decisión.

Finalmente se nos convoca de palabra para outra mesa de negociación o día 16 de agosto ás 12h




6/8/07

Alegacións proceso selectivo

Con data 6 de xullo foi presentado o seguinte escrito:

"Con data 17 de xullo de 2007 nos foi facilitada unha copia das bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, dun posto de auxiliar administrativo, como funcionario interino, en sustitución da funcionaria Sonia Rodriguez Dasilva.

Que con data 2 de agosto de 2007 foi publicado no taboleiro de anuncios o listado definitivo de admitidos da mesma convocatoria.

Que con data 3 de agosto de 2007 notificase por escrito á secretaria da comisión de validación da súa condición, se lle facilitan as bases da convocatoria e se lle solicita a realización da convocatoria dos membros da comisión de valoración.

Polo tanto solicitase a aclaración de quén realizou a baremación das mencionadas solicitudes para saber se reunían ou non os requisitos incluidos nas bases da convocatoria

Rogaríamos hasta que este punto este aclarado non se continuase co proceso en cuestión. "

31/7/07

Cambios na RPT e reunión coa Mesa de Negociación

O seguinte escrito foi presentado por escrito o día 31 de xullo, e dirixido ao Alcalde e a Concelleira de Persoal:

Con data 26 de xullo convócasenos, a unha Mesa de negociación do Acordo Negociado Regulador das condicións de traballo do persoal de funcionario deste Concello, para o día 27 de xullo ás 13:00 horas, onde se tratarán a modificación de postos de traballo do persoal funcionario e o regulamento do complemento de productividad para o persoal da policia local.

Ás formas da antedita convocatoria manifestamos a máis absoluta consideración de irregularidade, xa que non se convocou a todos os órganos que corresponden, nin se cumpliron os prazos establecidos.

Ao contido desa reunión expresamos o máis firme rexeitamento tendo en conta que:

  • Facílitasenos unha nova relación de postos de traballo de persoal laboral e funcionario e un regulamento para a asignación do complemento de productividade para o persoal da policia local. Recibido isto convocasenos novamente para o luns 30 ás 12:00 hs. Nunha primeira lectura feita polo sindicato CC OO en canto á iregularidade do seu contido e vista a premura da convocatoria (o venres ás 14:00 h. se nos facilita a documentación e o luns ás 12:00 se nos convoca á Mesa negociadora) a Administración Municipal engade que o martes 31 de xullo terá lugar o Pleno no que pretenden aprobar todas as modificacións propostas. Estes feitos non amosan o “talante negociador” do que presume constantemente esta administración.
  • O luns día 30 de xullo ás 12:00 hs. reunímonos novamente todas as partes convocadas, dita reunión non se leva a cabo xa que está sin constituir a nova Mesa de negociación, polo que non ten sentido seguir a falar, xa que non tería validez nada do alí exposto. Levantase a reunión sin poder abordar ningún dos puntos da mesma.

Xa que non tivemos posibilidade de manifestar nin aclarar os aspectos que nos parecen relevantes e os que non temos claros cos documentos facilitados pola administración presentamos por escrito as presentes alegacións:

  1. Deixar claro que durante todo este tempo a administración manifestou que a “urxencia” de convocar ós sindicatos e sentarnos a “falar” acerca das modificacións da RPT era para axilizar á maior brevidade posible os movimentos físicos do persoal afectado pola nova composición política da corporación municipal e a distribución das áreas. Desde un primeiro momento desde esta sección sindical, manifestouse o acordo a falar dos anteditos postos pero sempre despóis de analizar a documentación facilitada pola administración.
  2. Non nos aclaran os movementos de persoal afectado “polo pacto político”.
  3. Si estes movementos se fan efectivos, non poden desaparecer os postos vacantes nas áreas de orixe (pedagogo de Servizos sociais).
  4. Sorpréndenos que se creen unha serie de novos postos de traballo, para nada relacionados cos mencionados movementos, e que a estas alturas da negociación e á espera da “tan cacarexada” valoración de postos de traballo, creemos que non teñen lugar as anteditas propostas.
  5. Neste senso, esta sección sindical entende que de ser así ,os postos valeiros deberíanse de cubrir segundo o acordado nos diferentes foros de negociación administración-sindicatos, primeiro por concurso e despóis por promoción interna antes de saír a oferta pública.
  6. Ademáis, parécenos inapropiado a creación de novos postos, cando temos pendente o proceso de consolidación de emprego que vense dilatando no tempo.
  7. Na proposta de OPE de 2007 quedou acordado facer concurso para os niveis inferiores ó nivel 28, para os superiores a este nivel podería ser de Libre designación, na liña da nova lei de función pública galega.
  8. Ante postos que desenvolven similares funcións, e responsabilidades e tarefas, resulta coherente percibir similares retribucións mentras non exista unha valoración obxectiva dos postos de traballo. O contrario, é dicir a proposta da corporación, é inxustificable.
  9. Ó longo de todo este proceso de negociación paralizaronse aspectos e propostas que ós sindicatos nos parecían relevantes ó amparo dos previsibles resultados da valoración de postos e sin embargo agora creanse novos postos sin ningunha valoración obxetiva.
  10. Na área de alcaldía desaparece a figura do xefe de gabinete que pasa directamente a “Director de área” esto é unha “Promoción de vértigo”, gustaríanos saber a forma de promoción deste posto e o porqué da subida a “ralentí” para outros xefes de servicio doutras áreas, xa que non promocionan á misma velocidade nin do mesmo xeito (automáticamente) a Directores das súas propias áreas.
  11. Productividad policial. ¿Qué producen? Xa que da proposta desesprendese que: A xustificación que se fai no escrito, considérase como productividade o feito que de por sí mesmo é punitivo: Non ser absentista. Polo que todos acabamos preguntandonos si ¿hai que ser absentistas para incrementar as nosas retribucións?.

17/7/07

Constitución da nova Xunta de Persoal

O día 17 de xullo, ás 10:00h, foi convocada unha reunión cos novos representantes sindicais electos e delegados sindicais co obxecto de constituir a nova Xunta de Persoal.

A reunión asistiron:

Por UXT: María Dolores Abad Pardo, José Luís Vizcaíno Martínez, Lourdes de la Iglesia Bolaño, Carlos Docampo Rodríguez, Mª. Isaura Sánchez García e Manuel V. González González.

Pola CIG: Fernando Pan Otero.

Por CCOO: Sandra García Uzal, en calidade de delegada sindical.

Ausentes: Dolores Quintela Rúa e Carmen María Fernández Ríos (por vacacións).

A Xunta de Persoal aprobou a acta da anterior reunión, e se procedeu ao cesamento do anterior presidente, Edmundo Varela Lema.

A continuación, quedou constituída a nova Xunta de Persoal cos votos a favor dos membros da UGT e os seguintes compoñentes:

Presidenta: María Dolores Abad Pardo.
Vicepresidente: José Luís Vizcaíno Martínez.
Secretaria: Lourdes de la Iglesia Bolaño.
Vicesecretario: Carlos Docampo Rodríguez.

Procedeuse, deseguido, ao estudo das propostas de Regulamento e Funcionamento da Xunta de Persoal que presentaron a CIG e UXT, quedando pendentes de aprobación na próxima Xunta de Persoal.

No apartado de rogos e preguntas, a Xunta de Persoal acordou requirir ao equipo de Goberno as seguintes cuestións:

  • Fixar datas para a Mesa de Negociación do Convenio cos novos compoñentes.
  • Poñer a disposición dos sindicatos a valoración de postos de traballo e a RPT.

4/7/07

Reunión informativa sobre o Pacto de Goberno PSOE-BNG

O actual goberno do Concello de Culleredo convocou aos representantes sindicais recentemente electos para realizar unha reunión informativa o día 3 de xullo a cerca do Pacto de Goberno que ia a ser levado a Pleno aquel mesmo día, e aclarar así calquera dúbida ao respecto.

A mencionada reunión acudiron en representación da Corporación o Alcalde Don Julio Sacristán de Diego e a primeira Tenente Alcalde, Dona Raquel Jabares Fernández.

Na mesma reunión manifestaron a súa intención de dialogar cos sindicatos, ademáis de explicar que a restructuración das áreas producto do pacto político non influirá nas funcións de cada un dos traballadores, e que se analizarán os casos puntuais coa mesa de negociación.

Dende a representación de Comisións Obreiras, tanto por parte de laborais coma de funcionarios, se lles agradeceu en primeiro lugar a convocatoria da reunión e a súa intención de dialogo, ainda que se lles recordou que non tódolos cambios de postos de traballo producto do pacto implicaban manter as mesmas funcións, e se lles manifestou o malestar dos traballadores afectados o verense reflexados nun pacto político con nomes e apelidos.

O Alcalde xustificou este feito á intención de transparencia por parte da corporación, publicando o pacto completo e non facendo "pactos ocultos".

A pesar de elo lle recordamos que en lugar de reflexar no documento os nomes e apelidos deberian ter aparecido as denominacións dos postos de traballo.

A reunión terminou coa intención de convocar o antes posible á mesa de negociación para comezar a tratar os casos puntuais, así como continuar coa negociación do convenio.

3/7/07

Comuniciación de cargos electos

Con data 2 de xullo presentouse un escrito dirixido o Alcalde e a Concelleira de Persoal, onde se comunicaba o seguinte:

"Como resultado das recentes eleccións sindicais no concello de culleredo e a raíz dos resultados obtidos, os novos reprentantes e delegados sindiciais son os que a continuación se nomean:

“Mª del Carmen Fernández Ríos e Mª del Pilar Vilar Martínez como representantes sindicais e Sandra García Uzal e Mª Jose de Santiago Pérez como delegados da Sección sindical”.

Aproveitando que nos poñemos en contacto con vostede e de cara a dar a coñecer esta sección sindical, os seus obxectivos e línea de traballo nestes próximos 4 anos. SOLICITAMOS:

1 – Unha entrevista con vostede á que asistirán os representantes e delegados sindicais.
2 – A posibilidade de utilización do despacho do Centro Ocupacional “A Escada” situado nas antiguas oficiñas da Cross no Burgo , o teléfono e equipamento do mesmo, como sede da sección sindical.
3 - A disponibilidade das horas sindicais recoñecidas por lei a cada un dos representantes e delegados sindicais, do seguinte xeito:
  • Os primeiros mércores de mes ( 6 horas e media)
  • O resto das horas se lle comunicará con anterioridad o seu disfrute.
4 – Constituir a Xunta de persoal e o Cómite de empresa na maior brevidade posible."

21/6/07

Confederación sindical de Comisións Obreiras

Eleccións sindicais 2007

Os resultados das eleccións sindicais do día 20 de Xuño de 2007 foron os seguintes:

Votos emitidos – 101

Votos en branco - 3

UGT – 60 votos – 6 representantes.

CIG – 25 votos – 2 representantes.

CCOO – 13 votos – 1 representante.

Agradecemos a vosa participación e felicitamos ás demais candidaturas polos seus resultados.

www.ccoo-culleredo.blogspot.com

13/6/07

Programa electoral da candidatura para a Xunta de Persoal

En CC.OO. levamos duas lexislaturas cunha representación minoritaria dentro da Xunta de Persoal, o que constitúe unha desventaxa para levar a cabo todas as nosas propostas. A experiencia acadada nos últimos anos, dinos que é imprescindible a pluralidade sindical nas mesas de negociación. Que é bo non monopolizar nunha soa sección sindical as decisións que nos atañen a todos e todas, con independencia da nosa afiliación e ideoloxía. A continuación vos presentamos os obxectivos polos que presentamos a nosa candidatura. Agardamos contar co teu voto para conseguilos nestes próximos catro anos.

1- Transparencia na valoración de postos de traballo, na que se recollan as funcións de cada un e que se reflictan na RPT
2- Que se axilicen os procesos de promoción interna, tanto vertical coma horizontal
3- Que se consignen nos orzamentos Fondos Adicionais para milloras salariais
4- Que se poña en práctica un plan de prevención de riscos laborais e se acaden unhas condicións de traballo dignas para todos
5- Que se apliquen os avances nas condicións de traballo recollidas no Estatuto Básico do Empregado Público
6- Que se cubran as baixas de máis de 15 días e vacacións, evitando sobrecargas excesivas e prolongadas de traballo o resto do persoal
7- Que se promova e facilite a formación, cara a promoción profesional
8- Que se negocien os horarios de todos os Servizos Especiais
9- Que se promovan concursos de traslado e se realicen adscripcións por motivos de saúde
10- Propoñer un aumento no orzamento das Axudas de Acción Social e a creación dun único fondo para todo o persoal deste concello
11- Que se valore o ser empregado do concello para o acceso a Escola Infantil

Programa electoral da candidatura ó Comité de Empresa

Hai catro anos dirixíamonos a vós presentando unha candidatura con espíritu renovador, chea de novas propostas, de reivindicacións, de compromisos por defender os intereses das traballadoras e traballadores do concello de Culleredo. A pesar da nosa representación minoritaria, logramos que no recente Convenio Colectivo se establecera una nova estructura salarial que supón un significativo incremento retributivo, e conseguimos que o Fondo de Acción Social teña carácter universal para todo o persoal laboral. Os obxectivos polos que nos presentamos son os que citamos máis abaixo. Agardamos contar co teu voto para que poidamos conseguilos nestes próximos catro anos:

1- Que se cumpra o compromiso do proceso de consolidación de emprego dun xeito inmediato e coa forma que máis favoreza aos traballadores e traballadoras.
2- Que se configure unha Relación de Postos de Traballo (RPT) na que se recollan todos os postos existentes temporais, indefinidos e fixos.
3- Transparencia na valoración de postos de traballo na que se recollan as funcións de cada un e que se reflictan na RPT.
4- Que se apliquen os avances nas condicións de traballo recollidas no Estatuto Básico do Empregado Público.
5- Que se consignen nos orzamentos Fondos Adicionais para acadar a equiparación salarial real co persoal funcionario. A IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO.
6- Que se recoñeza a antigüedade na prestación dos servizos nesta Administración ou en calquera outra a efecto do cobro de trienios para todo o persoal laboral (temporal, indefinido e fixo).
7- Propoñer un aumento no orzamento das Axudas de Acción Social e a creación dun único fondo para todo o persoal deste concello.
8- Que se valore o ser persoal do concello para o acceso á Escola Infantil Municipal.

A experiencia acadada nos últimos anos, dinos que é imprescindible a pluralidade sindical nas mesas de negociación. Qué é bo non monopolizar nunha soa sección sindical as decisións que nos atañen a todos e todas, con independencia da nosa afiliación e ideoloxía.

Presentación da candidatura de Comisións Obreiras

CANDIDATURA DE CC.OO. Á XUNTA DE PERSOAL

1- Carmen Mº Fernández Ríos
2- Sandra García Uzal
3- Elena Blanco Varela
4- Gloria Mateos Aguirre
5- Mª Jesús Rodríguez García
6- Fernando R. Lema Grela
7- Milagros Rilo Cañas
8- Mª Dolores Farto Loureiro
9- Mª Luisa Rodríguez Don
10- Ángela Varela Suárez


CANDIDATURA DE CC.OO. Ó COMITÉ DE EMPRESA

Colexio Técnic@s

1- Mª Pilar Vilar Martínez
2- Mª José de Santiago Pérez
3- Delfina Núñez Rodríguez
4- Bibiana Monteseirín Suárez
5- Eva Mª Suárez Gil


Colexio Especialistas

1- Nieves Martínez Uzal
2- Mercedes Abel Rodríguez